24/9/13

GRADA V


O vindeiro 5 de Outubro, está previsto que saia á rúa o nº 0 de GRADA V.
GRADA V é un novo proxecto privado en forma de folleto deportivo, de periodicidade mensual, con información relacionada co Vilalba F.S. 
Poderase conseguir no primeiro partido do mes, que xogue como local o equipo senior, na entrada do Pavillón Municipal. Tamén está previsto a súa descarga dende o blog, facebook e twitter.

FACEBOOK GRADA V

4/9/13

5 ANOS DO VILALBA F.S.


O pasado día 30 de Agosto, o Vilalba F.S. cumpríu 5 anos.
Foron uns comezos duros, pero co respaldo da sociedade vilalbesa, foi posible levar outra vez o nome da vila por Galicia.
A parte do equipo senior, a creación do equipo xuvenil, serviu para darlle unha oportunidade a xuventude que quedara orfa. Na actualidade, sete destes rapaces forman parte do plantel do primeiro equipo.
Esperemos que esta nova andaina do fútbol sala na capital da Terra Chá, dure moitos anos.
Moitas grazas a tod@s!!