21/12/16

Grazas por todo Miguilla!!

Miguel Quintela "Miguilla" e o Vilalba F.S. acordaron rescindir o vínculo para o que resta de tempada.
Déixanos un referente do futsal da provincia, despois de catros anos en terras vilalbesas.
Dende a administración falamos con Miguel, e contounos esto:

"Foi unha etapa intensa e na que me quedo coas cousas boas".
"Tiven a sorte de coñecer a algunha xente boa, cos que sempre gardarei amizade".
"Pero esto sigue. O Vilalba F.S. sigue e eu tamén. Se algún día nos atopamos será dunha forma normal".
"Doulle as grazas a Edu e Alfonso, pola súa confianza en min".
"Estarei sempre moi agradecido aos seareiros vilalbeses, que sempre me apoiaron".
"Un saúdo moi especial para os membros do Frente Smoking polo seu agarimo".
"Unha aperta e que a todos nos vaia ben".

GRAZAS POR TODO, MIGUEL!

Foto: María Roca


9/12/16

Entrevista a Alfonso 12ª Xornada

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 12ª Xornada.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 12ª XORNADA

5/12/16

Gran vitoria en Compostela

O Vilalba F.S. gañou por 2 a 4 ao Santiago Futsal B, e da por rematada a primeira volta, ao ter que descansar na seguinte xornada.
Foi un partido moi disputado onde os vilalbeses aproveitaron mellor as súas ocasións.
Ao descanso chegaríase con empate a un gol, nas botas de Tucho no primeiro minuto do encontro.
Xa na segunda parte virían os goles de Diego Fente, Dani Martínez e Álvarito.
O equipo de Alfonso e Luis remata ben a primeira volta da liga, perdendo soamente un partido dos cinco últimos, con tres vitorias e un empate. Os vilalbeses quedan na sétima posición con 16 puntos, á espera da derradeira xornada.
Agora toca recuperar aos lesionados para a reanudación da liga, que será o 16 de Xaneiro, onde tocará visitar ao equipo máis en forma do momento, A Estrada Futsal, que gañou os últimos seis partidos.

Santiago Futsal B 2: Felipe, Xabier, Alejandro, Antonio e Miguel, -cinco inicial-, Rafael, Igor, Macia, Iago e Diego.
Vilalba F.S. 4: Luis, Tucho, Jose López, Alvarito e Freire, -cinco inicial-, Roi, Diego Fente, Nuno e Dani Martínez.
Árbitros: Borja Darriba Villamor, José Luis Villarino Barja e Laura Somoza Copa.
Amoestaron con amarela a Xabier, Antonio e Rafael polo Santiago.
Goles: 0-1 min. 1 Tucho, 1-1 min. 12 Macia, 1-2 min. 25 Diego Fente, 1-3 min. 27 Dani Martínez, 2-3 min. 27 Macia, 2-4 min. 36 Alvarito.

2/12/16

Remata a primeira volta

Este domingo día 4, o Vilalba F.S. viaxa a Compostela para enfrontarse ao Santiago Futsal B as 12:15, no Pavillón Municipal Restollal.
Para os vilalbeses será o derradeiro partido da primeira volta, ao descansar na última xornada.
Ambos equipos contan con 13 puntos na clasificación.
Os de Alfonso e Luis son oitavos na clasificación con 4 vitorias, 1 empate e 6 derrotas, e os visitantes son novenos con 4 vitorias, 1 empate e 5 derrotas, cun partido menos.
Por outra banda, o equipo xuvenil xogará tamén o domingo, como visitante en Betanzos contra o Troula. O partido será as 18:00 no Pavillón Municipal.
Let's go Peugeot!!!

1/12/16

Entrevista a Alfonso 11ª Xornada e previa da 12ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 11ª Xornada e a previa da 12ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 11ª XORNADA

28/11/16

Merecida vitoria do Vilalba F.S.

O Vilalba F.S. gañou por 3 a 1 ao Carballiño, no derradeiro encontro no Municipal, da primeira volta. O partido puido rematar con goleada para os vilalbeses, pero unha vez máis a falta de acerto de cara a portería, privaría aos de Alfonso dun marcador máis abultado.
A primeira parte foi de dominio local cunha morea de ocasións.
O primeiro gol faríao Diego Fente, elevando o coiro á saida de Jonatan. Os locais estaban enriba dos visitantes unha e outra vez, pero o segundo non chegaba. Sería no minuto 15, cando Tucho nunha xogada de estratexia, ampliaba o marcador.
Un par de minutos máis tarde, os de Carballiño nunha contra marcarían o 2-1.
Parecía que as pantamas voltaban, pero nunha boa xogada de equipo, Jose López facía o 3 a 1 antes do descanso.
Na segunda metade o marcador non se movería, e eso que se puideron ver máis goles.
Os visitantes xogarían con porteiro xogador a partir do minuto 13, sen crear perigo. Tamén sufrirían unha expulsión faltando 3, que os locais non souberon aproveitar.

Vilalba F.S. 3: Iago, Tucho, Alvarito, Freire e Diego Fente, -cinco inicial-, Jose López, Roi, Nuno, Miguilla e Dani Martínez.
Carballiño F.S. 1: Jonatan, Óscar, Aitor, Álvaro e Daniel, -cinco inicial-, Ignacio, Fabio e Alejandro.
Árbitros: Mario Salinas García, Roberto Segundo Amor Vizos e María Begoña López Fernández.
Amoestaron con amarela a Dani Martínez e Roi no Vilalba. Polo Carballiño viron cartón Daniel e Álvaro. Expulsaron a Ignacio por dobre tarxeta.
Goles: 1-0 min. 4 Diego Fente, 2-0 min. 15 Tucho, 2-1 min. 17 Ignacio, 3-1 min. 18 Jose López.

25/11/16

A por todas co apoio da afección

Este sábado día 26 o Vilalba F.S. recibe ao Carballiño as 18:30, no Pavillón Municipal.
Os vilalbeses necesitan puntuar diante dun rival directo na clasificación, e escapar dos postos de perigo.
Os de Alfonso e Luis son décimos na clasificación con 3 vitorias, 1 empate e 6 derrotas, e os visitantes son décimo segundos con 2 vitorias, 2 empates e 5 derrotas, cun partido menos.
Let's go Peugeot!!!

I Gala do Deporte Municipal

O vindeiro 8 de Decembro celebrarase a I Gala do Deporte Municipal.
Como nominados do Vilalba F.S. temos a Luis Vázquez na categoría Traxectoria deportiva, ao patrocinador Valdesuso Peugeot na categoría de Mellor entidade na promoción e fomento do deporte e a Francisco J. González na categoría de Recoñemento a toda unha vida dedicada ao deporte.
Luis Vázquez tamén recollerá unha das mencións especiais.
Moita sorte a todos e noraboa ao Concello de Vilalba pola organización.

Lista de finalistas

- Mellor deportista vilalbés ou vilalbesa: Tania Gayoso e Judith Dobao, do Club Violeta de ximnasia rítmica; Gabriel Tembrás, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; e José Cuba, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Mellor deportista promesa: Beatriz Felpeto, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Roberto Díaz e Carlos Yobani García, ambos do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Mellor equipo: R.C. Vilalbés Xuvenil, TDM Feminino Concello de Vilalba e “Ínsua Bermúdez” Campo a Través.

- Mellor club ou entidade deportiva: Racing Club Vilalbés, Clube Atletismo Vilalba, Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Mellor adestrador ou técnico deportivo: Ana Iglesias, Club Violeta de ximnasia rítmica, Simón Lamas, do Racing Club Vilalbés xuvenil e José Luís Puentes, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Mellor labor no deporte de base: Racing Club Vilalbés, Tdm Vilalba e CB Vilalba Feminino.

- Mellor entidade na promoción e fomento do deporte: Junor SL, por TDM Vilalba; Président-Lactalis, por Racing Club Vilalbés; e Valdesuso- Peugeot, por Vilalba FS.

- Traxectoria deportiva: Uxía Rodríguez, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Luís Vázquez, do Vilalba F.S; e 3 Nicolás Castro, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.

- Recoñemento a toda unha vida dedicada ao deporte: Jesús Roca, Taekwondo Moo Duk Kwan; Francisco J. González, R.C. Vilalbés e Vilalba F.S; José Luís Díaz, monitor de judo do Gimnasio Senra.

- Labor informativa ou comunicativa: Antonio López, RTVG; María Roca, El Progreso; José Luís Ruíz Lombao, Radio Principal Vilalba – Cadena Ser.

- Mellor evento ou actividade deportiva: Festival Terra Chá de ximnasia rítmica; I Carreira Andaina Nocturna e  XXVIII Torneo Villa de Vilalba da Escola Municipal de iudo.

- Mellor deportista ou equipo discapacitado: Antonio López –iudo-, ASFADIVI –varios- e Iván Montero –ciclismo-.

Tamén se entregarán ata unha ducia de mencións especiais. Jorge Tato, a título póstumo, -fútbol-; Roberto Trashorras –fútbol-, Jesús Roca –taekwondo-, Antonio Montes –taekwondo-, Juan Carlos Quintana -taekwondo-, José Luís Díaz –iudo-, Luís Vázquez –fútbol sala-,  Juan Antonio González, a título póstumo, -tenis-; CB Vilalba Feminino –balonceso-, TDM Vilalba Feminino –tenis de mesa-, a Escola de Movemento –danza- e Protección Civil de Vilalba recibirán cadanseu recoñecemento.

Entrevista a Alfonso 10ª Xornada e previa da 11ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 10ª Xornada e a previa da 11ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es
 ENTREVISTA A ALFONSO 10ª XORNADA

22/11/16

A falta de acerto condena aos vilalbeses

Derrota por 3 a 0 contra o Ribeira, nun encontro con moitas ocasións para ambos equipos, destacando as actuacións dos porteiros Iago e David.
Os primeiros minutos foron de dominio visitante con ocasións claras de gol. Faltando 11 minutos os locais cometerían a quinta falta, e os árbitros non pitarían algunha máis posible, para ir ao doble penalti.
Alberto faltando cinco minutos farían o 1 a 0, co se chegaría ao descanso.
Na segunda parte máis do mesmo, dominio visitante con ocasións pero sen materializalas.  A máis clara un balón ao pau nas zapatillas de Jose López.
Os vilalbeses tentárono con porteiro xogador, pero non xeraron perigo, chegando dous novos goles para o Ribeira.
Bo partido diante dun Ribeira moi serio, e nas gradas unha boa representación de seareiros vilalbeses.

Ribeira F.S. 3: David, Pablo, Marcos, Lobeiras e Alberto, -cinco inicial-, Francisco, César, Javier e Quintela.
Vilalba F.S. 0: Iago, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Tucho, Freire, Miguilla e Dani Martínez.
Árbitros: Adrián Figueroa Veiga, Pablo José Fernández Becerra e Laura Somoza Copa.
Amoestaron con amarela a Alberto e Javier no Ribeira. Polo Vilalba viron amarela Miguilla e Jose López.
Goles: 1-0 min. 15 Alberto, 2-0 min. Alberto, 3-0 min. 38 Francisco.



18/11/16

A seguir sumando en Lugo

Este domingo día 20 o Vilalba F.S. visita ao Ribeira as 18:15, no Pavillón Municipal de Lugo.
Hai viaxe organizada para @s seareir@s, que queiran acompañar ao equipo. Pódense apuntar no Bar Tony e deberán abonar 3€. A saída do bus está prevista para as 17:00 de diante do Pavillón de Vilalba.
Os de Alfonso e Luis son sétimos na clasificación con 3 vitorias, 1 empate e 5 derrotas, e os locais son décimo segundos con 2 vitorias, 2 empate e 4 derrotas, cun partido menos.
Let's go Peugeot!!!

