6/2/17

Partido moi longo para os vilalbeses

O Vilalba F.S. perdeu 1 a 5 contra o Pazos de Borbén, que aproveita o tropezo do Ourense para ampliar a vantaxe dende o liderato.
Fíxoselle o partido moi longo aos vilalbeses, que con poucas rotacións foron aguantado ata que puideron as forzas.
A primeira metade foi igualada con ocasións e bo xogo de ambos.
Luis voltaba a marcar dende a súa volta ás pistas, nun rexeite a tiro de Freire.
O Pazos empataría aos poucos segundos nunha falta directa.
Freire e Álvaro terían sendas ocasións para marcar, pero sería Jonas o que remontaría para os visitantes cun bo gol dende fora.
Faltando 5 minutos o Municipal quedaría sen luz, pero non tardaría en reanudarse o encontro.
Á volta do parón, Luis sufriría unha lesión que non lle permitiría continuar.
Chegaríase ao descanso co marcador de 1-2.
Na segunda metade o Pazos aproveitaría unha perda para encarrilar o encontro.
Coas pernas xa moi cargadas, os vilalbeses ainda terían ocasións para remotar cun pau de Jose López e un despiste de Esteban, que case mete o coiro na súa porta de cabeza.
Pero noutra falta directa o Pazos faría o cuarto.
Con 5 faltas os locais fixeron a sexta, nunha xogada innecesaria e dende os dez metros Jonas faría o quinto.
Partido que se fixo moi longo para os de Alfonso, e outra vez máis 3 goles a balón parado.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Sala Ourense.

Vilalba F.S. 1: Iago, Jose López, Roi, Alvarito, e Nuno, -cinco inicial-, Freire, Luis, Paulo, Antón e Diego.
Pazos de Borbén F.S. 5: Esteban, Jonas, Eloy, Luis e Lito, -cinco inicial-, Jony, José, Marcos e Breixo.
Árbitros: Juan José García Gómez, Eduardo Cordal Martínez e Adrián Figueroa Veiga.
Amoestaron con amarela a Roi e Jose López no Vilalba. Polo Pazos viron cartón José, Luis e Lito.
Goles: 1-0 min. 9 Luis, 1-1 min. 9 José , 1-2 min. 13 Jonas , 1-3 min. 24 Jony, 1-4 min. 30 Jonas, 1-5 min. 32 Jonas.

No hay comentarios: