28/11/16

Merecida vitoria do Vilalba F.S.

O Vilalba F.S. gañou por 3 a 1 ao Carballiño, no derradeiro encontro no Municipal, da primeira volta. O partido puido rematar con goleada para os vilalbeses, pero unha vez máis a falta de acerto de cara a portería, privaría aos de Alfonso dun marcador máis abultado.
A primeira parte foi de dominio local cunha morea de ocasións.
O primeiro gol faríao Diego Fente, elevando o coiro á saida de Jonatan. Os locais estaban enriba dos visitantes unha e outra vez, pero o segundo non chegaba. Sería no minuto 15, cando Tucho nunha xogada de estratexia, ampliaba o marcador.
Un par de minutos máis tarde, os de Carballiño nunha contra marcarían o 2-1.
Parecía que as pantamas voltaban, pero nunha boa xogada de equipo, Jose López facía o 3 a 1 antes do descanso.
Na segunda metade o marcador non se movería, e eso que se puideron ver máis goles.
Os visitantes xogarían con porteiro xogador a partir do minuto 13, sen crear perigo. Tamén sufrirían unha expulsión faltando 3, que os locais non souberon aproveitar.

Vilalba F.S. 3: Iago, Tucho, Alvarito, Freire e Diego Fente, -cinco inicial-, Jose López, Roi, Nuno, Miguilla e Dani Martínez.
Carballiño F.S. 1: Jonatan, Óscar, Aitor, Álvaro e Daniel, -cinco inicial-, Ignacio, Fabio e Alejandro.
Árbitros: Mario Salinas García, Roberto Segundo Amor Vizos e María Begoña López Fernández.
Amoestaron con amarela a Dani Martínez e Roi no Vilalba. Polo Carballiño viron cartón Daniel e Álvaro. Expulsaron a Ignacio por dobre tarxeta.
Goles: 1-0 min. 4 Diego Fente, 2-0 min. 15 Tucho, 2-1 min. 17 Ignacio, 3-1 min. 18 Jose López.

25/11/16

A por todas co apoio da afección

Este sábado día 26 o Vilalba F.S. recibe ao Carballiño as 18:30, no Pavillón Municipal.
Os vilalbeses necesitan puntuar diante dun rival directo na clasificación, e escapar dos postos de perigo.
Os de Alfonso e Luis son décimos na clasificación con 3 vitorias, 1 empate e 6 derrotas, e os visitantes son décimo segundos con 2 vitorias, 2 empates e 5 derrotas, cun partido menos.
Let's go Peugeot!!!

I Gala do Deporte Municipal

O vindeiro 8 de Decembro celebrarase a I Gala do Deporte Municipal.
Como nominados do Vilalba F.S. temos a Luis Vázquez na categoría Traxectoria deportiva, ao patrocinador Valdesuso Peugeot na categoría de Mellor entidade na promoción e fomento do deporte e a Francisco J. González na categoría de Recoñemento a toda unha vida dedicada ao deporte.
Luis Vázquez tamén recollerá unha das mencións especiais.
Moita sorte a todos e noraboa ao Concello de Vilalba pola organización.

Lista de finalistas

- Mellor deportista vilalbés ou vilalbesa: Tania Gayoso e Judith Dobao, do Club Violeta de ximnasia rítmica; Gabriel Tembrás, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; e José Cuba, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Mellor deportista promesa: Beatriz Felpeto, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Roberto Díaz e Carlos Yobani García, ambos do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Mellor equipo: R.C. Vilalbés Xuvenil, TDM Feminino Concello de Vilalba e “Ínsua Bermúdez” Campo a Través.

- Mellor club ou entidade deportiva: Racing Club Vilalbés, Clube Atletismo Vilalba, Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Mellor adestrador ou técnico deportivo: Ana Iglesias, Club Violeta de ximnasia rítmica, Simón Lamas, do Racing Club Vilalbés xuvenil e José Luís Puentes, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Mellor labor no deporte de base: Racing Club Vilalbés, Tdm Vilalba e CB Vilalba Feminino.