16/11/16

Entrevista a Alfonso 9ª Xornada e previa da 10ª

Esta semana temos en exclusiva a entrevista que lle fixeron os amigos da Radio Principal Vilalba Cadena Ser a Alfonso hoxe, e que se vai a emitir mañá, no 87.7 FM e na web www.radioytele.es
Unha vez máis darlles as GRAZAS, en particular a José Luis, polo trato tanto profesional e persoal, de cara aos nosos proxectos.

ENTREVISTA A ALFONSO 9ª XORNADA 1ª Parte
ENTREVISTA A ALFONSO 9ª XORNADA 2ª Parte

14/11/16

Empate a cinco nun Municipal ateigado

Empate a cinco goles entre o Vilalba F.S. e A Pontenova, nun bo encontro cun Municipal ateigado de seareiros.
Primeira parte igualada onde os visitantes aproveitaron as súas ocasións para marcar dous goles, os vilalbeses puideron marcar algún máis pero soamente Freire o logrou.
Á volta do descanso os locais saíron en tromba e terían boas oportunidades para marcar.
Un dubidoso penalti cometido por Cesar aproveitouno Diego Fente para igualar o encontro. Ao pouco outra vez Diego nunha xogada persoal faría cun golazo o 3 a 2.
O xuvenil Juan Diego entraría por un lesionado Luis, e tería unha boa actuación.
Os goles sucederían nunha porta e outra, cos locais marcados pola acumulación de faltas.
Álvaro e Roi farían os goles do Vilalba. Con empate a cinco, Alfonso puxo o porteiro xogador pero o marcador non se movería.

Vilalba F.S. 5: Luis, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Paulo, Tucho, Freire, Dani Martínez e Juan Diego.
A Pontenova 5: César, Paulo, Iago, Catalin e Miguel, -cinco inicial-, Manuel, Fidel e Diego.
Árbitros: Borja Moreira Bermúdez, Roberto Martínez Pena e Santiago Modroño Liz.
Amoestaron con amarela a Álvaro, Jxose López e Diego Fente, e expulsaron a Luis Vázquez no Vilalba. Pola Pontenova viron cartón Fidel, Diego, Catalin e César. Expulsaron a Piñeiro.
Goles: 0-1 Iago,  1-1 min. Freire, 1-2 Diego, 2-2 Diego Fente, 3-2 Diego Fente, 3-3 Catalin, 4-3 Álvaro, 4-4 Paulo, 5-4 Roi, 5-5 Iago

11/11/16

A polos tres puntos

Este sábado día 12, o Vilalba F.S. recibe A Pontenova as 18:30, no Pavillón Municipal.
Os de Alfonso e Luis son sétimos na clasificación con 3 vitorias e 5 derrotas, e os visitantes son sextos con 3 vitorias, 1 empate e 3 derrotas, cun partido menos.
Esta é a convocatoria, na que entran os xuvenís Juan Diego e Antón. Son baixa por lesión Iago e Miguilla, e César por asuntos persoais.

1- Luis
3- Antón
4- Tucho
5- Dani Martínez
7- Jose López
9- Roi
10- Paulo
11- Álvaro
13- Juan Diego
14- Freire
16- Nuno
17- Diego Fente

10/11/16

Entrevista a Alfonso 8ª Xornada e previa da 9ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 8ª Xornada e a previa da 9ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 8ª XORNADA

8/11/16

Inxusta derrota dos xuvenís

O equipo xuvenil do Vilalba F.S. perdeu por 3 a 2 contra o Cidade de Narón, con goles de Lage e Leiras.
Os de Fernando Llano non mereceron este resultado, nun bo partido no que mandaron ata cinco balóns ao pau.
Ao descanso o marcador era de 2 a 1 a prol dos de Narón.
Xa na segunda metade empatarían os vilalbeses e faltan seis minutos os locais farían o definitivo 3 a 2.

Vilalba F.S. : Yadai, Antón, Lage (1), Alex Fdz., Xosé, Leiras (1), Omar, Diego, Juan Diego, Ledín e Alberto Suárez.


7/11/16

3 puntos para a moral


Gran vitoria do Vilalba F.S. na visita ao 5 Coruña por 4 a 9.
Os vilalbeses necesitaban un partido coma este para recuperar a moral, e conseguir os 3 puntos despois de 4 derrotas seguidas.
A primeira parte foi de dominio alterno con ocasións para ambos equipos, estando os porteiros moi acertados. Os goles que subirían ao marcador nos primeiros minutos para os visitantes, serían en propia porta en dúas xogadas con pouca fortuna para os coruñeses.
Chegaríase ao descanso con 0-2 a prol do equipo de Álfonso e Luis.
Á volta dos vestiarios o Vilalba tería as ocasións máis claras, e os locais cargaríanse de faltas moi rápido intentando paralos. Mediado o segundo tempo un hat trick de Roi e un dobre penalti transformado por Diego Fente, case sentenciaría o encontro.
Os locais apostarían polo cinco para catro, e aquí veu a tolemia. En catro minutos víronse sete goles. Os vilalbeses un pouco relaxados en defensa pero infalibles no ataque, sumarían tres tantos máis, dous de Álvaro e outro de Diego Fente.
Vitoria moi importante e moi traballada, para adestrar esta semana con outra cara, agardando A Pontenova este sábado no Municipal.

ARB 5 Coruña F.S.: Alfonso, Andrés, Daniel, Caropi e Óscar, -cinco inicial-, David, Jesús, Cristian, Iván, Jorge, Sergio e Lago.
Vilalba F.S. 9: Luis, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Tucho, Freire, Dani Martínez e Paulo.
Árbitros: Diego Mella Brea, Manuel Dans Rey e Iván Enriquez Fontenla.
Amoestaron con amarela a Daniel e Óscar no 5 Coruña. Polo Vilalba viron amarela Dani Martínez, Tucho e Diego Fente.
Goles: 0-1 min. 3 Óscar p.p., 0-2 min. 7 Diego Fente, 0-3 min. 29 Roi, 0-4 min. 33 Roi, 0-5 min. 33 Roi, 0-6 min. 35 Diego Fente, 1-6 min. 36 Caropi, 1-7 min. 36 Álvaro, 2-7 min. 37 Cristian, 3-7 min. 37 Cristian, 3-8 min. 39 Álvaro, 4-8 min. 39 Óscar, 4-9 min.39 Diego Fente.

5/11/16

A cambiar a racha

Este domingo o Vilalba F.S. visita ao 5 Coruña Fútbol Sala. O partido será as 12:00 no Polideportivo do Barrio das Flores.
Os locais son sétimos na clasificación con 2 vitorias, 2 empates e 2 derrotas, cun partido menos, e os de Alfonso e Luis son décimos con 2 vitorias e 5 derrotas.
Let's go Peugeot!!!
Esta é a convocatoria, da que son baixa por lesión Iago e Miguilla, e César por asuntos persoais.
1- Luis
4- Tucho
5- Dani Martínez
7- Jose López
9- Roi
10- Paulo
11- Álvaro
14- Freire
16- Nuno
17- Diego Fente

Entrevista a Luis 7ª Xornada e previa da 8ª

Entrevista a Luis Vázquez na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 7ª Xornada e a previa da 8ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A LUIS VAZQUEZ 7ª XORNADA

31/10/16

Derrota contra o Bueu

O Vilalba F.S. perdeu por 2 a 4 contra o Bueu, nun frouxo partido dos vilalbeses.
Os visitantes case sentenciaron o encontro na primeira metade, onde aproveitaron as súas ocasións para meter tres goles.
Nos derradeiros minutos os vilalbeses apretaron e a ocasión máis clara foi un lanzamento de César ao longueiro.
Á volta dos vestiarios os locais tomaron o control do encontro, mais non atopaban portería. Freire nunha xogada de estratexia faría o 1-3. Con porteiro xogador terían varias oportunidades, pero serían os de Bueu os que marcarían o cuatro en xogada.
Roi recurtaría, e os vilalbeses terían un par delas moi claras, pero o coiro non remataría nas redes.
Quinta derrota da tempada e momento delicado para o equipo, que non debe virse abaixo e seguir loitando os puntos.


Vilalba F.S. 2: Iago, Roi, Jose López, Nuno e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Tucho, Paulo, Dani Martínez, César, Freire e Luis.
Bueu 4: David, Antonio, Alexis, Roma e Adrián, -cinco inicial-, Tomás, Martín, Pablo, Sergio e Hugo.
Árbitros: Borja Darriba Villamor, Juan Rey Castedo e Eva Fernández Lorido.
Amoestaron con amarela a Dani Martínez e César no Vilalba. Polo Bueu viron cartón Hugo, Roma e Antonio.
Goles: 0-1 min. 3 Antonio,  0-2 min. 8 Tomás, 0-3 min. 13 Antonio, 1-3 min. 33 Freire, 1-4 min. 36 Antonio, 2-4 min. 37 Roi.


Entrevista a Luis 6ª Xornada e previa da 7ª

Entrevista a Luis Vázquez na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 6ª Xornada e a previa da 7ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A LUIS VAZQUEZ 6ª XORNADA

25/10/16

Primeiro punto para os xuvenís

O equipo xuvenil do Vilalba F.S. acadou o primeiro punto da tempada, logo de empatar a catro contra A Gaiola, no Pavillón Municipal de Vilalba.
A primeira parte foi de dominio local e os xogadores de Llano tiveron unha morea de ocasións, que non souperon aproveitar. Ao descanso o marcador era de empate a un gol.
Á volta dos vestiarios o partido foi máis igualado, pero os xogadores de Vilalba pecaron de falta de concentración en momentos clave.
O marcador final sería de empate a catro goles.
O equipo xogou con demasiados nervios, debidos en parte a que aínda acaban de comenzar a competición.
Polos vilalbeses marcaron, Xosé por partida dobre, e Lage e Antón cun gol cada un.


Vilalba F.S.: Juan Diego, Antón (1), Lage (1), Alberto Suárez, Diego, Xosé (2), Iván, Leiras, Yadai, Alez Fdz., Omar e Ledín.

24/10/16

Derrota inxusta en Coruxo

O Vilalba F.S. mereceu máis na visita a Coruxo, pero pequenos erros dos vilalbeses, deron a vitoria aos locais.
Comezaron os vigueses marcando aos 12 segundos por medio de Andrés, pero os visitantes remontarían en dous minutos. Primeiro Paulo en xogada persoal, e Diego Fente en dúas ocasións, en xogadas semellantes, rematando no segundo pau, pases de Roi e César.
Antes do descanso marcarían de novo os locais nun saque de esquina.
No minuto tres da continuación empataría o Coruxo, con gol de Parra.
Faltando cinco minutos Diego Fente cun gran golpeo faría o 3 a 4.
E de seguido en 20 segundos fatídicos, os vigueses daríanlle a volta ao encontro con 2 goles, nas zapatillas de Samuel e Andrés.
Luis sacou o cinco para catro, e o Vilalba tivo ocasións para empatar, mais os tres puntos quedarían en Coruxo.
Terceira derrota consecutiva para os vilalbeses, que necesitan con urxencia unha vitoria que se resiste, en partidos nos que merecen máis.

