28/3/11

LA CREMA BAR ARRANCA 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 1

O Peugeot volveu de Negreira cunha derrota, nun encontro no que unha vez máis se repetiu o mesmo argumento: o rival aproveita os erros, e os vilalbeses non transforman en gol as ocasións que teñen.
A primeira metade comezou con dominio visitante, pero a medida que avanzaban os minutos, a presión do La Crema foi máis efectiva. Os locais marcarían dous goles, chegando ao descanso con esa vantaxe.
Á volta dos vestiarios o Peugeot recortaría distancias cun gol de Nico, pero o conxunto negreirés marcaría dous máis, deixando o marcador co definitivo 4 a 1.
Na vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Pub Flanagan's Xove F.S.

La Crema Bar Arranca 4: Carlos, Juan (1), Angel, Francisco e Alberto, -cinco inicial-, Fidel, Mario (1) e Adrián (2).
Peugeot Vilalba F.S. 1: Alex, Aitor, Ati, Piña e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Hugo, Manu, Nico (1), Paulo, e Sergio.
Árbitros: José Rei Iglesias e Anxo Rei Iglesias (Delegación de Santiago).

A. LOBELLE DE SANTIAGO F.S. 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. empatou a catro, na súa visita ao A. Lobelle de Santiago F.S.
Na vindeira xornada visita ao C.P. Casás, co obxetivo de acadar unha vitoria, para intentar rematar a liga no segundo posto, agardando que o Carballiño non gañe na súa visita ao Coruxo.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O TROULA

Sergio 26%
Ati 10%
Hugo 10%
Manu 10%
Nico 10%
Pequecho 10%
Alex 5%
Paulo 5%
Piña 5%
Roberto 5%
Agus 0%
Aitor 0%

Votos totais: 19

25/3/11

XORNADA 25

O Peugeot Vilalba F.S. viaxa este sábado día 26 a Negreira, para enfrontarse ao La Crema Bar Arranca.
O encontro disputarase as 18:00, no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa.

XORNADA 21 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba Fútbol Sala, visita este domingo día 27 as 12:00Compostela, para enfrontarse ao A. Lobelle de Santiago F.S.
O encontro disputarase no Pavillón de Santa Isabel.

24/3/11

CLASIFICACIÓN ACTUALIZADA

A Federación Galega de Fútbol Sala, actualizou a clasificación da Autonómica Norte, logo da retirada da competición do Burela Turística, quedando así:

21/3/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 TROULA F.S. 1

O Peugeot conseguiu os tres puntos nun encontro pouco vistoso para os seareiros, diante dun Troula demasiado defensivo.
Nunha primeira metade moi aburrida con escasas ocasións, os visitantes adiantaríanse por medio de Alfonso, e Roberto a falta de un minuto para o remate marcaría o empate.
Á volta dos vestiarios, Sergio daríalle a volta o encontro, e xa Aitor co Troula xogando con porteiro-xogador pero con nulo efecto, marcaría o terceiro para os vilalbeses.
Na vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao La Crema Bar Arranca.

Peugeot Vilalba F.S. 3: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Piña, -cinco inicial-, Alex, Hugo, Jose, Manu, Paulo, Piña e Sergio.
Troula F.S. 1: Adrián, Rubén, Santiago, Campano e Lorenzo, -cinco inicial-, Ricardo, Cristobal, Alfonso, e Fernando.
Árbitros: Nino Silvarrey e Ismael González.
Goles: 0-1 min. 9 Alfonso, 1-1 min. 19 Roberto, 2-1 min. 24 Sergio, 3-1 min. 39 Aitor.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O BOQUEIXÓN

Manu 29%
Pequecho 17%
Ati 11%
Hugo 11%
Nico 11%
Fiter 5%
Jose 5%
Paulo 5%
Agus 0%
Aitor 0%
Piña 0%
Sergio 0%

Votos totais: 17

18/3/11

XORNADA 24

Por mor do FIV ( Lori Meyers, We Are Standard, Triángulo de Amor Bizarro, Munich, EME), temos que trasladarnos á veciña As Pontes para xogar o encontro da xornada 24, que nos vai enfrontar ao Troula F.S. de Betanzos.
O encontro comezará as 17:30, e disputarase no Pavillón Municipal pontés.

16/3/11

RETIRADA DO BURELA TURÍSTICA

A Federación Galega de Fútbol Sala publica na súa web a retirada da competición do Burela Turística:

Convocado el Juez de Competición de la Federación Gallega de Fútbol Sala, para resolver sobre las incidencias ocurridas en los encuentros de referencia, examinadas las actas de los mismos, así como los demás elementos probatorios pertinentes y vistas la la Ley 11/1997 General del Deporte de Galicia, el Real-Decreto 1591/1992 de Disciplina Deportiva, el Reglamento Disciplinario de la Federación Gallega de Fútbol Sala y demás normas de aplicación, en virtud de los preceptos que se citan, RESUELVE:

RETIRADA DEL CLUB S.C.D.R. PALESTINA (BURELA TURÍSTICA)
Vista la comunicación remitida por la que se anuncia la retirada de la competición, sancionar al club S.C.D.R. Palestina (Burela Turística) con exclusión de la competición, DESCENSO automático de categoría, imposibilidad de ascenso en la temporada siguiente y multa de 150 en aplicación de los artículos 23.4 y 23.5 del Reglamento Disciplinario. Asimismo, en aplicación del art. 101 de la Normativa de Competición, se anulan y dejan sin efecto los partidos disputados por dicho club a efectos de clasificación, no adjudicándose ni los puntos ni los goles de los mismos a ningún equipo.

Frente a esta resolución podrán los interesados interponer recurso ante el Comité de Apelación de la Federación Gallega de Fútbol Sala en el plazo máximo de diez días hábiles, a contar desde el siguiente a aquél en que se hubiera recibido su notificación.

En A Coruña, a 16 de marzo de 2011



EL JUEZ DE COMPETICION
Rafael Alonso Martínez

14/3/11

BOQUEIXÓN F.S. 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Despois de cinco xornadas conseguindo a vitoria, o Peugeot non foi quen de traer os tres puntos de Boqueixón, a pesar de ter unha morea de ocasións, pero entre a excelente actuación do porteiro Miguel, os cinco paus, e o desatino á hora da finalización, os vilalbeses volveron cun sabor amargo.
Na primeira metade as ocasións para un e outro equipo foron moitas, mais os locais aproveitarían mellor as súas. Ao descanso chegouse co marcador de 4 a 2 á prol do Boqueixón.
Na segunda metade dominou máis o equipo de Alfonso, pero non chegaban os goles. Faltando sete minutos intentouno con porteiro-xogador, sen conseguir remontar o encontro.
Na vindeira xornada o encontro contra o Troula, xogarase no Pavillón de As Pontes, pois o de Vilalba non está dispoñible pola celebración do FIV.

Boqueixón F.S. 6: Miguel, Victor, Fernando, Julián e David, -cinco inicial-, Enrique, Alberto e Silva.
Peugeot Vilalba F.S. 3: Fiter, Aitor, Ati, Jose e Pequecho, -cinco inicial-, Agus, Hugo, Manu, Nico, Paulo, Piña, e Sergio.
Árbitros: Jose Ángel Vilas Martínez e Anxo Rei Iglesias (Delegación de Santiago) . Amoestaron con amarela a Victor e a Julián por parte do Boqueixón, mentras que no Peugeot, amoestaron con amarela a Piña e a Sergio.
Goles: 1-0 min. 4 Victor, 2-0 min. 9 Victor, 2-1 min. 10 Pequecho, 3-1 min. 15 Fernando, 4-1 min. 17 Fernando, 4-2 min.18 Hugo, 5-2 min. 33 David, 5-3 min. 39 Sergio, 6-3 min. 40 Victor.

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 A.C.D. AS TORRES 7

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 3 a 7 contra o A.C.D. As Torres, no encontro correspondente á xornada 20 da Autonómica Xuvenil de Fútbol Sala.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O CASTRO

Hugo 50%
Alex 20%
Ati 10%
Checo 10%
Jose 5%
Sergio 5%
Agus 0%
Aitor 0%
Paulo 0%
Pequecho 0%
Piña 0%
Roberto 0%

Votos totais: 20

11/3/11

XORNADA 23

O Peugeot Vilalba F.S. xoga como visitante contra o Boqueixón F.S., este sábado día 12 as 20:00, no Complexo Deportivo de O Forte.
No encontro da primeira volta, os vilalbeses gañaron por 8 a 1.

XORNADA 20 XUVENIL

O Peugeot Vilalba F.S. Xuvenil recibe este sábado día 12 as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao A.C.D. As Torres.

7/3/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 C.F.S. CASTRO 3

Con máis dificultades das previstas, o Peugeot gañou por 6 a 3 ao último clasificado da autonómica, o C.F.S. Castro.
Tardaron os vilalbeses en marcar o primeiro gol, pero souberon gardar paciencia nun encontro pouco vistoso para o afeccionado.
Ao descanso os locais marchaban gañando por 3 a 1, pero podían levar unha renda máis grande.
Á volta dos vestiarios Sergio ampliaba a vantaxe, pero cando o encontro parecía encarrilado, o visitante Juan facía dous tantos para axustar o marcador 4 a 3.
Nos últimos minutos, Jose e Hugo, que facía o terceiro na súa conta particular, liquidaban a un Castro que ten moi complicada a permanencia na categoría.
Na vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Boqueixón F.S.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 250.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 600.

Peugeot Vilalba F.S. 6: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Alex, Checo, Hugo, Jose, Paulo, Piña e Sergio.
C.F.S. Castro 3: Carlos, Hector, Juan, Marcos e Julio, -cinco inicial-, Iván e Diego.
Árbitros: José Abuín Arroyo e Nino Sivarrey Vilar.
Goles: 1-0 min. 11 Pequecho, 1-1 min. 12 Julio, 2-1 min. 15 Hugo, 3-1 min. 17 Hugo, 4-1 min. 23 Sergio, 4-2 min. 28 Juan, 4-3 min. 32 Juan, 5-3 min. 36 Jose, 6-3 min. 37 Hugo.

CIDADE DE VIVEIRO 1 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. gañaron por 1 a 3, ao Cidade de Viveiro.

5/3/11

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O MELIDE

Aitor 29%
Alex 16%
Nico 16%
Hugo 12%
Pequecho 8%
Agus 4%
Checo 4%
Jose 4%
Roberto 4%
Piña 0%
Sergio 0%

Votos totais: 24