28/6/11

FORO DO VILALBA F.S.

Dende o día de hoxe está activado o foro do Vilalba F.S.
Podedes acceder a el dende esta páxina ou ben dende a dirección http://vilalbafs.foroactivo.com/
Esperamos que participedes activamente.

27/6/11

SUBCAMPIÓNS COPA XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. acadaron o subcampionato da Copa Xuvenil Autonómica 2010/2011, rematando unha gran tempada, logo de acadar a terceira posición na liga.
O equipo dirixido por Fernando, non puido co Concello de Guitiriz, que acadou a vitoria por 7 a 4.

22/6/11

FINAL DA COPA XUVENIL 10/11


Este sábado día 25 as 19:00 no Pavillón Municipal de Guitiriz, o equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., xoga a final da copa diante do Concello de Guitiriz.
Animámosvos a acudir ao partido, e se podedes difundir o evento, pois necesitamos TODO O APOIO na bancada. Os rivais ademais de xogar na casa, están de festas no concello, e teran os seareiros asegurados.
Contra vento e marea, FORZA PEUGEOT!!
MOITAS GRAZAS

6/6/11

O EQUIPO XUVENIL NA FINAL DA COPA

Os xuvenis do Peugeot Vilalba F.S. disputarán a final da copa, a pesar de perder 2 a 1 no encontro de volta das semifinais contra o Carballiño ( no partido de ida gañaran 6-4 ).
O rival dos vilalbeses será o Concello de Guitiriz, vixente campión de liga.