27/1/11

XORNADA 17 APRAZADA

O encontro que se ía a disputar este domingo, foi aprazado polo pasamento dun directivo do F.S. Cedeira.
Dende o Peugeot Vilalba F.S. enviamos o noso apoio nestes duros momentos á familia, amigos e o F.S. Cedeira.

24/1/11

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 AUTOCARES J.POMBO 4

O Peugeot perdeu un punto nos instantes finais do encontro, nun erro defensivo, que o Pombo aproveitou para levar a vitoria.
Nunha primeira parte bastante mala pola parte dos vilalbeses, os visitantes aproveitaron para marchar aos vestiarios cunha vantaxe de dous goles.
Na segunda metade os locais empatarían en dúas ocasión, pero serían os visitantes os que levarían os tres puntos.

Peugeot Vilalba F.S. 3: Agus, Aitor, Ati, Checo (1) e Pequecho, -cinco inicial-, Fiter, Hugo, Jose, Nico (1), Piña, Roberto e Sergio (1).
Autocares J.Pombo 4: Jacobo, Sergio, Pablo, Diogvani (2) e Fernando, -cinco inicial-, Daniel, Alberto, Óscar (2), Iago, Andrés Alejandro e Gonzalo.
Árbitros: Nino Silvarrey e Jesús Trebollo.

COINASA CAIXANOVA OURENSE F.S. 3 PEUGEOT VILALBA F.S. 5

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. gañaron por 3 a 5 ao Coinasa Ourense. Os goleadores vilalbeses foron: Xoán (3), Ledo e Miguel.

23/1/11

21/1/11

XORNADA 16

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 22 ao Autocares J.Pombo, as 19:00 no Pavillón Municipal de Vilalba.
O encontro da primeira volta na Coruña, rematara con empate a 5.

XORNADA 13 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. visita este sábado día 22 as 19:00, o Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, para enfrontarse ao Coinasa Caixanova Ourense F.S.

18/1/11

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O MERA

Alex 23%
Aitor 19%
Piña 14%
Ati 9%
Hugo 9%
Sergio 9%
Jose 4%
Nico 4%
Pequecho 4%
Checo 0%

Votos totais: 21

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 S.I. OUTEIRO DE REI 6




O Peugeot perdeu diante do novo líder da Autonómica, o Outeiro de Rei, por 3 a 6 no Pavillón Municipal de Vilalba, que presentou unha moi boa entrada.
Polo Peugeot Vilalba F.S. xogaron e marcaron: Agus, Ati (1), Aitor, Checo, Pequecho,-cinco inicial-, Hugo, Jose, Piña (1), Nico (1) e Sergio.
Os vilalbeses na primeira metade gozaron de boas ocasións, pero soamente Ati foi quen de marcar. As ocasións máis claras dos visitantes virían nun penalti e nun dobre-penalti, pero ambos lanzamentos non rematarían en gol.
Na segunda parte o Outeiro fixoo mellor que os locais, e foron merecedores da vitoria. Os pupilos de Alfonso, marrarían dous dobres-penatis.
O Peugeot remata a primeira volta na sexta posición, pero hai que destacar que só foi capaz de conseguir unha vitoria nos enfrontamentos cos cinco primeiros ( a semana pasada diante do Mera ). A vindeira xornada recibe ao segundo clasificado, o Autocares J.Pombo de A Coruña.

PEUGEOT VILALBA F.S. 4 CONCELLO DE GUITIRIZ 5

Os xuvenís do Peugeot Vilalba perderon por 4 a 5 , contra o Concello de Guitiriz.

13/1/11

PARTIDO APRAZADO XORNADA 14

O Peugeot Vilalba F.S. e o S.I. Outeiro de Rei, disputarán este sábado día 15 as 19:00, o encontro que tiñan aprazado da 14ª xornada. O partido terá lugar no Pavillón Municipal de Vilalba.

XORNADA 12 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 15 as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Concello de Guitiriz.

10/1/11

MERA F.S. 0 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Vitoria do Peugeot diante dun Mera, que tivo o control do esférico durante todo o encontro, pero sen crear ocasións claras de gol.
Os vilalbeses defenderon durante todo o partido moi ben, con moitas axudas e saídas rápidas, creando moitas ocasións sobre todo na segunda metade, onde puideron sentenciar antes o encontro. Os locais intentaríano con porteiro-xogador pero a boa defensa do Peugeot, impediu que tiveran ocasión de acurtar a distancia no marcador.
Destacar a labor dos colexiados, que seguramente foi a mellor arbitraxe destes anos.
O vindeiro sábado, o Peugeot recibe ao Outeiro de Rei, no Pavillón Municipal de Vilalba as 19:00. O equipo xuvenil xogará contra o Concello de Guitiriz, as 17:00, no mesmo escenario.

Mera F.S. 0: David Otero, Fernando, David García, Eder e Alberto, -cinco inicial-, Luís, Chapu, David Suárez, Mickael e Alejandro.
Peugeot Vilalba F.S. 3: Alex, Aitor, Ati, Checo e Pequecho, -cinco inicial-, Agus, Esteban, Hugo, Jose, Nico, Piña, e Sergio.
Árbitros: José Manuel Fernández Fiuza e Manuel Dans Rey. Amoestaron con amarela a David Otero por parte do Mera. No Peugeot amoestaron con amarela a Pequecho e a Sergio.
Goles: 0-1 Sergio, 0-2 Ati, 0-3 Aitor.