21/3/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 TROULA F.S. 1

O Peugeot conseguiu os tres puntos nun encontro pouco vistoso para os seareiros, diante dun Troula demasiado defensivo.
Nunha primeira metade moi aburrida con escasas ocasións, os visitantes adiantaríanse por medio de Alfonso, e Roberto a falta de un minuto para o remate marcaría o empate.
Á volta dos vestiarios, Sergio daríalle a volta o encontro, e xa Aitor co Troula xogando con porteiro-xogador pero con nulo efecto, marcaría o terceiro para os vilalbeses.
Na vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao La Crema Bar Arranca.

Peugeot Vilalba F.S. 3: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Piña, -cinco inicial-, Alex, Hugo, Jose, Manu, Paulo, Piña e Sergio.
Troula F.S. 1: Adrián, Rubén, Santiago, Campano e Lorenzo, -cinco inicial-, Ricardo, Cristobal, Alfonso, e Fernando.
Árbitros: Nino Silvarrey e Ismael González.
Goles: 0-1 min. 9 Alfonso, 1-1 min. 19 Roberto, 2-1 min. 24 Sergio, 3-1 min. 39 Aitor.

No hay comentarios: