6/3/17

O Vilalba volve a gañar

O Vilalba F.S. gañou 4-5 ao Bueu, e conseguíu a primeira vitoria na segunda volta, que tanto se resistía. Tres puntos moi importantes que poñen a permanencia máis preto.
O partido comezaba ben para os de Alfonso. Nun saque de banda a Freire, este dispara e no segundo pau, Paulo estrearía o marcador.
A partir de ahí os locais aumentarían a presión e terían ocasións, que desbarataría Iago.
Os vilalbeses non daban entrado no encontro e apenas inquedarían ao porteiro local.
Lucas faría o empate para o Bueu que estaba merecendo máis.
Na segunda metade os visitantes sairían máis centrados.
Roi faría un dobrete nun minuto en dúas xogadas persoais e poñía as cousas con mellor cara para o Vilalba.
Mediada a segunda metade os locais recurtarían distancias.
Nunha boa xogada entre Iago, Nuno e Freire, este último faría o cuarto.
Martín un minuto máis tarde marcaría o 3-4.
Despois chegaría a expulsión de Alvarito por dobre cartón. O Bueu con superioridade sacaría porteiro-xogador. Os vilalbeses cunha boa defensa e con Iago seguro debaixo dos paus, detían as intencións dos locais que non foron quen de aproveitar a superioridade. E sería Iago o que faría o quinto dende a súa área para redondear unha boa actuación.
Faltando 12 segundos, co cinco para catro os bueueses farían o definitivo 4-5.
Vitoria moi importante do Vilalba, que a seguinte xornada recibe a un rival directo, o 5 Coruña. Partido vital para ambos, na busqueda da salvación.

A.D.F.S. Bueu 4: Pablo, Lucas, Sergio, Antonio e Adrián, -cinconicial-, Martín, Rodrigo, Calvo e Alexis.
Vilalba F.S. 5: Iago, Jose López, Paulo, Alvarito e Freire, -cinco inicial-, Roi, Nuno, Juanjo e Diego.
Árbitros: Daniel Dacal Deza, Carlos Martínez Torres e Alan Sardinero González.
Amoestaron con amarela a Adrián, Alexis e Pablo do Bueu. No Vilalba viron cartón Nuno, Luis e Jose López. Expulsaron por dobre amarela a Alvarito.
Goles: 0-1 min. 0 Paulo, 1-1 min. 13 Lucas, 1-2 min. 24 Roi, 1-3 min. 25 Roi, 2-3 min. 28 Jose López p.p., 2-4 min. 35 Freire, 3-4 min. 37 Martín, 3-5 min. 38 Iago, 4-5 min. 39 Martín.

No hay comentarios: