7/11/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 8 BOQUEIXÓN F.S. 1

Por fin unha vitoria sen sufrimentos para o Peugeot, que nunha gran primeira parte sacou do encontro ao Boqueixón, que merecía algún gol máis pero tanto Agus como Alex defenderon ben a portería local.
Nun pavillón ateigado de seareiros que disfrutaron coa goleada, os pupilos de Alfonso, controlaron o encontro de principio a fin, con máis intensidade na primeira metade que rematou co marcador de 7 a 1 a prol dos vilalbeses. Na segunda metade o ritmo baixou nos dous equipos,e as ocasións foron menos. O Boqueixón enviou un balón ao pau, e tirou un dobre-penalti que detivo Alex. Hugo tería as ocasións máis claras do Peugeot nesta segunda parte.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 106.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 1992.

Peugeot Vilalba F.S. 8: Agus, Aitor, Hugo, Nico e Roberto, -cinco inicial-, Alex, Esteban, Manu, Paulo, Piña, e Sergio.
Boqueixón F.S. 1: Pablo, Enrique, Julián, Fernando e Adrián, -cinco inicial-, David, Rafael, Silva, Alberto, e Diego.
Árbitros: Carlos Suárez Blando e Borja Darriba Villamor. Amoestaron con amarela a Adrián por parte do Boqueixón.
Goles: 1-0 min. 7 Piña, 2-0 min. 12 Piña, 3-0 min. 13 Aitor, 4-0 min. 14 Manu, 4-1 min. 15 Enrique, 5-1 min. 16 Aitor, 6-1 min. 18 Manu, 7-1 min. 19 Paulo, 8-1 min. 39 Manu.

4 comentarios:

os da grada dijo...

o partido foi espectacular, xogaron moi moi ben frente a un gran rival e con un arbitraxe un tanto peculiar, tiveron boas oportunidades ambolosdous equipos pero dende logo os nosos foron superiores.
Algo a comentar: hai que practicar mais os penaltis e dobres penaltis , do resto.....seguide asi rapaces¡¡¡¡¡

Lupescu dijo...

Moi ben, agora a polo Troula. Por fin un partido tranquilo.
Piña non atoupei a acta do Casás, a si que soamente che apunto estes goles,jaja

Pininha dijo...

Un buen partido, ganando con autoridad, que hacía mucha falta.
Por otra parte, decir que llevo 3 goles aunque el "atontado" de este blog solo me quiera dar 2......O_O.
Forza Peugeot!!!!

Pininha dijo...

Agus, llevo 5 votos.....y sin votarme a mi mismo jajajaja.
El mio sabes que es para ti....cariño!!!.Esta semana tendras los 3 de siempre y con el mio 4 jejeje