6/3/13

PERMANENCIA CONSEGUIDA



O Vilalba F.S. conseguiu a permanencia na Terceira División, despois da vitoria diante do Ribeira de Piquín por 6 a 7, no Municipal de Meira.
 Aitor (2), Luka (2), Piña (2) e Joel foron os goleadores vilalbeses.
A falla de sete xornadas para a finalización da liga, os pupilos de Alfonso certificaron o obxetivo da permanencia. Nunha tempada onde o plantel era curto, e as lesións foron continuas, o equipo non se veu abaixo. A inclusión nas convocatorias de xuvenís foron continuas, onde tiveron a oportunidade de debutar ata cinco xogadores ( Luka, Luis, Manu, Diego e Felipe ), sendo claves en algúns encontros.
Coa permanecia no peto, o Vilalba F.S. intentará mellorar na clasificación, para rematar o máis arriba posible, na súa primeira tempada na Terceira División.

A vindeira xornada o Peugeot Vilalba visita ao Xove. O encontro será este sábado 9 as 17:00 no Municipal de Xove.