Talleres ABC IES Coruxo F.S. 5: Gil, Bruno, Parra, Andrés e Samuel, -cinco inicial-, Rodrigo, Xoán, Nicolás, Modesto, Jonathan, Pablo e Óliver.
Vilalba F.S. 4: Luis, Roi, Jose López, Paulo e Álvaro, -cinco inicial-, Diego Fente, Miguilla, César, Freire, Nuno e Dani Martínez.
Árbitros: Juan José González Rubián, Daniel Dacal Deza e Alán Sardinero González.
Amoestaron con amarela a Pablo e Parra no Coruxo. E no Vilalba viron amarela Nuno, Roi e Luis.
Goles: 1-0 min. 0 Andrés, 1-1 min. 4 Paulo, 1-2 min. 5 Diego Fente, 1-3 min. 5 Diego Fente, 2-3 min. 13 Xoán, 3-3 min. 23 Parra, 3-4 min. 35 Diego Fente, 4-4 min. 36 Samuel, 5-4 min. 36 Andrés.


21/10/16

A retomar os resultados positivos

Este sábado o Vilalba F.S. visita ao Talleres ABC IES Coruxo F.S. O partido será as 17:00 no Polideportivo de Coruxo.
Os locais son cuartos na clasificación con 3 vitorias e 2 derrotas, e os de Alfonso e Luis son sextos con 2 vitorias e 3 derrotas.
O Coruxo está en forma despois dun mal comezo e gañou ou tres últimos partidos, mentras que aos vilalbeses están sendo irregulares.

Let's go Peugeot!!!


Entrevista a Alfonso 5ª Xornada e previa da 6ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 5ª Xornada e a previa da 6ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es
 ENTREVISTA A ALFONSO 5ª XORNADA

17/10/16

Primeira derrota como locais

O Vilalba F.S. perdeu por 2 a 5 diante do Sala Ourense. Os visitantes mostraron un moi bo oficio e souperon controlar o partido case tódolos momentos.
Os locais tomaron a iniciativa no xogo, pero atopáronse con dous goles en contra moi cedo. Álvaro recurtaría distancia no marcador.
Os vilalbeses apretarían coa presión e dificultarían a saída dos visitantes. Pero nun erro defensivo marcarían o terceiro.
Os de Alfonso non se rendían e Diego Fente faría o segundo, chegando ao descanso co marcador de 2 a 3.
Á volta dos vestiarios o Vilalba saíu a polo partido cunha grada animando sen descanso. Intentábano unha e outra vez, pero entre Darío e a falta de fortuna, non remataba o coiro en gol.
Coa expulsión de Tucho faltando 7 minutos o encontro virou por completo para os ourensáns, que aproveitarían a superioridade para facer o cuarto.
O cinco para catro dos vilalbeses non foi efectivo, e faltando 2 segundos nun erro, os visitantes farían o definitivo 2 a 5.


Vilalba F.S. 2: Iago, Roi, Jose López, Diego Fente e Álvaro, -cinco inicial-, César, Tucho, Freire e Nuno.
Sala Ourense 5: Darío, Raúl Rivero, Guerra, Allariz e Tizón, -cinco inicial-, Araujo, Fente e Diego.
Árbitros: Manuel Dans Rey,  David Pérez Torrecilla e Iván Enríquez Fontela.
Amoestaron con amarela a Roi e con vermella a Tucho no Vilalba. Polo Ourense viron cartón Tizón e Araujo.
Goles:0-1 min. 1 Tizón, 0-2 min. 4 Tizón, 1-2 min. 4 Álvaro, 1-3 min. 9 Diego, 2-3 min. 12 Diego Fente, 2-4 min. 35 Guerra, 2-5 min. 39 Araujo.


14/10/16

A seguir invictos como locais

Este sábado día 15, o Vilalba F.S. recibe ao Sala Ourense. O partido será as 18:30 no Pavillón Municipal.
Os vilalbeses son cuartos na clasificación con 2 vitorias e 2 derrotas, e os ourensáns van terceiros con 3 partidos gañados e 1 perdido.
Os de Alfonso e Luis buscarán os tres puntos para seguir invictos como locais e seguir nos postos de privilexio.
Let's go Peugeot!!!


Entrevista a Alfonso 4ª Xornada e previa da 5ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 4ª Xornada e a previa da 5ª.

Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 4ª XORNADA 

10/10/16

O Vilalba volta de baleiro de Pazos

Partido igualado que puido caer de calquera bando, pero os tres puntos quedaron en Pazos.
Malos primeiros minutos dos vilalbeses, con moita presión por parte dos locais, que se adiantarían no marcador nunha contra.
Os de Alfonso comezarían a presionar en toda a pista, tendo ocasións claras para empatar.
A segunda parte seguiría co mesmo guión, ata que unha mala toma de decisión por parte dos chairegos nunha xogada de estrategia, o Pazos conseguiría o segundo gol.
O Vilalba voltaría a presionar, xerando moitas ocasións
Quedando 7 minutos para o final marcou Jose López.
Alfonso sacaría o 5 para 4, tendo varias oportunidades de empatar moi claras, incluída unha ao pao de Freire a 2 segundos para o final.

Pazos de Borbén 2: Esteban, Jonatan, Jose, Marcos e Luis, -cinco inicial-, Daniel, Alberto, Eloy, Diego, Miguel, Boejs e Breixo.
Vilalba F.S. 1: Luis, Roi, Jose López, Freire e Álvaro, -cinco inicial-, Tucho, Diego Fente, César e Dani Martínez.
Árbitros: Miguel Ángel Vidal Araujo, David Álvarez Carril e Eva Fontán Pérez.
Amoestaron con amarela a Eloy no Pazos. E no Vilalba viron amarela Tucho e Diego Fente.
Goles: 1-0 min. 3 Breixo, 2-0 min. 21 Jonatan, 2-1 min. 33 Jose López.

