21/2/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 C.P. CASÁS 0

O Peugeot gañou por 6 a 0 a un dos mellores equipos que pasou por Vilalba, e o resultado pode ser máis abultado do que mereceron ambos equipos.
Nunha primeira parte igualada, na que houbo oportunidades para ambos equipos, o maior acerto dos locais fixo que foran ao descanso gañando por 2 a 0.
Na segunda metade o Casás foi máis cara arriba, e nun contragolpe os vilalbeses farían o terceiro. Os lucenses poñerían en pista o porteiro xogador, e os de Alfonso marcarían tres goles máis.
A vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Jim Sports Melide F.S.

Peugeot Vilalba F.S. 6: Alex, Aitor (2), Ati, Nico e Pequecho (2), -cinco inicial-, Agus, Checo (1), Hugo, Jose (1), Roberto e Sergio.
C.P. Casás 0: Jose, Musta, Julio, Brais e Antonio, -cinco inicial-, David, Martín, Fernando, Javier, J.Fernando e F. José.
Árbitros: Andrés Fernandez Méndez e Enrique Robles Moreira (Delegación de Ourense).

No hay comentarios: