26/11/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 4 EYPAR F.S. 3

Vitoria moi sufrida do Peugeot Vilalba, diante do EYPAR, no que quizais foi o peor partido da tempada dos vilalbeses.
Os de Alfonso recibían a un rival en postos de descenso, e con baixas importantes, entre as que se atopaban os porteiros melidenses. Carlitos ocuparía o posto baixo os paus.
Nun encontro cheo de imprecisións, os peor parados foron os seareiros que ateigaron o Municipal, e que tiveron que agardar ata o final para desfrutar da vitoria.
O partido empezaba ben para os locais, que por medio de Aitor abrirían o marcador. Pero os visitantes en vez de votarse abaixo, poñerían varias veces en apretos a Agus.
Faltando poucos segundo para o descanso Dani marcaría o empate.
Na segunda metade o partido voltaríase tolo, e as ocasións serían claras para ambos equipos.
O Melide poñeríase dúas veces por diante, pero a garra e a calidade do xuvenil Luka, e un inspirado Agus, serían clave para que os tres puntos quedaran en Vilalba.
Destacar tamén o debú do xuvenil Manu.
A vindeira xornada os vilalbeses visitan ao 5 Coruña.
Por outra banda, o equipo xuvenil perdeu 5 a 3 contra O Esteo, con goles de Tini, Manu e Felipe.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 4: Agus, Roi, Aitor, Piña e Joel, -cinco inicial-, Luis, Peón, Luka, Chicharito, Paulo e Manu.
EYPAR F.S. 3: Carlitos, Pérez, Sergi, Peke e Fer, -cinco inicial-, Dani, Manito, Xurxo e Javi.
Árbitros: María Corrochano Ibáñez e Manuel Dans Rey. Amoestaron con amarela a Aitor no Vilalba, e a Pérez no EYPAR.
Goles: 1-0 min. 7 Aitor, 1-1 min. 20 Dani, 1-2 min. 32 Xurxo, 2-2 min. 35 Luka, 2-3 min. 37 Fer, 3-3 min.37 Luka, 4-3 min.38 Peón.

1 comentario:

Tonecho dijo...

Felicidades pola andaina en 3. Felicidades polos siguidores, da gusto ir a un campo asi.
Felicidades polo bo traballo feito.
Vemonos no partido de regreso en Melide (traede os seguidores) e sorte toda a liga.
Coidade a Roberto, mereceo.
Un saudo a todo o equipo.