19/4/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 CONCELLO DE ARZÚA 4


O Peugeot desperdiciou unha renda de dous goles, e unha moera de ocasións diante do Arzúa, para rematar perdendo no derradeiro minuto do encontro.
a primeira metade tivo dominio alterno de ambos equipos, e o marcador reflectiu empate a un.
Na saída de vestiarios, os vilalbeses saíron máis metidos, e remontaron o partido marcando dous goles. Puido vir unha goleada, pero a mala puntería dos locais, foi aproveitada polos arzuáns, que nos últimos tres minutos, voltearon o resultado poñéndoo ao seu favor.
Na vindeira xornada o Peugeot visita ao Outeiro de Rei. Na primeira volta os vilalbeses perderon por 2 a 6.

Peugeot Vilalba F.S. 3: Fiter, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Alex, Hugo, Jose, Nico, Paulo e Sergio.
Concello de Arzúa 4: Marcos, Javier, Portas, Carlos e Daniel, -cinco inicial-, Méndez, e Cristian.
Árbitros: Manuel Saa Mateo e Ismael Gómez Vila.
Goles: 0-1 min. 3 Javier, 1-1 min. 5 Roberto, 2-1 min. 24 Aitor, 3-1 min. 31 Sergio, 3-2 min. 36 Daniel, 3-3 min. 38 Javier, 3-4 min. 40 Daniel.

No hay comentarios: