9/10/11

F.S. ALAMEDA XARIO 8 DISCOTECA TROCO VILALBA F.S. 3


Partido para esquecer do Discoteca Troco, onde hai que corrixir erros para o futuro.
Na primeira metade os de Miño colleron unha e outra vez as costas aos vilalbeses, e de non ser por Chetos a diferenza no marcador podía ser maior.
O Xarío cometía a quinta falta faltando oito minutos, pero os colexiados non pitaron ningunha falta máis a favor dos de Alfonso, aínda que houbo tres bastante claras.
Na segunda metade outro erro sería aproveitado por Francisco para poñer o 4 a 1, e despois con porteiro-xogador os visitantes non foron efectivos, e nun mal minuto encaixaría tres goles.
A vindeira xornada o Vilalba F.S. recibe ao Concello de Arzúa, que ven de empatar como local contra o Casás.

F.S. Alamadea Xarío 8: Iván, Francisco, Aitor, Daniel e Alberto, -cinco inicial-, Javier, David e Juan.
Discoteca Troco Vilalba F.S. 3: Chetos, Pequecho, Aitor, Ati e Piña, -cinco inicial-, Sergio, Luis, Ivo, Peón e Roi.
Árbitros: Manuel Dans Rey e David Ruiz Piñeiro. Amoestaron con amarela a Aitor, por parte do Xarío, e a Ati e Sergio no Vilalba.
Goles: 1-0 min. 2 Aitor, 2-0 min. 8 Alberto, 2-1 min. 10 Javier p.p., 3-1 min. 19 Aitor d.p., 4-1 min. 25 Francisco, 5-1 min. 35 Francisco, 6-1 min. 35 Daniel, 7-1 min. 35 Daniel, 7-2 min. 36 Aitor, 7-3 min. 38 Pequecho, 8-3 min. 40 Alberto.

No hay comentarios: