30/11/10

PUB FLANAGANS XOVE F.S. 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

O Peugeot acadou un xusto empate na difícil cancha do Xove. Tal como empezou o encontro pode saber a pouco, pero como se conseguiu o punto faltando 25 segundos, ten un sabor máis doce.
Os vilalbeses comezarían moi efectivos e os dous primeiros tiros remataron no fondo das redes de David. Logo dous erros visitantes permitiron ao Xove o empate.
Na segunda metade, os colexiados desluciron o encontro cunha morea de cartóns, sen haber unha soa patada. Tamén pitaron un discutido penalti a favor dos locais, que marcaría Iván. Aitor fixo o derradeiro gol, para levar para Vilalba un punto.

Pub Flanagan´s Xove F.S. 4: David, Jesús, Rey, Dani e Iván, -cinco inicial-, Iago, Rivera, e Pablo.
Peugeot Vilalba F.S. 4: Agus, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto -cinco inicial-, Alex, Hugo, Jose, Manu, Nico, Piña, e Sergio.
Árbitros: Javier Menéndez Nistal e José Aparicio Carrasco. Amoestaron con amarela a Rivera,e con vermella ( dúas amarelas ) a Iago e Miguel Ángel por parte do Xove. No Peugeot amoestaron con amarela a Agus, Manu, Sergio e o adestrador Alfonso, e con vermella ( dúas amarelas ) a Ati.
Goles: 0-1 min. 2 Aitor, 0-2 min. 5 Roberto, 1-2 min. 8 Iago, 2-2 min. 9 Iago, 3-2 min. 23 Rey, 3-3 min. 35 Pequecho, 4-3 min. 36 Iván, 4-4 min. 39 Aitor.

No hay comentarios: