29/9/11

COLABORA CO VILALBA F.S.

Colabora co Vilalba F.S. e merca a bufanda e o pin do equipo.

Conxunto bufanda e pin = 12 euros
Bufanda = 10 euros
Pin = 5 euros



26/9/11

XORNADA 1

O Discoteca Troco Vilalba F.S. xoga este sábado día 1 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba o primeiro partido da liga 2011/2012, no que os vilalbeses se enfrontarán ao La Crema Bar Arranca.
Os de Negreira quedaron terceiros o ano pasado, e arrancan a tempada como un dos favoritos a acadar o ascenso á Terceira División. O La Crema gañou os dous encontros do ano pasado fronte os vilalbeses ( 2-5 en Vilalba, e 4-1 en Negreira ).

21/9/11

AMIGABLE CONTRA O RIBEIRA

O Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu no amigable contra o Ribeira F.S., por 2 a 3. Sergio e Aitor foron os goleadores

AMIGABLE CONTRA O CASÁS XUVENIL

O Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu no amigable contra o C.P. Casás, por 6 a 4. Tini (2), Manuel e Rus foron os goleadores.

20/9/11

EQUIPOS AUTONÓMICA XUVENIL

Discoteca Troco Vilalba F.S.
Os Meigallos F.S.
Troul F.S.
Carballiño F.S.
Conc. Guitiriz- Auto. Muiños
Baralla F.S.
C.P. Casás
Ventorrillo Sidiplus
Coinasa Ourense F.S.
A. Lobelle de Santiago F.S.
Vigo 2015 F.S.
O Parrulo Ferrol F.S.


O Discoteca Troco Vilalba F.S. comezará a liga o 15 de Outubro, visitando a Os Meigallos F.S.

17/9/11

AMIGABLE CONTRA O XOVE

O Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu 2-1 no amigable contra o Pub Flanagans Xove F.S.
Ledo marcou para os vilalbeses.

11/9/11

AMIGABLE CONTRA O CIDADE DE VIVEIRO

O Discoteca Troco Vilalba F.S. perdeu 1-3 no amigable contra o Cidade de Viveiro. Roi marcou para os vilalbeses.

9/9/11

AMIGABLE CONTRA O CALOTO

O Discoteca Troco Vilalba F.S. acadou a vitoria no amigable contra o Muebles Caloto, por 2 a 0, con goles de Luis e Roi.

4/9/11

CAMPIÓNS TROFEO SAN RAMÓN

O Discoteca Troco Vilalba F.S. gañou na categoría senior e xuvenil, o Trofeo San Ramón de Fútbol Sala 2011.
O equipo senior gañou por 6 a 4 a O Esteo F.S., con goles de: Luis, Paulo, Joel, Iván, Aitor e Sergio.
E o equipo xuvenil gañou nos penaltis ao Baralla F.S., despois de empatar a catro o encontro, cos bigoleadores Rus e Tini.