29/9/17

Entrevista a Alfonso 2ª Xornada T. 17/18

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 2ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 2ª XORNADA

26/9/17

Primeira vitoria da tempada

O Vilalba F.S. gañou por 3 a 2 ao Superti A Pontenova, na segunda xornada da Terceira División.
A primeira metade foi moi igualada, e só verían porta os vilalbeses por medio de Paulo, cun disparo dende lonxe.
Á volta dos vestiarios, Freire de falta faría o 2 a 0.
Faltando cinco minutos A Pontenova apostou polo xogo de cinco para catro e nunha falta de entendemento, Asier lograba o terceiro gol. 
Os locais puieron sentenciar, pero nos minutos finais os visitantes marcarían dous goles, recurtando distancias no marcador. 
Xa co tempo cumprido Rubén Mouriz puido marcar dende o dobre penalti, máis Xoel detería o seu disparo.
Primeira vitoria para o Vilalba, que na vindeira xornada viaxa a Compostela para enfrontarse ao filial do Santiago Futsal.
 
Vilalba F.S. 3: Yago, Jose López, Rubén Mouriz, Asier e Fran Pastor, -cinco inicial-, Nuno, Paulo, Martín, Roi, Freire e Areñas.
Superti A Pontenova 2: Alexandre, Legaspi, Paulo, Fariñas e Catalin, -cinco inicial-, Piñeiro, Miguilla, Cascudo, Miguel, Diego e Xoel
Árbitros: Borja Moreira Bermúdez, David Pérez Torrecilla e José Ángel Fernández Vázquez.
Amoestaron con amarela a Jose López, Roi e Asier no Vilalba. Polo Superti viron cartón Paulo, Iago, Catalin e Miguilla.
Goles: 1-0 min. 8 Paulo, 2-0 min. 20 Freire, 3-0 min. 35 Asier, 3-1 min. 38 Catalin, 3-2 min. 38 Miguel.

22/9/17

Entrevista a Alfonso 1ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 1ª Xornada da Tempada 17/18.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 1ª XORNADA