29/4/10

XORNADA 28

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 1 as 17:30, ao F.S. Cedeira, no Pavillón Municipal de Vilalba.
Os vilalbeses de acadar a vitoria, darían un paso de xigantes, para acadar a permanencia na Autonómica.

CONCELLO DE ARZUA 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

Empate importante para acadar a permanencia, logo de ir ao descanso perdendo por 3 a 0.
O quinteto de Alfonso foi o seguinte: Alex, Manu, Marquiños, Pequecho e Roberto. No banco quedaron: Agus, Freire, Iván, Miguel, Nico, Paulo e Rucho.
Os primeiros dez minutos foron para os locais, que se puxeron con un 3 a 0 no marcador. Alfonso puxo en pista ao porteiro-xogador, pero non foron capaces de recurtar distancias.
Na segunda metade, o Peugeot seguiu xogando con 5 para 4, pero o empate a 3 non chegaría ata a falta de 5 minutos. Con goles de Marquiños, Nico e Roberto.
Faltando dous minutos o Arzua poñeríase por diante, e faltando 50 segundos, Pequecho empataría de dobre penalti.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O MELIDE

Marquiños 30%
Hugo 23%
Manu 19%
Agus 11%
Roberto 7%
Alex 3%
Pequecho 3%
Nico 0%

Votos totais: 26

21/4/10

JIM SPORTS MELIDE F.S. 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 6

Empate a seis goles entre o Jim Sports Melide F.S. e o Peugeot Vilalba F.S., que deixa aos vilalbeses, unha xornada máis en postos de perigo.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Alex, Hugo, Manu, Marquiños e Pequecho. No banco quedaron: Agus, Nico e Roberto.
Os locais sairon a por todas, e no minuto 5 xa gañaban por 3 a 0. No minuto 8, os vilalbeses sacarían a Pequecho de porteiro-xogador, e empatarían con tres goles de Hugo. Faltando dous minutos, Marquiños poñería por diante ao Peugeot. Na seguinte xogada o Melide empataría.
Na segunda metade Roberto adiantaría aos visitantes, que despois regalarían o empate a cinco.
Marquiños no minuto 9 marcaría o 5 a 6. E faltando dous minutos o Melide empataría o encontro.
No seguinte partido, o Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Concello de Arzua , para disputar o encontro que teñen aprazado.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O BURELA

Manu 26%
Pequecho 26%
Agus 15%
Hugo 15%
Ati 5%
Checo 5%
Roberto 5%
Fiter 0%
Nico 0%
Paulo 0%

Votos totais: 19

14/4/10

XORNADA 27

O Peugeot Vilalba F.S., visita este sábado día 17 as 19:00, ao Jim Sports Melide F.S., no Municipal de Melide.

XORNADA 27 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., recibe este sábado día 17 as 17:00, ao C.D. Riazor Desguaces Tito, no Pavillón Municipal de Vilalba.

13/4/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 1 BURELA TURÍSTICA 4


Derrota clara do Peugeot Vilalba F.S., diante do Burela Turística por 1 a 4.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Agus, Ati, Checo, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Fiter, Hugo, Manu, Nico e Paulo.
Na primeira parte, os vilalbeses case non tiveron ocasións, e chegarían ao descanso perdendo por 0 a 2.
Na segunda metade espabilarían algo, pero non o necesario para meterse no encontro, que remataría con vitoria para os burelaos por 1 a 4. Hugo foi o autor do gol local.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 92

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 1353

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O CASÁS

Manu 43%
Marquiños 10%
Pequecho 10%
Hugo 8%
Nico 8%
Paulo 8%
Agus 5%
Alex 2%
Roberto 2%
Iván 0%

Votos totais: 37

7/4/10

XORNADA 26

O Peugeot Vilalba F.S., recibe este sábado día 10 as 18:30, ao Burela Turística, no Pavillón Municipal de Vilalba.