- Mellor entidade na promoción e fomento do deporte: Junor SL, por TDM Vilalba; Président-Lactalis, por Racing Club Vilalbés; e Valdesuso- Peugeot, por Vilalba FS.

- Traxectoria deportiva: Uxía Rodríguez, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Luís Vázquez, do Vilalba F.S; e 3 Nicolás Castro, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Recoñemento a toda unha vida dedicada ao deporte: Jesús Roca, Taekwondo Moo Duk Kwan; Francisco J. González, R.C. Vilalbés e Vilalba F.S; José Luís Díaz, monitor de judo do Gimnasio Senra.

- Labor informativa ou comunicativa: Antonio López, RTVG; María Roca, El Progreso; José Luís Ruíz Lombao, Radio Principal Vilalba – Cadena Ser.

- Mellor evento ou actividade deportiva: Festival Terra Chá de ximnasia rítmica; I Carreira Andaina Nocturna e  XXVIII Torneo Villa de Vilalba da Escola Municipal de iudo.

- Mellor deportista ou equipo discapacitado: Antonio López –iudo-, ASFADIVI –varios- e Iván Montero –ciclismo-.

Tamén se entregarán ata unha ducia de mencións especiais. Jorge Tato, a título póstumo, -fútbol-; Roberto Trashorras –fútbol-, Jesús Roca –taekwondo-, Antonio Montes –taekwondo-, Juan Carlos Quintana -taekwondo-, José Luís Díaz –iudo-, Luís Vázquez –fútbol sala-,  Juan Antonio González, a título póstumo, -tenis-; CB Vilalba Feminino –balonceso-, TDM Vilalba Feminino –tenis de mesa-, a Escola de Movemento –danza- e Protección Civil de Vilalba recibirán cadanseu recoñecemento.

Entrevista a Alfonso 10ª Xornada e previa da 11ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 10ª Xornada e a previa da 11ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es
 ENTREVISTA A ALFONSO 10ª XORNADA

22/11/16

A falta de acerto condena aos vilalbeses

Derrota por 3 a 0 contra o Ribeira, nun encontro con moitas ocasións para ambos equipos, destacando as actuacións dos porteiros Iago e David.
Os primeiros minutos foron de dominio visitante con ocasións claras de gol. Faltando 11 minutos os locais cometerían a quinta falta, e os árbitros non pitarían algunha máis posible, para ir ao doble penalti.
Alberto faltando cinco minutos farían o 1 a 0, co se chegaría ao descanso.
Na segunda parte máis do mesmo, dominio visitante con ocasións pero sen materializalas.  A máis clara un balón ao pau nas zapatillas de Jose López.
Os vilalbeses tentárono con porteiro xogador, pero non xeraron perigo, chegando dous novos goles para o Ribeira.
Bo partido diante dun Ribeira moi serio, e nas gradas unha boa representación de seareiros vilalbeses.

Ribeira F.S. 3: David, Pablo, Marcos, Lobeiras e Alberto, -cinco inicial-, Francisco, César, Javier e Quintela.
Vilalba F.S. 0: Iago, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Tucho, Freire, Miguilla e Dani Martínez.
Árbitros: Adrián Figueroa Veiga, Pablo José Fernández Becerra e Laura Somoza Copa.
Amoestaron con amarela a Alberto e Javier no Ribeira. Polo Vilalba viron amarela Miguilla e Jose López.
Goles: 1-0 min. 15 Alberto, 2-0 min. Alberto, 3-0 min. 38 Francisco.



18/11/16

A seguir sumando en Lugo

Este domingo día 20 o Vilalba F.S. visita ao Ribeira as 18:15, no Pavillón Municipal de Lugo.
Hai viaxe organizada para @s seareir@s, que queiran acompañar ao equipo. Pódense apuntar no Bar Tony e deberán abonar 3€. A saída do bus está prevista para as 17:00 de diante do Pavillón de Vilalba.
Os de Alfonso e Luis son sétimos na clasificación con 3 vitorias, 1 empate e 5 derrotas, e os locais son décimo segundos con 2 vitorias, 2 empate e 4 derrotas, cun partido menos.
Let's go Peugeot!!!

16/11/16

Entrevista a Alfonso 9ª Xornada e previa da 10ª

Esta semana temos en exclusiva a entrevista que lle fixeron os amigos da Radio Principal Vilalba Cadena Ser a Alfonso hoxe, e que se vai a emitir mañá, no 87.7 FM e na web www.radioytele.es
Unha vez máis darlles as GRAZAS, en particular a José Luis, polo trato tanto profesional e persoal, de cara aos nosos proxectos.

ENTREVISTA A ALFONSO 9ª XORNADA 1ª Parte
ENTREVISTA A ALFONSO 9ª XORNADA 2ª Parte

14/11/16

Empate a cinco nun Municipal ateigado

Empate a cinco goles entre o Vilalba F.S. e A Pontenova, nun bo encontro cun Municipal ateigado de seareiros.
Primeira parte igualada onde os visitantes aproveitaron as súas ocasións para marcar dous goles, os vilalbeses puideron marcar algún máis pero soamente Freire o logrou.
Á volta do descanso os locais saíron en tromba e terían boas oportunidades para marcar.
Un dubidoso penalti cometido por Cesar aproveitouno Diego Fente para igualar o encontro. Ao pouco outra vez Diego nunha xogada persoal faría cun golazo o 3 a 2.
O xuvenil Juan Diego entraría por un lesionado Luis, e tería unha boa actuación.
Os goles sucederían nunha porta e outra, cos locais marcados pola acumulación de faltas.
Álvaro e Roi farían os goles do Vilalba. Con empate a cinco, Alfonso puxo o porteiro xogador pero o marcador non se movería.

Vilalba F.S. 5: Luis, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Paulo, Tucho, Freire, Dani Martínez e Juan Diego.
A Pontenova 5: César, Paulo, Iago, Catalin e Miguel, -cinco inicial-, Manuel, Fidel e Diego.
Árbitros: Borja Moreira Bermúdez, Roberto Martínez Pena e Santiago Modroño Liz.
Amoestaron con amarela a Álvaro, Jxose López e Diego Fente, e expulsaron a Luis Vázquez no Vilalba. Pola Pontenova viron cartón Fidel, Diego, Catalin e César. Expulsaron a Piñeiro.
Goles: 0-1 Iago,  1-1 min. Freire, 1-2 Diego, 2-2 Diego Fente, 3-2 Diego Fente, 3-3 Catalin, 4-3 Álvaro, 4-4 Paulo, 5-4 Roi, 5-5 Iago

11/11/16

A polos tres puntos

Este sábado día 12, o Vilalba F.S. recibe A Pontenova as 18:30, no Pavillón Municipal.
Os de Alfonso e Luis son sétimos na clasificación con 3 vitorias e 5 derrotas, e os visitantes son sextos con 3 vitorias, 1 empate e 3 derrotas, cun partido menos.
Esta é a convocatoria, na que entran os xuvenís Juan Diego e Antón. Son baixa por lesión Iago e Miguilla, e César por asuntos persoais.

1- Luis
3- Antón
4- Tucho
5- Dani Martínez
7- Jose López
9- Roi
10- Paulo
11- Álvaro
13- Juan Diego
14- Freire
16- Nuno
17- Diego Fente

10/11/16

Entrevista a Alfonso 8ª Xornada e previa da 9ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 8ª Xornada e a previa da 9ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 8ª XORNADA

8/11/16

Inxusta derrota dos xuvenís

O equipo xuvenil do Vilalba F.S. perdeu por 3 a 2 contra o Cidade de Narón, con goles de Lage e Leiras.
Os de Fernando Llano non mereceron este resultado, nun bo partido no que mandaron ata cinco balóns ao pau.
Ao descanso o marcador era de 2 a 1 a prol dos de Narón.
Xa na segunda metade empatarían os vilalbeses e faltan seis minutos os locais farían o definitivo 3 a 2.

