30/10/11

XORNADA 5

O Discoteca Troco Vilalba F.S. visita este martes día 1 as 19:30, ao Jogafán Ordes F.S.
Os vilalbeses buscarán unha nova vitoria, que lles permita seguir na terceira posición.

29/10/11

CONCELLO DE GUITIRIZ 7 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 4

O equipo xuvenil perdeu por 7 a 4, diante do Guitiriz.
Xogaron: Luis, Vinicius, Rus (1), Roi, Tini (2), Diego (1), Marcos, Avelino e Rubén.

28/10/11

XORNADA 3 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. visita Guitiriz este sábado día 29 as 20:00, para xogar o primeiro derbi de proximidade diante do equipo de Maradona.
Os vilalbeses interán acadar unha vitoria para seguir nas primeiras posicións da liga.

23/10/11

S.I. OUTEIRO DE REI 0 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 4

Vitoria clara do Discoteca Troco, que nunha boa primeira metade foi para os vestiarios co marcador de 0 a 3.
Os vilalbeses marcarían rápido o primeiro gol, e os locais comezaron coa presión arriba, pero os de Alfonso non tiveron moitos problemas para saír dela. O Outeiro tivo a ocasión máis clara faltando un minuto, enviando un balón á madeira.
Na segunda metade os visitantes defenderon con moita intensidade, e cando tiñan oportunidade saían á contra. Un novo gol de Pequecho faltando 5 minutos, daba algo de tranquilidade.
Os de Outeiro intentaríano co cinco para catro, máis o marcador non se movería.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. visita ao Jogafán Ordes F.S., o martes día 1 de Novembro.

S.I. Outeiro de Rei 0: Benjamín, Brais, Diego, Xaime e Adrián, -cinco inicial-, David, Alvaro, Vazquez, Cereijo, Lucas e Pedro.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 4: Agus, Pequecho, Ati, Piña e Aitor, -cinco inicial-, Sergio, Roi, Peón e Chetos.
Árbitros: Nino Sivarrey Vilar e José Abuín Arrollo. Amoestaron con amarela a Xaime e a Cereijo, e con vermella a Pedro por parte do Outeiro. No Vilalba Pequecho viu amarela.
Goles: 0-1 min. 2 Pequecho, 0-2 min. 6 Aitor, 0-3 min. 16 Peón, 0-4 min. 35 Pequecho.

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S.6 C.P. CASÁS 6

O equipo xuvenil do Discoteca Troco empatou a seis goles co Casás.
Nos vilalbeses xogaron: Luis, Vinicius (2), Rus (2), Diego (1), Tini, José, Nuno, Rubén (1), Marcos, Manuel e Avelino.

20/10/11

XORNADA 4

O Discoteca Troco Vilalba F.S. xogará como visitante este sábado día 22 as 18:00, no Pavillón Municipal de Outeiro, contra o S.I. Outeiro de Rei.
Os dous equipos suman os mesmos puntos, e prevese un encontro compricado, contra un rival que dos seis enfrontamentos anteriores gañou cinco.

XORNADA 2 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S., recibe este sábado día 22 as 17:00, ao C.P. Casás, no Pavillón Municipal de Vilalba.
Ambos equipo gañaron os seus encontros, na primeira xornada de liga.

15/10/11

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3 CONCELLO DE ARZUA 0


Vitoria moi traballada do Vilalba, fronte dun equipo con moito oficio como é o Arzúa.
Os primeiros vinte minutos foron pouco vistosos, e chegouse ao descanso con empate a cero, con ocasións máis claras para os locais.
Aos tres minutos da segunda metade, Pequecho inauguraría o marcador, e o Arzúa comezaría a apertar coa presión.
Aitor faltando seis minutos daría algo de tranquilidade, e Joel nunha boa combinación con Pequecho poñería o definitivo 3 a 0.
Os visitantes intentaríano con cinco para catro, pero os vilalbeses defenderían ben.
Na vindeira xornada o Disco Troco visita ao Outeiro que ven de gañar ao Casás por 6 a 7.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 1523.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Chetos, Pequecho, Ati, Piña e Aitor, -cinco inicial-, Roi, Ivo, Sergio, Peón e Joel.
Concello de Arzúa 0: Guti, Javier, David, Carlos e Marcos, -cinco inicial-, Fernando, Gonzalo, Moscoso e García.
Árbitros: José Abuín Arrojo e José Manuel Gómez Arias. Amoestaron con amarela a Pequecho, Ivo e Sergio, por parte do Vilalba. No Arzúa amoestaron con amarela a Guti, e con vermella a Javier ( dúas amarelas ).
Goles: 1-0 min. 23 Pequecho, 2-0 min. 34 Aitor, 3-0 min. 37 Joel.

OS MEIGALLOS F.S. 7 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 9

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S. debutou na liga cunha vitoria como visitante, diante de Os Meigallos de Sarria.
Nos vilalbeses xogaron: Tomás, Avelino (1), Diego, Tini (5), Vinicius (2), Alberto, Manuel (1), Jose, Nuno e Rubén.

13/10/11

XORNADA 3

O Discoteca Troco Vilalba F.S. recibe este sábado día 15 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Concello de Arzúa.
Os vilalbeses interán sumar os tres puntos, para achegarse aos postos de privilexio.

XORNADA 1 XUVENIL

O equipo xuvenil do Discoteca Troco Vilalba F.S., comeza este sábado día 15 a Liga Autonómica como visitante na localidade de Sarria.
Na primeira xornada os vilalbeses enfrontaranse a Os Meigallos F.S. no Pavillón Municipal José Mario González, as 18:00.

9/10/11

F.S. ALAMEDA XARIO 8 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3


Partido para esquecer do Discoteca Troco, onde hai que corrixir erros para o futuro.
Na primeira metade os de Miño colleron unha e outra vez as costas aos vilalbeses, e de non ser por Chetos a diferenza no marcador podía ser maior.
O Xarío cometía a quinta falta faltando oito minutos, pero os colexiados non pitaron ningunha falta máis a favor dos de Alfonso, aínda que houbo tres bastante claras.
Na segunda metade outro erro sería aproveitado por Francisco para poñer o 4 a 1, e despois con porteiro-xogador os visitantes non foron efectivos, e nun mal minuto encaixaría tres goles.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibe ao Concello de Arzúa, que ven de empatar como local contra o Casás.

F.S. Alamadea Xarío 8: Iván, Francisco, Aitor, Daniel e Alberto, -cinco inicial-, Javier, David e Juan.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Chetos, Pequecho, Aitor, Ati e Piña, -cinco inicial-, Sergio, Luis, Ivo, Peón e Roi.
Árbitros: Manuel Dans Rey e David Ruiz Piñeiro. Amoestaron con amarela a Aitor, por parte do Xarío, e a Ati e Sergio no Vilalba.
Goles: 1-0 min. 2 Aitor, 2-0 min. 8 Alberto, 2-1 min. 10 Javier p.p., 3-1 min. 19 Aitor d.p., 4-1 min. 25 Francisco, 5-1 min. 35 Francisco, 6-1 min. 35 Daniel, 7-1 min. 35 Daniel, 7-2 min. 36 Aitor, 7-3 min. 38 Pequecho, 8-3 min. 40 Alberto.

6/10/11

XORNADA 2

O Discoteca Troco Vilalba F.S. xoga este sábado día 8 as 17:00, no Pavillón Municipal de Miño o segundo partido de liga, no que se enfrontarán ao F.S. Alameda Xarío.

Os vilalbeses veñen de gañar por 5 a 0 ao La Crema, e os de Miño de perder a domicilio contra o Casás.

PLANTEL TEMPADA 2011/2012

Arriba, e de esquerda a dereita: Miloso, Peón, Ati, Alfonso (Adestrador), Aitor, Roi e Luis.
Abaixo, e de esquerda a dereita: Isma, Joel, Piña, Pequecho, Agus, Paulo, Ivo, Sergio e Chetos.

1/10/11

DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 5 LA CREMA BAR ARRANCA 0



Vitoria contundente do Discoteca Troco, diante dun La Crema, que apenas puxo en perigo aos porteiros locais.
Na primeira metade os vilalbeses aproveitarían dúas xogadas de estratexia, para poñerse por diante no marcador e marchar ao descanso con dous goles de vantaxe.
Á volta dos vestiarios os de Alfonso, resolverían o encontro con outros tres tantos.
Bo partido dos locais que comezan a liga gañando, e coa moral alta para o vindeiro encontro contra o recén ascendido Xarío.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 1498.

Discoteca Troco Vilalba F.S. 5: Agus, Pequecho, Ati, Piña e Aitor, -cinco inicial-, Sergio, Roi, Luis, Ivo, Chetos, Peón e Joel.
La Crema Bar Arranca 0: Victor, Ángel, Juan, Fidel e Adrián, -cinco inicial-, Rubén, Sergio, Francisco, Alberto, e Iván.
Árbitros: Nino Silvarrey Vilar e José Abuín Arrojo. Amoestaron con amarela a Fidel, Victor e Sergio, e ao auxiliar Rozas con vermella por parte do La Crema.
Goles: 1-0 min. 10 Pequecho, 2-0 min. 11 Aitor, 3-0 min. 28 Aitor, 4-0 min. 29 Peón, 5-0 min. 31 Roi.