31/3/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 6 C.P. CASÁS 5

Encontro emocionante disputado no Pavillón Municipal de Vilalba, entre o Peugeot Vilalba F.S. e o C.P. Casás, que rematou coa vitoria para os locais por 6 a 5.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Agus, Iván, Marquiños, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Alex, Hugo, Manu, Paulo e Roberto.
Os vilalbeses saíron en tromba, e no minuto 2 Marquiños leva a un defensa e pasa a Pequecho, que con toda a tranquilidade bate ao porteiro. 1-0
Pequecho de novo marcaría nun saque de esquina, cun tiro dende fora da área. 2-0
O Casás comezaría a meterse no encontro, e a ter o control do coiro. Antes do descanso, nos minutos 15 e 16, empatarían o partido. 2-2
A segunda metade comezaría na mesma liña que o final da primeira, e en tres minutos os lucenses daríanlle a volta ao encontro con dous goles. 2-4
Cando parecía que os locais se virían a baixo, deron unha lección de superación e garra.
As ocasións comezaban a chegar, pero eran desbaratadas polo porteiro visitante.
No minuto nove, Manu recortaría distancias no marcador, nun saque de córner. 3-4
Un minuto máis tarde, nun contragolpe do Peugeot, chegaría o empate por medio de Manu. 4-4
Aos vilalbeses sabíalles a pouco o empate, e intentaban marcar o gol que lles dera vantaxe no marcador. Faltando dous minutos, unha boa xogada de Pequecho, sería rematada por Hugo, a pase de Manu. 5-4
O Casás, poñería o porteiro-xogador, que tan bo resultado lle dera no partido da primeira volta, mais o gol sería dos vilalbeses. Manu dende o seu campo, marcaría o terceiro da súa conta. 6-4
Antes do final do encontro, o Casás marcaría o definitivo 6 a 5.
Vitoria que engrandece a moral do Peugeot, para afrontar un final de liga emocionante, onde os partidos como local, serán decisivos para as súas aspiracións.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O RIBEIRA

Checo 30%
Manu 26%
Marquiños 19%
Iván 7%
Roberto 7%
Fiter 3%
Hugo 3%
Agus 0%
Nico 0%

Votos totais: 26

28/3/10

PARTIDO APRAZADO

Este martes día 30 as 21:30, o Peugeot Vilalba F.S., xogará no Pavillón Municipal de Vilalba, o encontro que tiña aprazado contra o C.P. Casás, correspondente á xornada 21.

CLUB RIBEIRA F.S. 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

Derrota do Peugeot Vilalba F.S. por 6 a 4 diante, do segundo clasificado, o Club Ribeira F.S..
Os vilalbeses outra vez máis, deron moitas facilidades, e o contrario aproveitounas para levar a vitoria. Dos seis goles do Ribeira, cinco foron por erros defensivos dos xogadores do Peugeot.
O quinteto de Alfonso, estivo formado por: Fiter, Hugo, Iván, Marquiños e Roberto. Quedaron no banco: Agus, Checo, Manu e Nico.
No minuto cinco os locais xa gañaban por 3 a 0, e podían ser máis, xa que os visitantes parecía que estaban coa cabeza noutro lado.
Aos dez minutos Checo roubaría un balón, e dende o borde da área marcaría o primeiro. 3-1
Noutro erro, os locais marcarían o cuarto, e Manu antes do descanso recortaría distancias dende o dobre-penalti. 4-2
Na segunda parte os vilalbeses parecían outro equipo, e puideron levar o encontro.
Iván aos cinco minutos, daría esperanzas ao Peugeot. 4-3
As ocasións eran claras para empatar o encontro, pero nun despiste, o Ribeira marcaría de novo. 5-3
No minuto dez, Marquiños faría o cuarto aproveitando un roubo de balón. 5-4
Os últimos minutos foron para o Peugeot, podendo empatar o encontro, pero unhas veces o porteiro, e outras os paus, impedírono.
Faltando catro minutos, xogaríase con porteiro-xogador, mais o que marcaría sería o Ribeira dende o seu campo, poñendo o definitivo 6 a 4.

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 O PARRULO FERROL F.S 7

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., perdeu por 3 a 7, contra O Parrulo Ferrol F.S., no Pavillón Municipal de Vilalba.

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O XARÍO

Manu 44%
Marquiños 14%
Hugo 11%
Ati 7%
Iván 7%
Nico 7%
Alex 3%
Checo 3%
Fiter 0%
Paulo 0%
Roberto 0%

Votos totais: 27

26/3/10

XORNADA 25

O Peugeot Vilalba F.S., visita ao Club Ribeira F.S., este sábado día 27, as 16:30. O encontro disputarase no Polideportivo de Meira.

XORNADA 25 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., recibe a O Parrulo Ferrol F.S., este sábado día 27 as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba.

23/3/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 4 F.S. ALAMEDA XARÍO 3


Remontada do Peugeot Vilalba F.S. diante do F.S. Alameda Xarío, para conseguir unha vitoria moi importante, contra un rival directo.
O quinteto de Alfonso estivo formador por: Fiter, Ati, Hugo, Iván e Marquiños. No banco quedaron: Alex, Checo, Manu, Nico, Paulo e Roberto.
Ao pouco de comezar o encontro os vilalbeses adiantáronse por medio de Hugo, aproveitando unha parede con Marquiños. 1-0
Pero os de Miño, tomaron o control e no minuto 6, empataron cun tiro dende a frontal, logo dun saque de falta. 1-1
Dous minutos máis tarde, nun contragolpe os visitantes poñeríanse por diante. 1-2
Roberto enviaría un balón ao pau, que puido significar o empate, pero de novo nunha falta, o Xarío marcaría o terceiro. 1-3
Na seguinte xogada, Iván aproveitaría un roubo na beira da área, para enviar o coiro ao fondo das redes. 2-3
Chegaríase ao descanso con vantaxe para os visitantes.
Na segunda metade, nunha xogada de Manu e Nico, este deixaría o coiro de tacón, para que o primeiro empatase o partido. 3-3
As ocasións para os vilalbeses, eran variadas, pero ata o minuto 16, non chegaría a remontada. Manu roubaría un balón, e só contra o porteiro non fallaría. 4-3
Os visitantes poñerían en pista ao porteiro-xogador, mais non serían capaces de mover o marcador, en parte grazas a boa defensa dos vilalbeses.
No vindeiro encontro o Peugeot Vilalba F.S., visita ao Ribeira F.S..

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 76.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 1208.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA BOQUEIXÓN

Marquiños 33%
Manu 29%
Roberto 12%
Iván 8%
Paulo 8%
Pequecho 8%
Agus 0%
Alex 0%

Votos totais: 24

15/3/10

BOQUEIXÓN F.S. 5 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Nova derrota do Peugeot Vilalba F.S., que fai que se compliquen as súas opcións de permanencia, diante do Boqueixón F.S.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Alex, Iván, Marquiños, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Agus, Manu e Paulo.
Os vilalbeses comezaron gañando cun gol de Marquiños a pase de Iván, pero os locais remontarían e poñeríanse por diante con tres goles.
Antes do descanso Manu recortaría distancias. 3-2
Á volta dos vestiarios o Boqueixón, marcaría de novo. Os vilalbeses iríanse para arriba, e os locais aproveitarían para poñer o 5 a 2.
Faltando sete minutos, os vilalbeses xogarían con porteiro-xogador, pero só serían capaces de marcar un gol. Iván a pase de Manu poñería o definitivo 5 a 3.
A vindeira xornada, o Peugeot Vilalba F.S. recibe ao F.S.Alameda Xarío, no Pavillón Municipal de Vilalba, as 17:30. Un rival directo, ao que xa gañou no seu domicilio por 1 a 3.

14/3/10

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O MERA

Manu 35%
Ati 17%
Marquiños 17%
Hugo 14%
Pequecho 5%
Fiter 2%
Iván 2%
Paulo 2%
Agus 0%
Nico 0%

Votos totais: 34

10/3/10

XORNADA 23

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao Boqueixón F.S., este sábado día 13 as 20:00, no Pavillón O Forte.

8/3/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 HOTEL TORQUES MERA 2



Unha vez máis a falta de pegada fixo que o Peugeot Vilalba F.S., non puidera acadar a vitoria, nesta ocasión diante do Hotel Torques Mera.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Fiter, Ati, Iván, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Agus, Hugo, Manu, Marquiño e Paulo.
Os vilalbeses foron os donos da primeira parte, e Fiter non tivo grandes dificultades nos primeiros 20 minutos.
As ocasións para os vilalbeses foron moitas, pero non tiveron a fortuna para poder chegar cunha vantaxe máis grande ao descanso. As máis claras antes do gol, estiveron nas botas de Pequecho, cun tiro que pega en Marquiños cando ía para dentro; e dúas de Hugo que contra o porteiro non foi quen de definir.
O gol chegaría no minuto 15, cun disparo de Manu, que pega nun contrario, antes de chegar ao fondo das redes. 1-0
Tres minutos máis tarde, nun contragolpe Manu recorta ao porteiro, e o seu tiro rexéitao un xogador do Mera, cando ía entra na porta. Penalti e expulsión.
Paulo encargaríase de tirar o penalti, e subir o 2 a 0 ao marcador.
Antes do descanso Manu, executaría un disparo dende fora que repelería o largueiro.
Os oito primeiros minutos da segunda parte, foron de dominio local, pero a partir de aí, os de Mera fixéronse donos do partido.
Os vilalbeses cargaríanse axiña de faltas, e os visitantes recortarían o marcador cun dobre penalti. 1-2
Xa con porteiro xogador empatarían o encontro, e terían algunha ocasión para levar o encontro. 2-2
Nos últimos minutos, Agus dende a súa área estaría a piques de dar a vitoria aos vilalbeses, pero o seu tiro sairía fora por pouco.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 107.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 892.

CIDADE DE OURENSE 5 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. perdeu na casa do Cidade de Ourense por 5 a 3.

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/

5/3/10

XORNADA 22

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 6 as 17:30, ao Hotel Torques Mera, no Pavillón Municipal de Vilalba.

XORNADA 22 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. visita ao Cidade de Ourense, este sábado día 6 as 20:00, no Pavillón Municipal de Os Remedios.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O MEXILLÓN

Pequecho 33%
Manu 20%
Marquiños 20%
Roberto 13%
Ati 6%
Checo 6%
Alex 0%
Fiter 0%
Iván 0%
Nico 0%
Paulo 0%

Votos totais: 15