Vilalba F.S. : Yadai, Antón, Lage (1), Alex Fdz., Xosé, Leiras (1), Omar, Diego, Juan Diego, Ledín e Alberto Suárez.


7/11/16

3 puntos para a moral


Gran vitoria do Vilalba F.S. na visita ao 5 Coruña por 4 a 9.
Os vilalbeses necesitaban un partido coma este para recuperar a moral, e conseguir os 3 puntos despois de 4 derrotas seguidas.
A primeira parte foi de dominio alterno con ocasións para ambos equipos, estando os porteiros moi acertados. Os goles que subirían ao marcador nos primeiros minutos para os visitantes, serían en propia porta en dúas xogadas con pouca fortuna para os coruñeses.
Chegaríase ao descanso con 0-2 a prol do equipo de Álfonso e Luis.
Á volta dos vestiarios o Vilalba tería as ocasións máis claras, e os locais cargaríanse de faltas moi rápido intentando paralos. Mediado o segundo tempo un hat trick de Roi e un dobre penalti transformado por Diego Fente, case sentenciaría o encontro.
Os locais apostarían polo cinco para catro, e aquí veu a tolemia. En catro minutos víronse sete goles. Os vilalbeses un pouco relaxados en defensa pero infalibles no ataque, sumarían tres tantos máis, dous de Álvaro e outro de Diego Fente.
Vitoria moi importante e moi traballada, para adestrar esta semana con outra cara, agardando A Pontenova este sábado no Municipal.

ARB 5 Coruña F.S.: Alfonso, Andrés, Daniel, Caropi e Óscar, -cinco inicial-, David, Jesús, Cristian, Iván, Jorge, Sergio e Lago.
Vilalba F.S. 9: Luis, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Tucho, Freire, Dani Martínez e Paulo.
Árbitros: Diego Mella Brea, Manuel Dans Rey e Iván Enriquez Fontenla.
Amoestaron con amarela a Daniel e Óscar no 5 Coruña. Polo Vilalba viron amarela Dani Martínez, Tucho e Diego Fente.
Goles: 0-1 min. 3 Óscar p.p., 0-2 min. 7 Diego Fente, 0-3 min. 29 Roi, 0-4 min. 33 Roi, 0-5 min. 33 Roi, 0-6 min. 35 Diego Fente, 1-6 min. 36 Caropi, 1-7 min. 36 Álvaro, 2-7 min. 37 Cristian, 3-7 min. 37 Cristian, 3-8 min. 39 Álvaro, 4-8 min. 39 Óscar, 4-9 min.39 Diego Fente.

5/11/16

A cambiar a racha

Este domingo o Vilalba F.S. visita ao 5 Coruña Fútbol Sala. O partido será as 12:00 no Polideportivo do Barrio das Flores.
Os locais son sétimos na clasificación con 2 vitorias, 2 empates e 2 derrotas, cun partido menos, e os de Alfonso e Luis son décimos con 2 vitorias e 5 derrotas.
Let's go Peugeot!!!
Esta é a convocatoria, da que son baixa por lesión Iago e Miguilla, e César por asuntos persoais.
1- Luis
4- Tucho
5- Dani Martínez
7- Jose López
9- Roi
10- Paulo
11- Álvaro
14- Freire
16- Nuno
17- Diego Fente

Entrevista a Luis 7ª Xornada e previa da 8ª

Entrevista a Luis Vázquez na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 7ª Xornada e a previa da 8ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A LUIS VAZQUEZ 7ª XORNADA