7/10/16

Entrevista a Alfonso 3ª Xornada e previa da 4ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 3ª Xornada e a previa da 4ª.

 Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es

ENTREVISTA A ALFONSO 3ª XORNADA


O Vilalba visita ao vixente campión

Este sábado o Vilalba F.S. visita ao vixente campión de Liga e Copa, o Pazos de Borbén. O partido será as 19:00 no Pavillón Municipal.
Os locais son segundos na clasificación con 2 vitorias e 1 empate, seguidos dos de Alfonso que teñen 2 vitorias e 1 derrota.
Os vilalbeses que non saben o que é puntuar fora, intentarán traer un resultado positivo.

Let's go Peugeot!!!


3/10/16

Segunda vitoria da tempada

Segunda vitoria do Vilalba F.S. que se coloca terceiro na clasificación.
Resultado demasiado abultado nun encontro que estivo igualado ata os derradeiros minutos onde o Casás sacou o xogo de cinco, e ahí os de Alfonso non perdoaron.
A primeira parte xogouse de poder a poder, pero os locais aproveitaron mellor as ocasións, chegando con ventaxa de dous goles, de Roi e Diego Fente.
Á volta dos vestiarios os de Lugo sairon a polo partido e recortaron distancia no marcador. César marcaba ao pouco para non deixar meterse no partido os visitantes.
O Casás continuaba ao ataque pero ahí estaba Iago para evitalo.
Faltando sete minutos os lucenses sacaron o porteiro-xogador, e ahí rematouse o partido, pois os vilalbeses non aproveitaron as súas ocasións.
Destacar a presenza do ex-xogador do Vilalba F.S. Pequecho, ao que aínda se lle ten moito agarimo.

Vilalba F.S. 8: Iago, Roi, Jose López, Freire e Álvaro, -cinco inicial-, Tucho, Diego Fente, César, Dani Martínez, Paulo e Nuno.
C.P. Casás 1: Luis, Diego, Fabián, Pablo e Christian, -cinco inicial-, Alex, Rafael, Julio, Pequecho, Ignacio e David.
Árbitros: José Manuel Carreira Romero,  Diego Mella Brea e Miguel Puerta Catoira.
Amoestaron con amarela a Iván e Pablo no Casás.
Goles: 1-0 min. 0 Roi, 2-0 min. 7 Diego Fente, 2-1 min. 26 Julio, 3-1 min. 27 César, 4-1 min. 33 Iago, 5-1 min. 33 Jose López, 6-1 min. 35 Tucho, 7-1min. 36 Jose López, 8-1 min. 39 Freire.

30/9/16

Entrevista a Alfonso 2ª Xornada e previa da 3ª

Entrevista a Alfonso González na Radio Principal Vilalba Cadena Ser, sobre a 2ª Xornada e a previa da 3ª.
 Se queredes escoitala en directo os xoves, podedes facelo no 87.7 FM ou na web www.radioytele.es


ENTREVISTA A ALFONSO 2ª XORNADA

A polos 3 puntos diante do Casás

Este sábado día 1 as 17:45, o Vilalba F.S. recibe ao C.P. Casás, no Pavillón Municipal.
Ambos equipos contan con 3 puntos. Os de Alfonso veñen de perder na súa visita ao Mosteiro Bembibre e os lucenses gañaron como locais ao Santiago Futsal.
Lembrade que este sábado se adianta o horario do encontro para as 17:45.

Let's go!!!


26/9/16

Derrota pola mínima contra o Bembibre

Igualado encontro entre o Mosteiro Bembibre e o Vilalba F.S., quedando os tres puntos en Vigo, co marcador de 4 a 3.
Unha das claves do encontro puido ser a defensa utilizada polos locais, que compricou o xogo dos vilalbeses, e a lesión de Miguilla nos primeiros minutos, cunha estimación da baixa entre 20 e 30 días, que esperemos se recupere canto antes.
Comezou adiantandose o Bembibre pero Roi empataría no mesmo minuto.
O primeiro tempo remataría con igualada a un gol.
Na segunda metade voltarían a adiantarse os locais, pero os de Alfonso remontarían con goles de Tucho e Roi.
Cando tiñan todo de cara non deron levado o control do partido, entregando a remontada.
Nos derradeiros minutos intentárono con porteiro-xogador, pero sen conseguilo.
Primeira derrota, e toca seguir traballando para non voltar a caer en erros.

Mosteiro Bembibre F.S. 4: Carlos, Fabio, Gesteira, Borrajo e Borja, -cinco inicial-, Javier, Sufian, Fernando, Alberto, López, Nelson e Vila.
Vilalba F.S. 3: Luis, Roi, Jose López, Miguilla e Álvaro, -cinco inicial-, Tucho, Diego Fente, Paulo, Freire, Nuno e Dani Martínez.
Árbitros: Pablo Enrique Guntín Garrido, Francisco José Feliz Otero e Lorena Quintas Crespo.
Amoestaron con amarela a Gesteira no Bembibre. E no Vilalba viron amarela Tucho e Dani. Expulsaron por dobre cartón a Álvaro.
Goles: 1-0 min. 16 Vila, 1-1 min. 16 Roi, 2-1 min. 27 Borrajo, 2-2 min. 32 Tucho, 2-3 min. 33 Roi, 3-3 min. 34 López, 4-3 min. 38 Borrajo.



