10/4/17

Este equipo nunca se rende

O Vilalba F.S. empatou a dous goles co Santiago Futsal B, e conseguíu a permanencia matemática.
Despois dunha segunda volta marcada polas seis baixas, que tivo o primeiro equipo, os de Alfonso sufriron máis do agardado para seguir outro ano na Terceira División.
O do sábado foi un partido moi igualado, e a pesar de comezar perdendo na primeira xogada, os vilalbeses non se renderon. Nunha moi boa xogada persoal de Freire, Luis soamente tería que apuxar o coiro para facer o empate antes do descanso.
Á volta dos vestiarios os de Santiago adiantaríanse de novo. Os locais sacarían a garra e o incombustible Luis, faría o empate definitivo faltando catro minutos para o final.
Os visitantes sacaría o porteiro-xogador, mais o marcador non se movería.
Gran partido de todo o equipo, que co empuxe da grada conseguíu o obxetivo.

Vilalba F.S. 2: Iago, Jose López, Roi, Paulo e Alvarito, -cinco inicial-, Luis, Nuno, Juanjo, Freire e Diego.
Santiago Futsal B 2: Felipe, Gonzalo, Iago, Pablo e Brian, -cinco inicial-, Rafael, Xabier, Igor, Miguel e Fernández.
Árbitros: Borja Moreira Bermúdez, Manuel Dans Rey e José Ángel Fernández Vázquez.
Amoestaron con amarela a Roi e Luis no Vilalba. Polo Santiago viron cartón Pablo, Miguel, Gonzalo e Xabier. Yago foi expulsado con cartón vermello.
Goles: 0-1 min. 0 Iago, 1-1min. 19 Luis, 1-2 min. 24 Fernández, 2-2 min. 36 Luis.

No hay comentarios: