28/3/10

CLUB RIBEIRA F.S. 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

Derrota do Peugeot Vilalba F.S. por 6 a 4 diante, do segundo clasificado, o Club Ribeira F.S..
Os vilalbeses outra vez máis, deron moitas facilidades, e o contrario aproveitounas para levar a vitoria. Dos seis goles do Ribeira, cinco foron por erros defensivos dos xogadores do Peugeot.
O quinteto de Alfonso, estivo formado por: Fiter, Hugo, Iván, Marquiños e Roberto. Quedaron no banco: Agus, Checo, Manu e Nico.
No minuto cinco os locais xa gañaban por 3 a 0, e podían ser máis, xa que os visitantes parecía que estaban coa cabeza noutro lado.
Aos dez minutos Checo roubaría un balón, e dende o borde da área marcaría o primeiro. 3-1
Noutro erro, os locais marcarían o cuarto, e Manu antes do descanso recortaría distancias dende o dobre-penalti. 4-2
Na segunda parte os vilalbeses parecían outro equipo, e puideron levar o encontro.
Iván aos cinco minutos, daría esperanzas ao Peugeot. 4-3
As ocasións eran claras para empatar o encontro, pero nun despiste, o Ribeira marcaría de novo. 5-3
No minuto dez, Marquiños faría o cuarto aproveitando un roubo de balón. 5-4
Os últimos minutos foron para o Peugeot, podendo empatar o encontro, pero unhas veces o porteiro, e outras os paus, impedírono.
Faltando catro minutos, xogaríase con porteiro-xogador, mais o que marcaría sería o Ribeira dende o seu campo, poñendo o definitivo 6 a 4.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Q os pareció el partido??? Y el Ribeira FS???

Anónimo dijo...

LA PRIMERA PARTE FUE CLARAMENTE DEL RIBEIRA QUE SALIO MUCHO MÁS METIDO EN EL PARTIDO, Y ESO QUE SE RECALCÓ QUE EL COMIENZO DE LOS RIBEIRENSE ES ARROLLADOR.
EN LA SEGUNDA EL PEUGEOT MEJORÓ TANTO EN DEFENSA COMO EN ATAQUE, Y AUNQUE FUE SIEMPRE A REMOLQUE TUVO SUS OPCIONES DE SACAR ALGO POSITIVO.
EL RIBEIRA ME PARECE UN BUEN EQUIPO, DESTACAN SUS INDIVIDUALIDADES. QUIZÁS TENGAN DIFICULTADES PARA DEFENDER A EQUIPOS CON BUENA CIRCULACIÓN DE BALÓN, PERO CREO QUE ES LOGICO YA QUE NO ENTRENAN Y NO PUEDEN TRABAJAR MUCHOS ASPECTOS TACTICOS.