22/10/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 1 C.D. RECECENDE F.S. 2

 
Encontro disputado e igualado o visto este sábado no Municipal de Vilalba, entre dous equipos con distintas aspiracións.
Na primeira metade as ocasións máis clara dos vilalbeses tivéronas Ati e Aitor, e os visitantes tamén enviarían dous balóns aos paus, da meta de Isma.
Á volta dos vestiarios Roi adiantaría aos locais aproveitando un rexeite, a disparo de Chicharito. Puideron ampliar a súa contra, pero serían os da Pontenova os que levarían os tres puntos nos últimos cinco minutos.
O Vilalba intentaríao co cinco para catro, masi o marcador non se movería.
A vindeira xornada os de Alfonso visitan ao Coruxo, o sábado as 17:00.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 1: Isma, Méndez, Aitor, Piña e Ati, -cinco inicial-, Chicharito, Roi, Peón e Joel.
C.D. Rececende F.S. 2: Xoel, Josiño, Mario, Marcos e Diego, -cinco inicial-, Jairo, Antón, Pablo e Gago.
Árbitros: Carlos Suárez Blanco e David Castro Bermúdez ( Lugo ). Amoestaron con amarela a Méndez no Vilalba. Por parte do Rececende viron amarela Antón e Pablo.
Goles: 1-0 min. 25 Roi, 1-1 min. 35 Marcos, 1-2 min. 38 Gago.

15/10/12

PAZOS DE BORBEN 6 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 3


O Vilalba F.S. voltou de baleiro da súa visita ao Pazos, nun encontro onde os erros dos vilalbeses e o bo facer dos locais, decantou o encontro.
A primeira metade foi igualada, e os vilalbeses adiantaríanse mo marcador. O Pazos logo lle daría a volta ao partido cun 3 a 1.
Peón antes do descanso recurtaría distancias nun corner.
Na segunda os locais serían máis superiores, e a falta de definición e a boa actuación de Agus, fixo que se chegara ao final con opcións para os vilalbeses.
Co 4 a 3 Alfonso optaría polo porteiro-xogador, máis sería o Pazós o que mataría o encontro con dous novos goles.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibe ao Rececende as 16:00, no Municipal.

Pazos de Borbén 6: Bizza, Jacobo, Lito, Luis e Jony, -cinco inicial-, Rober, José, Borja e Esteban.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 3: Agus, Aitor, Ati, Piña e Méndez, -cinco inicial-, Chicharito, Isma Vázquez, Roi, Peón e Joel.
Árbitros: Daniel Dacal Dez e Álvaro García Freiría (Vigo). Amoestaron con amarela a Méndez no Vilalba.
Goles: Jacobo (3), Lito (2) e José polo Pazos, e Piña, Peón e Chicharito.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 5 A. LA JUNQUERA 3

O equipo xuvenil conseguíu a segunda vitoria da liga diante de La Junquera por 5 a 3, e comparte os postos de privilexio cos tres equipos favoritos, o Santiago Futsal, o Azkar e o Burela.
A primeira parte foi igualada e o marcador reflectía un empate a dous no descanso.
Á volta dos vestiarios os vilalbeses foron superiores e remataron gañando por 5 a 3.
Na vindeira xornada visitan ao Coruxo.

Xogaron e marcaron: Diego, Vinicius (2), Isma, Dieguito (1), Manu (2), Marcos, Rubén, Tini e Luis.

13/10/12

XORNADA 5

Este sábado 13 de Outubro, o equipo senior visita ao Pazos de Borbén, para disputar a quinta xornada as 19:00.
Os de Alfonso tratarán de traer os tres puntos, para seguir escalando posicións, diante dun dos favoritos da categoría, e que vai terceiro na clasificación.
O domingo os xuvenís reciben ao Automociones La Junquera, as 12:30 no Municipal de Vilalba. No seu debú diante da afección vilalbesa, estrearán a nova equipación.

Os rapaces de Fernando Llano seguen coa sua adaptación á categoría, e despois da súa vitoria contra o Narón, enfrentaranse aos de Vilagarcía que na primeira xornada perderon como locais, diante do Coruxo.

8/10/12

CIDADE DE NARÓN 0 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 2

O equipo xuvenil do Vilalba F.S. gañou o primeiro partido de liga na súa visita ao Cidade de Narón, con dous goles na primeira parte.
Dieguito e Vinicius foron os autores dos tantos.
O vindeiro domingo as 12:30 reciben ao Automociones La Junquera.


Cidade de Narón F.S. 0: Ángel, Jose, Martín, Pablo e Borja, -cinco
inicial-, Julio, Cristian, Adrián e Oscar.
Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 2: Diego, Isma, Dieguito, Manu e
Vinicius, -cinco inicial-, Tini, Marcos, Rubén e Luis.
Árbitros: Roberto Amor Vizoso e Rocio Ruano Melón (Ferrol). Amoestaron
con amarela a Borja no Narón. No Vilalba viu amarela Rubén.
Goles: Dieguito e Vinicius polo Vilalba

7/10/12

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. 5 U.V. VENTORRILLO F.S.3

 
Segunda vitoria da tempada para o Vilalba F.S.,  nun encontro emocionante para unha bancada chea e con moitas ocasións, onde estiveron destacados os porteiros de ambos equipos,
A primeira parte estivo igualada, con goles e oportunidades claras para ambos. Empezarían marcando os coruñeses, pero os locais darían a volta ao marcador en poucos minutos.
Ao descanso chegaríase cun apretado 3 a 2.
Na segunda metade os de Alfonso marcarían dous goles máis por medio dos bigoleadores Aitor e Chicharito. O gol dos visitantes viría nun erro defensivo.
Coa expulsión de Piña, o Vilalba defendeu moi ben e o Ventorrillo non foi quen de marcar.
Xa con porteiro-xogador chegou a expulsión de Pablo a falta de minuto e medio, e os vilalbeses adicaronse a tocar o coiro.
Na vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Pazos de Borbén.

Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. 5: Agus, Méndez, Aitor, Piña e Ati, -cinco inicial-, Luis, Roi, Chicharito, Joel e Peón.
U.V. Ventorrillo F.S. 3: Alex, Eduardo, Alán, Pablo e Borja, -cinco inicial-, Alberto, Fernando, Juan e Jorge.
Árbitros: Diego Franco Veiga e Efrén Álvarez López ( Lugo ). Amoestaron con amarela a Joel e Luis, e con vermella a Piña ( dúas amarelas) no Vilalba. Por parte do Ventorrillo viron amarela Eduardo e Pablo vermella.
Incidencias: Gardouse un minuto de silencio, polo falecemento da socia do Vilalba F.S., Almudena Millor.
Goles: 0-1 min. 1 Eduardo, 1-1 min. 3 Alán p.p., 2-1 min. 4 Aitor, 3-1 min.9 Chicharito, 3-2 min. Juan, 4-2 min. 25 Aitor, 5-2 min. 27 Chicharito, 5-3 min. 29 Alán.