24/4/17

Billete para a fase final da copa

O Vilalba F.S. pasou á fase final da copa de Melide, despois de gañar aos penatis ao Ribeira. O partido rematou con empate a dous goles, que puideron ser máis, pero o acerto dos porteiros de ambos equipos foi moi alto.
Comezaron os vilalbes o encontro con dúas boas ocasións de Freire e Jose López. Pero os locais na primeira que tiveron non perdoaron.
Os de Alfonso tiñan a posesión, o Ribeira agardaba e saía con moito perigo, e noutra contra faría o 2-0.
Os visitantes lonxe de virse abaixo, recurtarían nunha boa combinación entre Jose e Alvarito, que remataría Roi no segundo pau.
Antes do descanso, nunha xogada de estratexia nun saque de esquina, Jose López faría o empate.
Na segunda metade os chairegos sairían a polo partido, tendo ocasións claras pero non puideron materializalas.
Os minutos pasaban e o encontro foise igualando. Un lanzamento ao pau para cada equipo, e ocasións varias.
A máis clara para Freire faltando 10 segundos, que paraba David.
E na lotaría dos penaltis, o premio foi para Vilalba. Comezaba marcando Quintela. Marcaba Jose López. Paraba Iago. Marcaba Luis. Marcaban os locais. E o derradeiro marcaríao Freire.
Bo partido de ambos equipos, con moitas ocasións.
O sábado 28 as 20:00, o Vilalba F.S. xogará a semifinal contra o 5 Coruña. E de gañar disputaría a final as 12:00, contra Ourense ou Pazos.
O clube organiza viaxe para @s seareir@s que queiran animar ao equipo.

Ribeira 2: Juan, César, Pablo, Marcos e Quintela, -cinco inicial-, Francisco, Regueiro, Luis e David.
Vilalba F.S. 2: Iago, Jose López, Paulo, Alvarito, e Freire , -cinco inicial-, Roi, Luis, Nuno e Diego.
Árbitros: Javier Menéndez Nistal, Pablo Coello Martínez e María Isabel Pérez Pedre.
Amoestaron con amarela a Francisco no Ribeira. Polo Vilalba viu cartón Jose López.
Goles: 1-0 min. 2 Pablo, 2-0 min. 9 Regueiro, 2-1 min. 11 Rou, 2-2 min. 17 Jose López.

No hay comentarios: