4/8/13

COMEZA A PRETEMPADA 13/14

Os equipos do Vilalba F.S. comezarán a pretempada para a semana que ven.

O equipo senior, dirixido un ano máis por Alfonso, e van 6, comezará o luns día 5 as 21:00 os adestramentos no Pavillón Municipal.
Coas únicas novidades dos porteiros Diego e Luis, que suben do equipo xuvenil nas altas do equipo. No apartado de baixas, hai que falar das de Luis ( trala retirada ), Chicharito ( O Parrulo ) e Ati que está a recuperarse da súa lesión de xeonllo.
Na vindeira semana agardase que se publique o calendario da 3ª División.

Por outra banda, os xuvenís comezarán a adestrar o mércores 7 as 18:30, tamén no Municipal.
Fernando Llano contará cun equipo renovado, que sairá un ano máis en Nacional.

No hay comentarios: