31/10/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 VENTORRILLO MARISTAS 4

Os xuvenis do Peugeot Vilalba F.S. gañaron por 6 a 4 ao Ventorrilo Maristas, que ía como colider na Autonómica Xuvenil.
Xoán (4), Joel e Ledo, foron os goleadores vilalbeses.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O MELIDE

Agus 19%
Aitor 19%
Manu 19%
Hugo 11%
Jose 7%
Pequecho 7%
Ati 3%
Checo 3%
Nico 3%
Sergio 3%

Votos totais: 26

27/10/10

XORNADA 7

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao C.F.S. Castro, este sábado día 30 as 19:30.
O encontro contra o actual colista, que conta no seu plantel con Fernando (ex xogador vilalbés), disputarase no Municipal de Castro de R. de Lea.

XORNADA 4 XUVENIL

Os xuvenis do Peugeot Vilalba F.S. reciben este sábado día 30 as 17:00, ao Ventorrilo Maristas, no Pavillón Municipal de Vilalba.

24/10/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 JIM SPORTS MELIDE F.S. 6

Primeira derrota o Peugeot Vilalba F.S. como local diante do Jim Sports Melide F.S.
Na primeira metade as ocasións máis claras foron para os vilalbeses, pero só un par delas irían entre os tres paus, da porta de Guti, que respondería ben.
O Melide antes do gol xa avisaría cun balón ao pau.
Na segunda metade os vilalbeses terían máis fortuna cara o gol, chegando a empatar no minuto trece. Pero unha vez máis un erro defensivo faltando catro minutos para o final, poñería ao Melide por diante no marcador.
Alfonso poñería a Checo como porterio-xogador, pero non sería efectivo, pois os visitantes marcarían tres goles máis.
Na vindeira xornada o Peugeot visita ao C.F.S. Castro, actual colista da Autonómica Norte, que ven de fichar ao ex xogador vilalbes Fernando.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 29.

No sorteo patrocinado por Osborne España, saíu agraciado o nº 1929.

Peugeot Vilalba F.S. 2: Agus, Aitor, Ati, Checo e Pequecho, -cinco inicial-, Fiter, Hugo, Jose, Manu, Nico, Paulo, e Sergio.
Jim Sports Melide F.S. 6: Guti, Fernando, Borja Casal, Sergi e Manuel Casal, -cinco inicial-, Roberto, Borja Pérez, Xurxo, Oscar, Carlos, Humberto e Marcos.
Árbitros: Diego Franco Veiga e David Castro Bermúdez. Amoestaron con amarela a Aitor, Pequecho e Sergio, por parte do Peugeot
Goles: 0-1 min. 15 Carlos, 1-1 min. 27 Manu, 1-2 min. 29 Borja Casal, 2-2 min. 33 Aitor, 2-3 min. 36 Sergi, 2-4 min. 37 Sergi, 2-5 min. 37 Borja Casal, 2-6 min. 38 Sergi.

23/10/10

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O CASÁS

Pequecho 22%
Manu 18%
Aitor 15%
Roberto 15%
Agus 5%
Hugo 5%
Piña 5%
Ati 3%
Checo 3%
Alex 1%
Nico 1%
Sergio 1%

Votos totais: 58

19/10/10

XORNADA 6

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 23 as 17:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Jim Sports Melide F.S.
O encontro pertence á sexta xornada da Autonómica Norte.

17/10/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 5 COINASA CAIXANOVA OURENSE F.S. 0

Os xuvenis do Peugeot gañaron por 5 a 0 ao Coinasa. Os goles dos vilalbeses foron obra de : Xoan, Rubén, Freire, Joel e Iago.

16/10/10

C.P. CASÁS 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 5


Primeira vitoria a domicilio do Peugeot, diante dun Casás que aproveitou moi ben as súas ocasións, e os erros dos vilalbeses.
Na primeira metade os lucenses todo o que tiraban entre os tres paus, remataba non fondo das redes de Alex, e os visitantes soamente foron capaces de meter unha das oportunidades que tiveron.
Na segunda o Peugeot non deu tantas facilidades ao rival, e dominaron de principio a fin, cunha boa morea de ocasións, para rematar o encontro con máis goles no seu marcador.
Nun final de infarto, foi Aitor o que facía xustiza, e volteaba o marcador.
Destacar a entrega dos xogadores na segunda metade, na que nunca se deron por vencidos, e tamén aos seareiros vilalbeses, que fixeron que o equipo parecese que xogaba coma local.


