25/8/17

O Vilalba F.S. pasa a oitavos

O Vilalba F.S. clasificouse para os oitavos da Copa Galicia, ao gañar por 3 a 1 ao Superti A Pontenova.
Foi un partido moi igualado, que se decantou do lado local por pequenos detalles.
Comezou o encontro con gol para os vilalbeses no primeiro minuto. Nunha xogada de estratexia, Fran Pastor adiantaba aos locais.
Na primeira metade ningún dos equipos estarían atinados de cara a portería, e chegaríase ao descanso cun só gol.
Á volta dos vestiarios, os visitantes igualarían o marcador, cun gol de falta de Catalin.
As ocasións chegaban para ambos equipos, mais os porteiros farían ben o seu traballo.
No ecuador da segunda metade, os de Alfonso marcarían nunha contra por medio de Paulo.
Tres minutos máis tarde, Asier aproveitaría unha indecisión de Alex, para facer o 3-1.
A Pontenova sacaría o cinco para catro, mais o electrónico non se movería.
Os vilalbes pasan á seguinte ronda, na cal se enfrontarán ao Noia da Segunda División. O encontro ten que desputarse entre o 1 e o 13 de setembro.


Vilalba F.S.: Yago, Jose López, Rubén Mouriz, Roi e Fran Pastor, -cinco inicial-, Paulo, Nuno, Asier e Martín.
A Pontenova 1: César, Miguilla, Paulo, Iago e Diego, -cinco inicial-, Alex, Manuel, Catalin e Miguel.
Árbitros: Eduardo Corral Martínez, Pablo José Fernández Becerra e Alba Barro Paz.
Amoestaron con amarela a Fran Pastor, Rubén Mouriz e Paulo no Vilalba. Tamén viu cartón vermello o adestrador Luis Vázquez. Pola A  Pontenova viron cartón Diego, Paulo, Catalin, Iago e Miguel.
Goles: 1-0 min. 1 Fran Pastor, 1-1min. 24 Catalin, 2-1 min. 33 Paulo, 3-1 min. 36