21/12/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 7 C.P. CASÁS 4

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. gañaron por 7 a 4 ao C.P. Casás.
Os goleadores vilalbeses foron: Freire (2), Ledo (2), Miloso (2), e Xoán.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O ARZÚA

Manu 26%
Agus 21%
Ati 10%
Hugo 10%
Sergio 10%
Esteban 5%
Jose 5%
Pequecho 5%
Roberto 5%
Aitor 0%
Piña 0%

Votos totais: 19

13/12/10

CONCELLO DE ARZÚA 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 2

O Peugeot saíu goleado de Arzúa, no que probablemente fora o seu peor encontro da tempada.
A primeira metade rematou con empate a un gol, pero as ocasións eran mellores para os locais.
Na segunda metade con dous goles no minuto catro, o partido xa foi claramente para os de Arzúa.
Destacar os seis lanzamentos de dobre-penalti, dos que gozaron os locais, dos cales meteron dous.

Concello de Arzúa 6: Ángel, Méndez, Curros, Javier (1) e Fer (1), -cinco inicial-, Jose (2), Carlos (1), Marcos (1), e Dani.
Peugeot Vilalba F.S. 2: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto -cinco inicial-, Alex, Esteban, Hugo, Jose, Manu (1) , Piña, e Sergio (1).

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 A. LOBELLE DE SANTIAGO F.S. 5

O Peugeot acadou a vitoria por 6 a 5, faltando 9 segundos diante do Lobelle, grazas a un gol de Ledo.

12/12/10

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O FRIOL

Aitor 27%
Manu 18%
Ati 12%
Roberto 9%
Agus 6%
Hugo 6%
Jose 6%
Sergio 6%
Nico 3%
Pequecho 3%
Piña 3%

Votos totais: 33

10/12/10

XORNADA 13

O Peugeot Vilalba F.S visita ao Concello de Arzua, este sábado día 11 as 18:00, no Pavillón Municipal de O Viso.

XORNADA 10 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., recibe este sábado día 11, as 17:00 no Pavillón Municipal de Vilalba, ao A. Lobelle de Santiago F.S.

5/12/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 9 SERVICIOS IGLESIAS FRIOL 1

O Peugeot goleou a un Friol, que no encontro de onte estivo moi frouxo, e soamente creou perigo con disparos dende lonxe do seu capitán.
Na primeira metade as ocasións máis claras serían para os vilalbeses, pero non serían capaces de bater a un inspirado Manuel. O Friol comezaría marcando por medio de Luís. Sergio a un minuto do descanso marcaría o empate.
A segunda metade foi de dominio total dos locais, e os seareiros vilalbeses verían un total de oito goles.

Peugeot Vilalba F.S. 9: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Alex, Hugo, Jose, Manu, Nico, Piña, e Sergio.
Servicios Iglesias Friol 1: Manuel, Permuy, Varela, Luís e Ferreiro, -cinco inicial-, Marcos, Iago, Oscar, e Nicolás.
Árbitros: José Abuín Arojo e Jesús Trebollo González. Amoestaron con amarela a Ati por parte do Peugeot.
Goles: 0-1 min. 14 Luís, 1-1 min. 19 Sergio, 2-1 min. 27 Ati, 3-1 min. 31 Aitor, 4-1 min. 33 Aitor, 5-1 min. 35 Roberto, 6-1 min. 36 Aitor, 7-1 min. 38 Hugo, 8-1 min. 38 Jose, 9-1 min. 39 Manu.

A.C.D. AS TORRES 2 PEUGEOT VILALBA F.S. 7

Os xuvenís do Peugeot acadaron a vitoria por 2 a 7, diante de As Torres.

4/12/10

ENQUISA:MELLOR XOGADOR CONTRA O XOVE

Aitor 29%
Hugo 18%
Agus 11%
Pequecho 7%
Manu 7%
Roberto 7%
Ati 3%
Jose 3%
Nico 3%
Piña 3%
Sergio 3%

Votos totais: 27

2/12/10

XORNADA 12

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 4 as 20:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Servicios Iglesias Friol.
Os visitantes levan 12 puntos, e veñen de perder na casa co Mera por 2 a 3.

XORNADA 9 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba Fútbol Sala, visitan esta xornada ao A.C.D. As Torres. O encontro disputarase no Municipal do Barrio das Flores, o domingo día 5 as 12:00.