23/8/13

EXITO NO MEMORIAL DE JAVIER GONZALEZ

 
O Burela Pescados Rubén proclamouse campión do I Memorial Francisco Javier González Vazquez, ao gañar por 0-10 ao Peugeot Vilalba
Os goleadores burelaos foron: Matamoros (3), Miguel Moreno (2), Iago (2), Jorge Palacios (1), Hugo López (1) e Diego Maseda (1).
Nun encontro onde o resultado era o de menos, e se xuntaban dúas boas causas, como a homenaxe a Javier, e causa solidaria con Adrián, as bancadas do Municipal rozaron o cheo, e os donativos alcanzaron os 918€
Nas bancadas puideronse ver, ex-xogadores do Hotel Villamartín, o presidente, directivos e xogadores do Racing Villalbes, o alcalde de Vilalba, concelleiros do Concello de Vilalba, e xente relacionada co fútbol sala galego, entre outros.
Na recollida de firmas promovida polo Vilalba F.S., para que o Pavillón Municipal de Vilalba, pase a denominarse Pavillón "Francisco Javier González Vázquez", asinaron un total de 167 persoas. Os interesados en apoiar esta proposta poden colaborar coa súa firma en A Pravia ou nos partidos no pavillón.
 

14/8/13

EU SON FÚTBOL SALA! E TÍ?


Bota a andar nova campaña de captación de soci@s do Vilalba F.S., co eslogan EU SON FÚTBOL SALA! E TÍ? 
Este ano o prezo do carné será de 20€, e poderase renovar ou darse de alta, no Pavillón Municipal os días de partido, en A Pravia, no 31 do DEZ, ou falando cos membros da directiva.

9/8/13

MIGUILLA INCORPORASE AO VILALBA F.S.


Continúan chegando as fichaxes a Vilalba, pois onte incorporouse ao equipo o lucense Miguilla, de 29 anos.
O experimentado xogador que procede do Ribeira de Piquín, ven a reforzar o plantel despois da alta de Púas. Trátase dun ala-peche de calidade, que dará claridade e frescura na saída de balón.

Ficha técnica: 

Nome: Miguel Quintela Alonso
Nome Deportivo: Miguilla
Lugar de Nacemento: Lugo
Data de Nacemento: 11/08/1984
Demarcación: Ala-Peche
Traxectoria: 
Azkar Lugo Temp. 02/03 (División de Honor)
Estreliña de Verín Temp. 03/04 (División de Prata)
Estrada F.S. 04/05 (1ª A)
Azkar B 05/06 (1ª A)
Friesa Formentera 06/07 (1ª A)
Caloto 07/08 (1ª A)
Caloto 08/09 (1ª A)
Superti A Pontenova 09/10 (1ªA)
Superti A Pontenova 10/11 (1ª A)
Superti A Pontenova 11/12 (3ª División)
Ribeira de Piquín 12/03 (3ª División)

7/8/13

PUAS CONVIRTESE NA PRIMEIRA FICHAXE

Óscar Barro Fernandez "Púas", convirtese na primeira fichaxe do Vilalba F.S. para a tempada 2013/2014.
O xogador pontés de 30 anos que ven a reforzar o plantel de Alfonso, de cara o segundo ano na 3ª División, procede o CD As Pontes B.
Púas formouse nas categorías inferiores do As Pontes, e tamén formou parte da SDC Roupar e do CD Santaballes.


6/8/13

I MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZALEZ VAZQUEZ


O vindeiro sábado 17 de Agosto as 19:00, celebrarase o I Memorial Francisco Javier González Vázquez (Fundador do Vilalba F.S.) no Pavillón Municipal de Vilalba.
O anfitrión Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., recibirá ao Pescados Rubén Burela F.S. da Primeira División.
A entrada será de balde, pero agradeceríanse DONATIVOS PARA ADRIAN.


4/8/13

COMEZA A PRETEMPADA 13/14

Os equipos do Vilalba F.S. comezarán a pretempada para a semana que ven.

O equipo senior, dirixido un ano máis por Alfonso, e van 6, comezará o luns día 5 as 21:00 os adestramentos no Pavillón Municipal.
Coas únicas novidades dos porteiros Diego e Luis, que suben do equipo xuvenil nas altas do equipo. No apartado de baixas, hai que falar das de Luis ( trala retirada ), Chicharito ( O Parrulo ) e Ati que está a recuperarse da súa lesión de xeonllo.
Na vindeira semana agardase que se publique o calendario da 3ª División.

Por outra banda, os xuvenís comezarán a adestrar o mércores 7 as 18:30, tamén no Municipal.
Fernando Llano contará cun equipo renovado, que sairá un ano máis en Nacional.