13/4/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 1 BURELA TURÍSTICA 4


Derrota clara do Peugeot Vilalba F.S., diante do Burela Turística por 1 a 4.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Agus, Ati, Checo, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Fiter, Hugo, Manu, Nico e Paulo.
Na primeira parte, os vilalbeses case non tiveron ocasións, e chegarían ao descanso perdendo por 0 a 2.
Na segunda metade espabilarían algo, pero non o necesario para meterse no encontro, que remataría con vitoria para os burelaos por 1 a 4. Hugo foi o autor do gol local.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 92

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 1353

No hay comentarios: