20/12/12

XORNADA 14

O Valdesuso Peugeot Vilalba visita este sábado 22 as 16:00, ao Burela "B", no Pavillón de Vista Alegre, na antesala do partido da Primeira División entre o Burela e o Santiago Futsal.
Despois de gañar ao lider da Terceira, os de Alfonso intentarán puntuar diante do filial burelao.

O equipo xuvenil recibe o domigo 23 as 12:30, ao Santiago Futsal, no Municipal de Vilalba.

18/12/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 5 O ESTEO F.S. 4

 
Partidazo o vivido este sábado no Municipal de Vilalba, entre o Peugeot e O Esteo, onde a vitoria foi para os locais.
As gradas presentaron un cheo espectacular, cunha boa representación de seareiros ponteses.
Agradecer dende o clube, o apoio mostrado durante toda a tempada pola afección vilalbesa.
Os de Alfonso saíron con intensidade, e nos primeiros minutos dominaron e tiveron as ocasión máis claras, desbaratadas por un destacado Chotto.
Na primeira ocasión clara dos visitantes Gerardo marcaría.
No minuto 8 chegaría a explusión de Rubi, por dobre amarela, e os locais aproveitarían a superioridade para empatar o encontro, por medio de Luis.
Bolly de dobre penalti, adiantaría de novo aos de Diego Paz, e Luis empataría o encontro antes do descanso.
Na segunda metade, O Esteo tería o dominio nos primeiros minutos, pero aparecería Agus para salvar ao equipo.
Pelu no minuto 30 adiantaría de novo ao seu equipo, pero Chicharito poñería de novo as taboas no marcador.
Os dous últimos minutos sería de infarto. Luis remontaría o encontro faltando minuto e medio.
Os visitantes optarían polo 5 para 4. Aitor marcaría faltando 26 segundos, pero na seguinte xogada, Luka en propia porta, poñería máis emoción ao encontro.
Faltando un segundo Franín tivo a oportunidade de empatar, pero o seu disparo foi fora por pouco.

A vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Burela, sábado 22 as 16:00, no Pavillón de Vista Alegre, como antesala do partido de Primeira División entre o Burela e o Santiago Futsal.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 5: Agus, Roi, Aitor, Piña e Luis, -cinco inicial-, Luka, Chicharito, Peón e Paulo.
O Esteo F.S. 4: Chotto, Franín, Gerve, Rubi e Gerardo, -cinco inicial-, Pellón, Bolly, Pelu e Diego Pellón.
Árbitros: Diego Franco Veiga e David Castro Bermúdez. Amoestaron con amarela a Piña e a Luis no Vilalba. No Esteo viron cartón amarelo Bolly, Diego Pellón e Juan, e vermella ( dous cartóns ) Rubi.
Goles: 0-1 min. 6 Gerardo, 1-1 min. 9 Luis, 1-2 min. 15 Bolly d.p, 2-2 min. 18 Luis, 2-3 min. 30 Pelu, 3-3 min.32 Chicharito, 4-3 min.39 Luis, 5-3 min. 40 Aitor, 5-4 min. 40 Luka p.p.