24/2/10

LOTERÍAS MEXILLÓN DE OURO 5 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Derrota do Peugeot Vilalba F.S., diante do Loterías Mexillón de Ouro, por 3 a 5, que o pon a só un punto dos postos de descenso.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Fiter, Ati, Iván, Pequecho e Roberto. No banco quedaron: Alex, Checo, Manu, Marquiños, Nico e Paulo.
A primeira metade rematou con resultado de 2 a 1, a prol dos locais. O gol dos vilalbeses foi obra de Pequecho, despois de varios rexeites.
Na segunda metade, empataría Manu, a pase de Nico.
Faltando 10 minutos, os de Rianxo adiantaríanse no marcador, e en tres minutos fatais, poñeríanse 5 a 2.
Nos minutos finais, xogando co porteiro-xogador , marcaría Iván, nun rexeite a tiro de Roberto,
Os vilalbeses terían algunha ocasión máis xogando con 5 para 4, pero non serían capaces de materializalas.
O vindeiro encontro do Peugeot Vilalba F.S., será este sábado día 27 as 18:30, contra o C.P. Casás, no Pavillón Municipal de Vilalba.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA TROULA

Ati 41%
Roberto 20%
Marquiños 16%
Iván 12%
Hugo 8%
Agus 0%
Alex 0%
Nico 0%
Paulo 0%

Votos totais: 24

19/2/10

XORNADA 20

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao Loterías Mexillón de Ouro, este sábado día 20 as 16:30, no Pavillón Municipal de Rianxo.

XORNADA 20 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 20 as 20:00, ao Azkar Lugo F.S., no Pavillón Municipal de Vilalba.

17/2/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 2 TROULA F.S. 2

Empate entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Troula F.S., no Municipal de Vilalba, diante duns 100 seareiros.
A primeira parte foi de dominio local, e na segunda calquera puido levar a vitoria.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Alex, Ati, Iván, Paulo e Roberto. No banco quedaron: Agus, Hugo, Marquiños e Nico.
Nunha das poucas ocasións claras dos visitantes na primeira metade do encontro, chegou o gol para os de Betanzos. Foi nunha falta no minuto dous, na que os vilalbeses tiveron un erro na marcaxe, que os contrarios aproveitaron para tomar vantaxe no marcador. 0-1
Pero os locais, remontarían só dous minutos máis tarde. O empate chegaría, nunha xogada individual de Ati. O seu disparo pegaría primeiro no pau, e despois nas costas do porteiro, para rematar dentro da portería. E no minuto catro, nun saque de córner de Roberto, Ati executaría un disparo, que Iván de tacón, enviaría ao fondo das redes. 2-1
A longo desta primeira metade, o Peugeot tería algunhas ocasións claras, pero non foron capaces de incrementar a súa vantaxe.
Á saída dos vestiarios, ámbolos dous equipos, intentaron acadar a vitoria, pero só o Troula foi quen de marcar.
Antes do gol, os vilalbeses terían dúas ocasións nas botas de Marquiños, e unha nas de Roberto.
O empate chegou nunha xogada individual dun xogador visitante, que fixo uns recortes a Paulo, e cruzoulla a Agus. 2-2
Despois do gol, de novo Roberto probaría sorte, pero os seus disparos, rematarían un en córner e outro no pau.
Os derradeiros minutos foron, de dominio visitante, e puideron levar a vitoria, con tres ocasións. A primeira remataría no pau, a segunda sacaría Roberto o coiro na liña de gol, e a falta de cinco segundo salvaría Agus.
A vindeira xornada o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Loterías Mexillón de Ouro, de Rianxo.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 142.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 1132.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA JOGAFÁN

Manu 33%
Hugo 16%
Marquiños 16%
Checo 12%
Nico 8%
Roberto 8%
Ati 4%
Agus 0%
Fiter 0%
Iván 0%
Paulo 0%
Pequecho 0%

