13/1/13

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 4 ADFS BUEU 3

O Peugeot Vilalba comezou a segunda volta cunha vitoria diante do Bueu, nun encontro igualado.
Os vilalbeses aproveitaron dúas contras para levar o encontro, rematadas por Peón.
Destacar o debú do porteiro xuvenil Diego, que entrou no encontro no canto dun lesionado Isma, e tivo dúas paradas de mérito.
A vindeira xornada os de Alfonso visitan ao Leis Pontevedra.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 4: Isma, Roi, Aitor, Piña e Luis, -cinco inicial-, Chicharito, Luka, Peón, Joel e Diego.
ADFS BUEU 3: Hugo, Rafa, Pocho, Lea e Javi, -cinco inicial-, Juan, David, Adri, Mon e Berto.
Árbitros: Manuel Saa Mateo e Efrén Álvarez López. Amoestaron con amarela a Aitor no Vilalba. No Bueu viron cartón Juan, Mon e Adri.
Goles: 0-1 min. 3 Javi, 1-1 min. 6 Aitor, 2-1 min. 10 Peón, 3-1 min. 11 Chicharito, 3-2 min. 19 Pocho d.p., 3-3 min. 30 Pocho, 4-3 min. 31 Peón.

2 comentarios:

JESUS dijo...

Pra cando volveis a contar co rapaz que xoga co n° 6? Penso que de cara a recta final sería muy importante contar con el

Lupescu dijo...

Aínda non hai data para a volta de Iago, pero sería importante para o equipo tanto a súa volta como a de Ati, que tampouco ten data, e Isma que estará dúas semanas de baixa