24/9/16

Entrevista a Alfonso 1ª Xornada

A partir de agora poderedes escoitar a entrevista semanal que dende a Radio Principal Vilalba Cadena Ser, lle fan ao adestrador Alfonso González, ou a outros membros do Vilalba F.S.
Dende a administración deste blogue, damos as grazas aos amigos da Radio Principal, en especial a José Luis pola súa axuda e a colaboración con nós, para poder ampliar a nosa oferta informativa.
Se queredes escoitala en directo podedes facelo no 87.7 ou na web www.radioytele.es


ENTREVISTA A ALFONSO - 1ª XORNADA

23/9/16

O Vilalba F.S. viaxa a Bembrive na segunda xornada

Este sábado día 24, o Vilalba F.S. viaxa a Vigo para enfrontarse ao Mosteiro Bembibre F.S. O encontro será no Pavillón Municipal de Bembrive as 18:00.
Ambos equipos gañaron na primeira xornada os seus partidos, e intentarán conseguir os 3 puntos para seguir na parte alta da clasificación.
Let's go Peugeot!!


20/9/16

Fotos Vilalba F.S. - A Estrada Futsal

Fotos de María Roca, do partido da 1ª Xornada da 3ª División Nacional, entre o Vilalba F.S. e A Estrada Futsal.







18/9/16

O Vilalba F.S. comeza gañando e dando boa imaxe

O Vilalba Fútbol Sala comezou a tempada 16/17 gañando por 9 a 6 A Estrada Futsal.
O equipo de Alfonso e Luis deu unha imaxe moi boa, ainda que terá que correxir erros na defensa para non dar facilidades aos rivais.
Comezaron ben os vilalbeses con dous goles de Miguilla de falta, pero os visitantes remotaron o marcador.
Os locais non se rendiron e tomaron o mando do encontro con un gol de Nuno, outro de Álvaro e tres goles de Diego Fente dende o dobre penalti.
Na segunda os de A Estrada achegáronse con dous goles, máis Diego e Álvaro darían a tranquilidade para levar uns tres puntos, que valen para comezar gañando despois dunha tempadas sufrindo nas primeiras xornadas.

Vilalba F.S. 9: Iago, Roi, Jose López, Miguilla e Álvaro, -cinco inicial-, Tucho, Diego Fente, César, Freire, Nuno e Dani Martínez.
A Estrada Futsal 6: Hugo, Sergio, David, Pablo e Lozano, -cinco inicial-, Cesar, Simón, Ricardo, Jose, Martín, Julio e Eduado.
Árbitros: Pablo Coello Martínez, Roberto Amor Vizoso e Jose Prados Caamaño. Amoestaron con amarela a Diego Fente, César, Álvaro e Jose López no Vilalba. E na Estrada viron amarela Pablo, César, Simón, Eduardo e Lozano. Expulsaron por dobre cartón a Hugo.
Goles: 1-0 min. 0 Miguilla, 2-0 min. 3 Miguilla, 1-2 min. 4 Pablo, 2-2 min. 8 Eduado, 2-3 min. 10 Julio, 3-3 min. 15 Nuno, 4-3 min. 15 Álvaro, 5-3 min. 17 Diego Fente, 6-3 min. 17 Diego Fente, 7-3 min. 18 Diego Fente, 7-4 min. 23 Simón , 7-5 min. 24 Lozano, 8-5 min. 28 Diego Fente, 8-6 min. 30 Lozano, 9-6 min. 26 Álvaro.

16/9/16

Volta o FutSal a Vilalba

Este sábado as 19:00, volta o FutSal a Vilalba.
O equipo de Alfonso e Luis, debuta na liga 2016/2017, diante do A Estrada Futsal no Municipal.
Á espera da convocatoria, as fichaxes desta tempada, Tucho, Jose López, Álvaro, Diego Fente, César e Nuno, saltarán á pista coa camisola verde, acompañados de Iago, Luis, Miguilla, Dani Martínez, Roi, Freire e Paulo.
@s seareir@s vilalbeses teñen moitas gañas de voltar a ver ao seu equipo en competición ofcial, e agárdase unha boa entrada.

13/9/16

Dorsais dos xogadores do Vilalba F.S. para a tempada 16/17

Os xogadores do Vilalba Fútbol Sala, elexiron os dorsais para a tempada 2016/2017.
Este sábado saltarán á pista do Municipal, para enfrontarse contra A Estrada, no inicio da liga da Terceira División.

Os dorsais dos xogadores do primeiro equipo serán os seguintes:

1- Luis
4- Tucho
5- Dani
7- Jose López
8- Miguilla
9- Roi
10- Paulo
11- Álvaro
13- Iago
14- Freire
15- César
16- Nuno
17- Diego Fente

12/9/16

Vitoria por 2 a 1 no Memorial

Final no Memorial a Javier "Barbosa".
O Vilalba F.S. gañou 2-1 ao Xove F.S., con goles de Cesar e Diego Fente.
Para o vindeiro sábado comeza a liga. Let's go!

24/8/16

IV Memorial Francisco Javier González Vázquez

O sábado 10 de Setembro, celebrarase o IV Memorial Francisco Javier González Vázquez, no Pavillón Municipal de Vilalba.
O rival do Vilalba F.S. será o Xove F.S. da Segunda División B.
A entrada será de balde.


9/8/16

Comeza a pretempada 16/17

O martes 16 as 20:30 no Pavillón Municipal, botará a andar a pretempada para o primeiro equipo do Vilalba F.S.
Alfonso e Luis estarán á fronte dun plantel que conta con 4 novas caras, Tucho, Jose López, Álvaro e Diego Fente, que se unen as xa coñecidas de Iago, Luis, Miguilla, Joel, Sergio, Roi, Freire, Dani Martínez, Paulo e Vinicius.
Os vilalbeses comezarán a liga o 17 de setembro como locais contra a Estrada F.S.

5/8/16

Sorteo da Copa 2016/2017

Tamén se celebrou o sorteo da Copa.
A previa será o 8 de xaneiro.
O sorteo deparou que o Vilalba F.S. librara desta e accede directamente a cuartos.
O rival sairá do enfrontamento entre o Ribeira F.S. e o Santiago Futsal B. O encontro de cuartos será na casa dun destes equipos.