C.P. Casás 4: Víctor, Musta, Julio, Francisco e Rafael, -cinco inicial-, Brais, Alberto, David, Diego, e Fernando.
Peugeot Vilalba F.S. 5: Alex, Aitor, Ati, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Checo, Hugo, Manu, Nico, Piña, e Sergio.
Árbitros: José Abuín Arroyo e Nonito Bermúdez Fernández. Amoestaron con amarela a Francisco por parte do Casás, mentras que no Peugeot, amoestaron con amarela a Nico, e a Checo con vermella (dúas amarelas).
Goles: 1-0 min. 4 Rafael, 1-1 min. 5 Roberto, 2-1 min. 5 Francisco, 3-1 min. 12 Rafael, 4-1 min. 15 Julio, 4-2 min. 21 Pequecho, 4-3 min. 31 Pequecho, 4-4 min. 35 Roberto , 4-5 min. 39 Aitor.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O BURELA

Agus 20%
Jose 20%
Manu 20%
Aitor 17%
Checo 11%
Ati 5%
Nico 2%
Pequecho 2%
Piña 0%
Roberto 0%

Votos totais: 35

13/10/10

XORNADA 5

O Peugeot Vilalba F.S. visita a Casa do Deporte, para enfrontarse ao C.P. Casás este sábado día 16 as 17:00.
Os vilalbeses acadaron a vitoria diante do Burela na pasada xornada, e os lucenses empataron a cinco na súa visita ao Mera.

XORNADA 2 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. recibe este domingo día 17 as 12:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Coinasa Caixanova Ourense F.S.

11/10/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 BURELA TURÍSTICA 1

O Peugeot conseguiu a vitoria diante do Burela por 2 a 1, nun encontro cunha parte para cada equipo, pero con ocasións máis e mellores para os vilalbeses.
Na primeira metade os locais meteron dous goles, pero erraron moitas ocasións, para chegar cunha vantaxe maior ao descanso.
Na segunda o Burela tomou o mando, e os locais saían ao contragolpe. Os visitantes recortarían distancias no encontro, e case ao final enviaron un balón ao pau xogando con porteiro-xogador.
Importante vitoria para o Peugeot, que na seguinte xornada visita ao C.P. Casás, que ven de conseguir un empate na casa do Mera.

Peugeot Vilalba F.S. 2: Agus, Checo, Manu, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Aitor, Alex, Ati, Esteban, Jose, Nico, e Piña.
Burela Turística 1: Zapa, Beto, Celes, Juchi e Pablo, -cinco inicial-, Moucide, Pardeiro, e Revilla.
Árbitros: José Manuel Gómez e Diego Ferro.
Goles: 1-0 min. 4 Checo, 2-0 min. 4 Aitor, 2-1 min. 25 Revilla.

CONCELLO DE GUITIRIZ 9 PEUGEOT VILALBA F.S. 5

Os xuvenís do Peugeot saíron derrotados na súa visita a Guitiriz por 9 a 5.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O NOIA

Checo 17%
Manu 17%
Agus 10%
Piña 10%
Roberto 10%
Hugo 7%
Jose 7%
Pequecho 7%
Ati 3%
Fiter 3%
Nico 3%
Paulo 0%

Votos totais: 28

6/10/10

XORNADA 4

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 9 as 19:00, no Pabillón Municipal de Vilalba, ao Burela Turística.
Os vilalbeses veñen de sufrir a primeira derrota da tempada na súa visita a Noia, e os burelaos como locais acadaron un empate contra o Mera .

XORNADA 1 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. comeza este sábado dia 9 a competición, visitando ao Concello de Guitiriz. O encontro será as 17:00 no Pabillón Municipal de dito concello.

5/10/10

DISCO CARACOL NOIA F.S. 5 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

O Peugeot sufriu a primeira derrota de tempada diante do Disco Caracol, que aproveitou os erros dos vilalbeses para levar os tres puntos.
Os visitantes tiveron o control do balón pero non eran capaces de materializar as súas ocasións, e sería o Noia o que chegaría con vantaxe ao descanso.
Na segunda metade os locais marcarían dous goles máis, pero os homes de Alfonso lograrían empatar o encontro.
Dous novos erros condenaron ao Peugeot, que vía como se lle escapaban os puntos.
A vindeira xornada visita o Pavillón Municipal de Vilalba, o Burela Turística.

Disco Caracol Noia F.S. 5: David, Nestor, Marcos, Francisco e Zandi, -cinco inicial-, Manuel, Iván, Jose, e Alberto.
Peugeot Vilalba F.S. 3: Fiter, Manu, Nico, Pequecho e Roberto, -cinco inicial-, Agus, Ati, Checo, Hugo, Jose, Paulo e Piña.
Árbitros: Miguel Santomil Lapido e Jesús Gonzalez Cárdenas. Amoestaron con amarela a Zandi e a Jose, por parte do Noia.
Goles: Polo Noia marcaron Zandi (3), Nestor e Iván. No Peugeot os goleadores foron Ati, Manu e Roberto.

2/10/10

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O CEDEIRA

Cal foi o mellor xogador contra o Cedeira?

Aitor 28%
Manu 17%
Hugo 12%
Agus 10%
Jose 10%
Piña 7%
Fiter 5%
Ati 2%
Pequecho 2%
Roberto 2%
Checo 0%
Nico 0%

Votos totais: 39