31/3/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 C.P. CASÁS 5

Encontro emocionante disputado no Pavillón Municipal de Vilalba, entre o Peugeot Vilalba F.S. e o C.P. Casás, que rematou coa vitoria para os locais por 6 a 5.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Agus, Iván, Marquiños, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Alex, Hugo, Manu, Paulo e Roberto.
Os vilalbeses saíron en tromba, e no minuto 2 Marquiños leva a un defensa e pasa a Pequecho, que con toda a tranquilidade bate ao porteiro. 1-0
Pequecho de novo marcaría nun saque de esquina, cun tiro dende fora da área. 2-0
O Casás comezaría a meterse no encontro, e a ter o control do coiro. Antes do descanso, nos minutos 15 e 16, empatarían o partido. 2-2
A segunda metade comezaría na mesma liña que o final da primeira, e en tres minutos os lucenses daríanlle a volta ao encontro con dous goles. 2-4
Cando parecía que os locais se virían a baixo, deron unha lección de superación e garra.
As ocasións comezaban a chegar, pero eran desbaratadas polo porteiro visitante.
No minuto nove, Manu recortaría distancias no marcador, nun saque de córner. 3-4
Un minuto máis tarde, nun contragolpe do Peugeot, chegaría o empate por medio de Manu. 4-4
Aos vilalbeses sabíalles a pouco o empate, e intentaban marcar o gol que lles dera vantaxe no marcador. Faltando dous minutos, unha boa xogada de Pequecho, sería rematada por Hugo, a pase de Manu. 5-4
O Casás, poñería o porteiro-xogador, que tan bo resultado lle dera no partido da primeira volta, mais o gol sería dos vilalbeses. Manu dende o seu campo, marcaría o terceiro da súa conta. 6-4
Antes do final do encontro, o Casás marcaría o definitivo 6 a 5.
Vitoria que engrandece a moral do Peugeot, para afrontar un final de liga emocionante, onde os partidos como local, serán decisivos para as súas aspiracións.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

menos mal que manu estaba lesionado... o eso se decía...

Anónimo dijo...

tiene un esguince en el tobillo derecho, pierna con la que golpea por cierto, no entreno el lunes y jugo vendado hasta la rodilla y con mucho dolor. jugo porque quiso, y no empeceis a llorar ya...

Anónimo dijo...

Excelente cronica Rober, o nivel do partido. Lastima que os colexiados sempre queren ter algo de protagonismo.
Pablo