Calendario Terceira División 2016/2017

Aquí temos o calendario do Grupo I da Terceira División.
O Vilalba F.S. comeza a liga o 17 de Setembro na casa, contra A Estrada F.S., e o 9 de Abril remata como local contra o Santiago Futsal B.
A liga botará o peche o 16 de Abril, pero nesa xornada o Vilalba F.S. descansa. Tamén lle tocará descanso na xornada 13.

CALENDARIO TERCEIRA DIVISION

Composición do Grupo I da tempada 16/17

O Vilalba F.S. xa coñece aos clubes que participarán na Terceira División, na tempada 2016/2017.

A composición do Grupo I será a seguinte:

1. ACADEMIA REDBLUE 5 CORUÑA FUTBOL SALA
2. SANTIAGO FUTSAL "B"
3. CLUB POLIDEPORTIVO CASAS
4. C. D. RECECENDE F.S. "SUPERTI A PONTENOVA"
5. RIBEIRA F.S.
6. “GRI” CARBALLIÑO F.S.,
7. A ESTRADA FUTSAL
8. S.D. PAZOS DE BORBEN FUTBOL SALA
9. TALLERES ABC IES CORUXO F.S.
10. A.D. F.S. BUEU
11. VILALBA F.S. VALDESUSO PEUGEOT
12. CD. MOSTEIRO BEMBRIVE F.S.
13. SALA OURENSE 2014

A S C E N S O S:
Ao tratarse dun grupo inferior a 14 equipos, o campeón non terá dereito ao ascenso directo á Segunda División Nacional “B” e xogará una promoción de ascendo segundo o criterio que o Comité Nacional de Fútbol Sala determine para a citada tempada, e que será comunicado por dito Comité mediante circular unha vez finalizadas as competicións de tódolos grupos autonómicos.

D E S C E N S O S:
Descenderá a competición autonómica o clube clasificado no derradeiro posto.

3/8/16

Diego Fente, nova fichaxe

OFICIAL.- O Vilalba F.S. anuncia a fichaxe de Diego Fente.
Diego xogou a tempada pasada no Bastia da 1ª división francesa.
Natural de Monterroso, o xogador de  23 anos antes de emigrar, estivo no primeiro plantel do Prone Lugo, debutando na máxima categoría do Fútbol Sala.

Benvido Diego!


22/7/16

Confirmacións e baixas

OFICIAL.- O Vilalba F.S. segue perfilando o seu plantel, e o clube confirma a continuidade, unha tempada máis, de Iago, Luis, Dani, Freire, Miguilla, Vinicius, Paulo, Roi, Sergio e Joel.
Senén e Pelu son baixa, e únense á xa coñecida de Piña.

18/7/16

Álvaro é a terceira fichaxe

O Vilalba FS segue reforzándose para a vindeira temporada coa incorporación de Álvaro procedente do “Superti” A Pontenova F.S. de Terceira División.

O ala-pivote Álvaro Álvarez Vázquez, “Álvaro”, ten 20 anos e formouse nas categorías inferiores do Azkar Lugo desde prebenxamín ata chegar ao equipo de Primeira División. Nese tempo, no que tamén coincidía con Jose -outros dos reforzos do Vilalba FS para esta campaña- acadaba o título de “Campión de España” cadete.

A directiva do club está a traballar para pechar, nos vindeiros días, a plantilla con algunha outra fichaxe.


12/7/16

Miguilla seguirá un ano máis

A primeira nova sobre continuidades, é para Miguel Quintela "Miguilla", que seguirá unha tempada máis.
Será o cuarto ano que estará no plantel do Vilalba F.S.

8/7/16

Piña colga as zapatillas

Iago Vázquez "Piña" colga as zapatillas, e convértese na primeira baixa do Vilalba F.S., despois de 6 tempadas no equipo.
Foi un dos xogadores máis carismáticos e queridos pola afección vilalbesa, e chegou a convertírse nun referente para moitos, polo seu caracter e a súa entrega na pista.
Falamos con el, e esta é a súa despedida:

"Estarei eternamente agradecido ás diferentes directivas, corpo técnico, e xogadores cos que compartín vestiario".
"Fago unha mención especial a Alfonso, por confiar en min e facer que me sentira moi a gusto en Vilalba".
"Por suposto que non me podo esquecer da mellor afección, sobre todo do Frente Smokig".
"Foron 6 anos da miña vida donde intentei dar o mellor de min, e axudar en todo o posible ao equipo".
"E por último, Sempre Peugeot Vilalba! Sempre HV!".


Por cousas coma estas, sempre serás un grande.
GRAZAS POR TODO PIÑA!

Tucho e Jose López, primeiras fichaxes

Tucho e Jose López, convírtense nas primeiras fichaxes do Vilalba F.S., para a tempada 16/17. Ambos xogadores proceden do Esteo da 2ª B.

Tucho (1997) formouse nas categorías base do Esteo, dando despois o salto ao primeiro equipo.
Jose López (1996) estivo nas categorías inferiores do Prone Lugo, chegando ao equipo senior e debutando na 1ª División.

BENVIDOS!





4/7/16

Luis de Cospeito, novo membro do equipo técnico

OFICIAL.- Luis Vázquez, máis coñecido como Luis de Cospeito, volta ao Vilalba F.S. como membro do equipo técnico, para axudar a Alfonso González "Belga", que continuará por novena tempada.
Os ex-xogadores do histórico Hotel Villamartín, intentarán transmitir a súa experiencia, para afrontar este ano deportivo, de novo na Terceira División.
Sen dúbida a chegada de Luis, será unha inxeción de moral para @s seareir@s.

ESTAMOS DE VOLTA

Despois dun tempo sen poder actualizar a páxina, estamos de volta. Grazas por seguirnos!