30/4/11

XORNADA 29

O Peugeot Vilalba F.S. xoga este sábado día 30 as 19:00, no Pavillón Municipal de Outeiro de Rei, contra o S.I. Outeiro de Rei.
No encontro da primeira volta os vilalbeses perderon por 3 a 6.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O ARZÚA

Sergio 30%
Alex 20%
Hugo 20%
Aitor 10%
Nico 10%
Roberto 10%
Ati 0%
Fiter 0%
Jose 0%
Paulo 0%
Pequecho 0%

Votos totais: 10

19/4/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 CONCELLO DE ARZÚA 4


O Peugeot desperdiciou unha renda de dous goles, e unha moera de ocasións diante do Arzúa, para rematar perdendo no derradeiro minuto do encontro.
a primeira metade tivo dominio alterno de ambos equipos, e o marcador reflectiu empate a un.
Na saída de vestiarios, os vilalbeses saíron máis metidos, e remontaron o partido marcando dous goles. Puido vir unha goleada, pero a mala puntería dos locais, foi aproveitada polos arzuáns, que nos últimos tres minutos, voltearon o resultado poñéndoo ao seu favor.
Na vindeira xornada o Peugeot visita ao Outeiro de Rei. Na primeira volta os vilalbeses perderon por 2 a 6.

Peugeot Vilalba F.S. 3: Fiter, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Alex, Hugo, Jose, Nico, Paulo e Sergio.
Concello de Arzúa 4: Marcos, Javier, Portas, Carlos e Daniel, -cinco inicial-, Méndez, e Cristian.
Árbitros: Manuel Saa Mateo e Ismael Gómez Vila.
Goles: 0-1 min. 3 Javier, 1-1 min. 5 Roberto, 2-1 min. 24 Aitor, 3-1 min. 31 Sergio, 3-2 min. 36 Daniel, 3-3 min. 38 Javier, 3-4 min. 40 Daniel.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O FRIOL

Agus 16%
Aitor 16%
Ati 16%
Hugo 16%
Alex 8%
Checo 8%
Paulo 8%
Pequecho 8%
Jose 0%
Piña 0%
Roberto 0%
Sergio 0%

Votos totais: 12

16/4/11

XORNADA 28

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 16 as 20:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Concello de Arzúa.
No encontro da primeira volta os vilalbeses perderon por 6 a 2.

11/4/11

SERVICIOS IGLESIAS FRIOL 3 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Empate a tres goles entre o Peugeot e o Friol, nun encontro no que os de Alfonso mereceron algo máis, pero fallaron na definición.
Nos primeiros minutos do encontro as ocasións máis claras para os vilalbeses, virían por medio de Roberto e Ati, pero os goles serían obra de Aitor en dous saques de banda. David e Marcos marcaría nesta primeira metade para o Friol.
Na volta dos vestiarios, os visitantes comezarían coa presión ao rival, e as ocasións non tardarían en chegar. Soamente Paulo marcaría gol, aproveitando un bo pase de Sergio. Oscar faría empate para os locais.
Na vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Concello de Arzúa.

Servicios Iglesias Friol 3: Marcos, David, Marcos, Juán e Varela, -cinco inicial-, Permuy, Sebastián, Joaquín, Yago, Oscar e Nicolas.
Peugeot Vilalba F.S. 3: Alex, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Checo, Hugo, Jose, Paulo, Piña, e Sergio.
Árbitros: Nino Silvarrey Vilar e Carlos Suárez Blanco (Delegación de Lugo). Amoestaron con amarela a Varela por parte do Friol, mentras que no Peugeot, amoestaron con vermella (dúas amarelas) a Pequecho.
Goles: 0-1 min. 10 Aitor, 1-1 min. 13 David, 1-2 min. 14 Aitor, 2-2 min. 19 Marcos, 2-3 min. 23 Paulo, 3-3 min.33 Oscar.

C.P. CASÁS 3 PEUGEOT VILALBA F.S. 7

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. rematou a tempada cunha vitoria, por tres a sete diante do C.P. Casás.
Os vilalbeses finalizaron na terceira posición da Autonómica Xuvenil.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O XOVE

Hugo 31%
Piña 21%
Ati 15%
Pequecho 10%
Agus 5%
Fiter 5%
Nico 5%
Roberto 5%
Aitor 0%
Manu 0%
Sergio 0%

Votos totais: 19

7/4/11

XORNADA 27

O Peugeot Vilalba F.S. visita este domingo día 10 as 12:00, o Polideportivo de Friol, para enfrontarse ao Servicios Iglesias Friol.
No encontro da primeira volta o resultado fora de 9 a 1, a prol dos vilalbeses.

XORNADA 22 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. visita este domingo día 9 as 11:30, a Casa do Deporte de Lugo, para enfrontarse ao C.P. Casás.
Unha vitoria dos vilalbeses, e que o Coruxo non perda o seu encontro contra o Carballiño, daríalle o subcampionato ao Peugeot.

3/4/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 PUB FLANAGAN´S XOVE F.S. 2

Remontada do Peugeot, despois dunha mala primeira metade, diante do Xove.
Os visitantes tiveron a iniciativa nos primeiros vinte minutos, e no minuto oito, o marcador era de cero a dous. As ocasións para ambos conxuntos eran escasas, pero os xovenses serían máis eficaces.
Na segunda metade os vilalbeses sairían máis concentrados, e no primeiro minuto Hugo recortaría distancias. As ocasións seguían chegando, e Piña faría o empate aproveitando un erro do Xove.
Pequecho tería o gol da remontada nun dobre penalti, pero Fran detería o seu disparo, e tamén o rexeite de Hugo. Faltando tres minutos, Roberto certificaría a vitoria. Os visitante poñerían en pista o porteiro-xogador, mais non daría o seu efecto, e Agus e Aitor estiveron a piques de ampliar a vantaxe.
A vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Servicios Iglesias Friol.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 302.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 633.

Peugeot Vilalba F.S. 3: Fiter, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Hugo, Manu, Nico, Paulo, Piña e Sergio.
Pub Flanagan´s Xove F.S. 2: Fran, Alejandro, Dani, Iván e Borja, -cinco inicial-, Jesús, Iago, e David.
Árbitros: Nino Silvarrey Vilar e Eduardo Corral Martínez. Amoestaron con amarela a Pequecho, Manu, Nico, Roberto, Aitor e a Agus por parte o Peugeot, mentres que no Xove, amoestaron con amarela a Alejandro.
Goles: 0-1 min. 4 Iván, 0-2 min. 8 Borja, 1-2 min. 21 Hugo, 2-2 min. 27 Piña, 3-2 min. 37 Roberto.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O LA CREMA

Sergio 28%
Aitor 21%
Nico 21%
Hugo 14%
Ati 7%
Roberto 7%
Agus 0%
Alex 0%
Manu 0%
Paulo 0%
Piña 0%
Votos totais: 14

2/4/11

XORNADA 26

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 2 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Pub Flanagan's Xove F.S. Unha vitoria dos vilalbeses, podía servir para certificar a permanencia na Autonómica Norte.
No encontro da primeira volta o resultado foi de empate a catro.