15/7/13

CHICHARITO FICHA POR O PARRULO FERROL


O xa ex-xogador do Vilalba F.S., Óscar Pérez "Chicharito", acaba de fichar por O Parrulo Ferrol, que logrou recentemente o ascenso á 2ª División, e trala retirada de Luis Vázquez, convértese na segunda baixa do equipo.
Óscar foi unha peza clave no debú dos vilalbeses na 3ª División, e rematou a liga como segundo goleador dos de Alfonso.
Dende o clube desexarlle moita sorte nesta nova andaina, tanto no deportivo como no persoal.

8/7/13

CAMPIONS MEMORIAL RODRIGO MASEDA LOZANO


O Vilalba F.S. proclamouse campión na categoría xuvenil, do II Memorial Rodrigo Maseda Lozano, celebrado esta fin de semana en A Mariña, ao vencer na final ao Vigo 2015, por 4 a 2, con goles de Luka (3) e Abraham.
O vilalbés Luka, tamén foi elexido mellor xogador xuvenil do torneo.

Na fase de grupos os pupilos de Fernando Llano, gañaron o primeiro partido 3-2 ao Cidade de Viveiro, e perderon 3 a 1 contra o Vigo 2015.
En cuartos gañaron aos penaltis ao Troula, despois de empatar a cero goles.
En semifinais gañaron ao Burela por 3 a 2, despois de remontar un marcado adverso de dous goles.

4/7/13

MEMORIAL RODRIGO MASEDA LOZANO


Este fin de semana disputarase en A Mariña, o II Memorial Rodrigo Maseda Lozano, adicado ao Fútbol Sala Base.
O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba xogará o sábado a fase de grupos.
As 13:30 Cidade de Viveiro - Peugeot Vilalba F.S. ( Burela, Monte Castelo )
19:00 Peugeot Vilalba F.S. - Vigo 2015 ( Burela, Vista Alegre )