Votos totais: 24

8/2/10

JOGAFÁN ORDES F.S. 1 PEUGEOT VILALBA F.S. 5

Vitoria moi importante do Peugeot Vilalba F.S., diante do Jogafán Ordes F.S., por 1 a 5.
Alfonso puxo en pista de inicio a: Fiter, Ati, Iván, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Agus, Checo, Hugo, Manu, Marquiños, Nico e Paulo.
O encontro comezou cos de Ordes dominando, pero sen ningunha xogada de perigo. Pouco a pouco os vilalbeses fixéronse donos do coiro, e comezaron a crear ocasións, froito das cales forzaron un penalti, que Pequecho enviou aos dous paus, e as costas do porteiro do Jogafán.
Faltando seis minutos, chegou o gol de Nico, nunha xogada de estratexia de córner, despois de que pegara o balón nun contrario. 0-1
Pouco despois, nun saque de banda sen aparente perigo, un despiste dos visitantes, propiciou o gol dos locais. Puido trocar o rumbo do partido, pois despois do empate, os de Ordes enviaron un balón ao largueiro. Pero xusto despois Manu puxo o 1 a 2, nun contragolpe, onde foise só pola banda, e o seu disparo entrou pola escuadra. Chegaríamos ao descanso.
A segunda parte comezou igual, cos de Ordes coa posesión do coiro, e o Peugeot creando perigo ao contragolpe.
No minuto 8, nun córner dende a dereita, Manu colgouna ao segundo pau, onde chegou Hugo para cruzarlla ao porteiro. 1-3
Nun libre indirecto ao borde da área, chegoulle o balón a Marquiños no punto de penalti, e non errou. 1-4
Saindo ao contragolpe os vilalbeses terían as mellores ocasións, e a falta de 3 minutos nun contragolpe de libro, chegou o derradeiro gol, obra de Checo. 1-5
Encontro máis doado do que se agardaba, no que o Peugeot apenas, pasou apuros, e que sobre todo, se estivo ben en defensa. Destacar que se gañou tamén o gol average, a un rival directo.
O seguinte encontro será diante do Troula F.S., o día 13 as 17:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.

6/2/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 9 CIDADE DE NARÓN 6

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. gañaronlle por 9 a 6, ao Cidade de Narón.

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O OUTEIRO

Cal foi o mellor xogador contra o S.I. Outeiro de Rei?

Alex 77%
Roberto 13%
Fiter 5 %
Nico 5 %
Ati 0%
Checo 0%
Hugo 0%
Iván 0%
Marquiños 0%
Paulo 0%
Pequecho 0%

Votos totais: 22

3/2/10

XORNADA 18

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao Jogafán Ordes F.S., este sábado día 6 as 17:00. O encontro disputarase no Pavillón Castelao II.
No partido da primeira volta, a vitoria foi para os vilalbeses por 2 a 1.

XORNADA 18 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., recibe esta sábado día 6 as 17:00, ao Cidade de Narón, no Pavillón Municipal de Vilalba.

1/2/10

PEUGEOT VILALBA F.S. 1 S.I. OUTEIRO DE REI 4


Cando se xunta a ineficacia ofensiva, e a falta de intensidade en defensa, o máis normal e que o rival se aproveite e gañe os tres puntos. Foi o que sucedeu este sábado en Vilalba, de onde voaron uns puntos moi importantes, para as terras de Outeiro de Rei.
Por parte do Peugeot Vilalba F.S. xogaron de inicio: Fiter, Marquiños, Nico, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Alex, Ati, Checo, Hugo, Iván e Paulo.
Os dez primeiros minutos foron de dominio visitante, tanto en xogo coma en ocasións, froito das cales, dúas remataron na madeira, e outras dúas no fondo das redes da Fiter.
Antes do descanso as ocasións máis claras dos vilalbeses, serían de dous disparos dende fora da área, de Pequecho e Iván, e ámbolos dous estrelaríanse na madeira, da porta do Outeiro.
A segunda parte estivo chea de ocasións para os dous equipos, e no minuto cinco chegaría o 0 a 3, a prol do Outeiro.
Dous minutos máis tarde, nunha falta sacada con picardía, chegaría o gol de Nico, que daba esperanzas aos locais. En vez de virse a baixo o Outeiro, foi cando tivo as mellores ocasións, pero atopouse cun inspiradísimo Alex, que unha e outra vez, demostraba as súas dotes, diante dos visitantes.
Paulo tería nas súas botas, as mellores ocasións, pero o porteiro e o pau, impedirían o gol.
Antes do final os de Outeiro poñerían o definitivo 1 a 4.
Na seguinte xornada, o Peugeot Vilalba F.S., visita ao Jogafán Ordes F.S., que na clasificación da Autonómica, ocupa a penúltima posición. É case un partido a vida ou morte, pois de gañar os vilalbeses, collerían unha vantaxe de seis puntos, e o gol average a favor, do posto que na actualidade marca o descenso.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 108.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 1078.

COINASA CAIXANOVA OURENSE F.S. 2 PEUGEOT VILALBA F.S. 4

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. gañou por 2 a 4, ao Coinasa Caixanova Ourense F.S..

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/