24/10/16

Derrota inxusta en Coruxo

O Vilalba F.S. mereceu máis na visita a Coruxo, pero pequenos erros dos vilalbeses, deron a vitoria aos locais.
Comezaron os vigueses marcando aos 12 segundos por medio de Andrés, pero os visitantes remontarían en dous minutos. Primeiro Paulo en xogada persoal, e Diego Fente en dúas ocasións, en xogadas semellantes, rematando no segundo pau, pases de Roi e César.
Antes do descanso marcarían de novo os locais nun saque de esquina.
No minuto tres da continuación empataría o Coruxo, con gol de Parra.
Faltando cinco minutos Diego Fente cun gran golpeo faría o 3 a 4.
E de seguido en 20 segundos fatídicos, os vigueses daríanlle a volta ao encontro con 2 goles, nas zapatillas de Samuel e Andrés.
Luis sacou o cinco para catro, e o Vilalba tivo ocasións para empatar, mais os tres puntos quedarían en Coruxo.
Terceira derrota consecutiva para os vilalbeses, que necesitan con urxencia unha vitoria que se resiste, en partidos nos que merecen máis.

Talleres ABC IES Coruxo F.S. 5: Gil, Bruno, Parra, Andrés e Samuel, -cinco inicial-, Rodrigo, Xoán, Nicolás, Modesto, Jonathan, Pablo e Óliver.
Vilalba F.S. 4: Luis, Roi, Jose López, Paulo e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Miguilla, César, Freire, Nuno e Dani Martínez.
Árbitros: Juan José González Rubián, Daniel Dacal Deza e Alán Sardinero González.
Amoestaron con amarela a Pablo e Parra no Coruxo. E no Vilalba viron amarela Nuno, Roi e Luis.
Goles: 1-0 min. 0 Andrés, 1-1 min. 4 Paulo, 1-2 min. 5 Diego Fente, 1-3 min. 5 Diego Fente, 2-3 min. 13 Xoán, 3-3 min. 23 Parra, 3-4 min. 35 Diego Fente, 4-4 min. 36 Samuel, 5-4 min. 36 Andrés.


No hay comentarios: