30/3/17

Entrevista a Alfonso 23ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 23ª Xornada.
Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es
ENTREVISTA A ALFONSO 23ª XORNADA

24/3/17

Entrevista a Alfonso 22ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 22ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 22ª XORNADA

20/3/17

Só faltou marcar as ocasións

O Vilalba F.S. perdeu 3-1 contra A Pontenova.
O descenso segue a 8 puntos ao descansar esta xornada o Carballiño, pero as vitorias do Bembrive e do Casás, fan que se aprete máis a clasificación.
A primeira parte foi de dominio vilalbés con ocasións claras de gol, unhas erradas polos de Alfonso e outras desbaratadas por César.
Os locais apenas creaban perigo con saques longos a porta de Iago.
Ao descanso chegaríase con empate a cero.
Na segunda metade igualouse o encontro sobre todo despois do gol de Nuno, que adiantaba ao Vilalba.
A partir de ahí os pontenoveses apretarían máis e os visitantes cometerían erros. Froito dun deles chegaría o empate.
Cos vilalbeses cargados de faltas, os árbitros pitarían unha sexta moi dubidosa. Paulo dende os 10 metros daríalle á volta ao partido.
Alfonso sacaría o cinco para catro, tendo un par de ocasións para empatar, pero sería Miguilla o que faría o terceiro para o seu equipo.
Moi bos os primeiros trinta minutos do Vilalba, pero desperdiciando moitas ocasións.
A vindeira xornada visitará o Municipal o Ribeira.

A Pontenova 3: César, Miguilla, Manuel, Paulo e Iago, -cinco inicial-, Diego, Fidel e Miguel.
Vilalba F.S. 1: Iago, Luis, Jose López, Paulo e Alvarito, -cinco inicial-, Roi, Freire, Nuno e Juanjo.
Árbitros: Juan José García Gómez, Pablo José Fernández Becerra e Alba Barro Paz.
Amoestaron con amarela a Miguilla, Miguel e Paulo no Bueu. No Vilalba viron cartón Alvarito, Freire, Luis e Roi.
Goles: 0-1 min. 26 Nuno, 1-1 min. 33 Iago, 2-1 min. 35 Paulo, 3-1 min. 39 Miguilla.

18/3/17

Entrevista a Alfonso 21ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 21ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 21ª XORNADA

13/3/17

Derrota contra o 5 Coruña

O Vilalba F.S. perdeu 3-5 contra o 5 Coruña, que o adianta na clasificación. Coas derrotas de Casás e Carballiño o descenso segue a 8 puntos.
Os visitantes foron mellores no conxunto do encontro, aproveitando mellor a súas oportunidades e con Lago moi seguro e acertado debaixo dos paus.
Adiantaríanse no marcador os coruñeses cun gol de Óscar. Mediada  a primeira metade, o incombustible Luis faría o empate, co que se chegaría ao descanso.
Na segunda parte Luis marcaría de novo, para poñer aos vilalbeses por diante. Pero o 5 Coruña remontaría con tres goles en cinco minutos.
Con xogo de cinco para catro dos de Alfonso, os visitantes farían o quinto.
Freire faltando poucos segundos marcaría o mellor gol da tarde.
Unha xornada menos para o remate da liga, e aínda que se perdeu, o obxetivo quedou intacto polas derrotas dos de abaixo.
A vindeira xornada o Vilalba viaxa a A Pontenova para enfrontarse ao Superti.


Vilalba F.S. 3: Iago, Jose López, Paulo, Alvarito e Freire, -cinco inicial-, Luis, Nuno, Juanjo, Diego e Antón.
5 Coruña 5: Lago, Daniel, Andrés, Caropi e Óscar, -cinco inicial-, Jesús e Iván.
Árbitros: José Luis Villarino Barja, Marcos Pérez Rodríguez e Xurxo Ameneiro Boquete.
Amoestaron con amarela a Alvarito e Diego no Vilalba. Polo 5 Coruña viu cartón Andrés.
Goles: 0-1 min. 4 Óscar, 1-1min. 11 Luis, 2-1 min. 24 Luis, 2-2 min. 31 Andrés, 2-3 min. 35 Óscar, 2-4 min. 36 Caropi, 2-5 min. 39 Caropi, 3-5 min. 39 Freire.

10/3/17

Partido contra un rival directo

Este sábado día 11 o Vilalba F.S. recibe ao 5 Coruña, as 19:00, no Pavillón Municipal.
Despois da vitoria da xornada pasada, os vilalbeses reciben a un rival directo, e queren acadar os tres puntos diante da súa afección e seguir sumando para conseguir o obxetivo.
Os de Alfonso son novenos na clasificación con 6 vitorias, 4 empates e 9 derrotas, e os visitantes son décimos con 6 vitorias, 2 empates e 10 derrotas, cun partido menos.
Let's go Peugeot!!!

Entrevista a Alfonso 20ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 20ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es
 ENTREVISTA A ALFONSO 20ª XORNADA

6/3/17

O Vilalba volve a gañar

O Vilalba F.S. gañou 4-5 ao Bueu, e conseguíu a primeira vitoria na segunda volta, que tanto se resistía. Tres puntos moi importantes que poñen a permanencia máis preto.
O partido comezaba ben para os de Alfonso. Nun saque de banda a Freire, este dispara e no segundo pau, Paulo estrearía o marcador.
A partir de ahí os locais aumentarían a presión e terían ocasións, que desbarataría Iago.
Os vilalbeses non daban entrado no encontro e apenas inquedarían ao porteiro local.
Lucas faría o empate para o Bueu que estaba merecendo máis.
Na segunda metade os visitantes sairían máis centrados.
Roi faría un dobrete nun minuto en dúas xogadas persoais e poñía as cousas con mellor cara para o Vilalba.
Mediada a segunda metade os locais recurtarían distancias.
Nunha boa xogada entre Iago, Nuno e Freire, este último faría o cuarto.
Martín un minuto máis tarde marcaría o 3-4.
Despois chegaría a expulsión de Alvarito por dobre cartón. O Bueu con superioridade sacaría porteiro-xogador. Os vilalbeses cunha boa defensa e con Iago seguro debaixo dos paus, detían as intencións dos locais que non foron quen de aproveitar a superioridade. E sería Iago o que faría o quinto dende a súa área para redondear unha boa actuación.
Faltando 12 segundos, co cinco para catro os bueueses farían o definitivo 4-5.
Vitoria moi importante do Vilalba, que a seguinte xornada recibe a un rival directo, o 5 Coruña. Partido vital para ambos, na busqueda da salvación.

A.D.F.S. Bueu 4: Pablo, Lucas, Sergio, Antonio e Adrián, -cinconicial-, Martín, Rodrigo, Calvo e Alexis.
Vilalba F.S. 5: Iago, Jose López, Paulo, Alvarito e Freire, -cinco inicial-, Roi, Nuno, Juanjo e Diego.
Árbitros: Daniel Dacal Deza, Carlos Martínez Torres e Alan Sardinero González.
Amoestaron con amarela a Adrián, Alexis e Pablo do Bueu. No Vilalba viron cartón Nuno, Luis e Jose López. Expulsaron por dobre amarela a Alvarito.
Goles: 0-1 min. 0 Paulo, 1-1 min. 13 Lucas, 1-2 min. 24 Roi, 1-3 min. 25 Roi, 2-3 min. 28 Jose López p.p., 2-4 min. 35 Freire, 3-4 min. 37 Martín, 3-5 min. 38 Iago, 4-5 min. 39 Martín.