7/11/16

3 puntos para a moral


Gran vitoria do Vilalba F.S. na visita ao 5 Coruña por 4 a 9.
Os vilalbeses necesitaban un partido coma este para recuperar a moral, e conseguir os 3 puntos despois de 4 derrotas seguidas.
A primeira parte foi de dominio alterno con ocasións para ambos equipos, estando os porteiros moi acertados. Os goles que subirían ao marcador nos primeiros minutos para os visitantes, serían en propia porta en dúas xogadas con pouca fortuna para os coruñeses.
Chegaríase ao descanso con 0-2 a prol do equipo de Álfonso e Luis.
Á volta dos vestiarios o Vilalba tería as ocasións máis claras, e os locais cargaríanse de faltas moi rápido intentando paralos. Mediado o segundo tempo un hat trick de Roi e un dobre penalti transformado por Diego Fente, case sentenciaría o encontro.
Os locais apostarían polo cinco para catro, e aquí veu a tolemia. En catro minutos víronse sete goles. Os vilalbeses un pouco relaxados en defensa pero infalibles no ataque, sumarían tres tantos máis, dous de Álvaro e outro de Diego Fente.
Vitoria moi importante e moi traballada, para adestrar esta semana con outra cara, agardando A Pontenova este sábado no Municipal.

ARB 5 Coruña F.S.: Alfonso, Andrés, Daniel, Caropi e Óscar, -cinco inicial-, David, Jesús, Cristian, Iván, Jorge, Sergio e Lago.
Vilalba F.S. 9: Luis, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Tucho, Freire, Dani Martínez e Paulo.
Árbitros: Diego Mella Brea, Manuel Dans Rey e Iván Enriquez Fontenla.
Amoestaron con amarela a Daniel e Óscar no 5 Coruña. Polo Vilalba viron amarela Dani Martínez, Tucho e Diego Fente.
Goles: 0-1 min. 3 Óscar p.p., 0-2 min. 7 Diego Fente, 0-3 min. 29 Roi, 0-4 min. 33 Roi, 0-5 min. 33 Roi, 0-6 min. 35 Diego Fente, 1-6 min. 36 Caropi, 1-7 min. 36 Álvaro, 2-7 min. 37 Cristian, 3-7 min. 37 Cristian, 3-8 min. 39 Álvaro, 4-8 min. 39 Óscar, 4-9 min.39 Diego Fente.

No hay comentarios: