30/1/10

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA CASTRO

Marquiños 25%
Checo 14%
Agus 11%
Alex 11%
Ati 11%
Pequecho 11%
Hugo 7%
Iván 3%
Nico 3%
Paulo 0%
Roberto 0%

Votos totais: 27

29/1/10

ANIVERSARIO

Hoxe celebramos o noso primeiro aniversário, deste proxecto de información, sobre o Peugeot Vilalba F.S..
Queremos agradecer a todos os nosos colaboradores, aos visitantes, e aos seareiros en xeral, a súa colaboración, que nos permiten mellorar día a día.
Moitas grazas.

XORNADA 17

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 30 as 17:00, ao S.I. Outeiro de Rei, no Pavillón Municipal de Vilalba.

XORNADA 17 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. visitan ao Coinasa Caixanova Ourense F.S., este sábado día 30 as 19:00, no Pavillón Municipal de Os Remedios.

24/1/10

C.F.S. CASTRO 1 PEUGEOT VILALBA F.S. 2


Despois de máis dun mes sen competir, e de máis de dous sen gañar, o Peugeot Vilalba F.S., saíu do Pavillón Municipal de Cospeito, cunha vitoria diante dun rival directo, o C.F.S. Castro. Os seareiros vilalbeses ateigaron as bancadas, e o equipo parecía como se xogara na casa.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Agus, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Alex, Checo, Hugo, Iván, Marquiños e Paulo.
A primeira parte tivo pouca historia, e apenas existiron as ocasións. Os locais nas botas de Walter, puideron poñerse por diante, pero o seu disparo rematou na madeira. Antes do gol dos vilalbeses, Nico tivo dous balóns que non puido aproveitar, e Ati nun disparo dende a dereita puxo a proba ao porteiro do Castro.
No minuto 11, Marquiños nun saque de esquina, poñería por diante ao Peugeot. 0-1
Nun erro dos vilalbeses, os de Castro empatarían o encontro no minuto catorce. 1-1
A segunda tempo foi de dominio visitante, pero non eran capaces de poñerse por diante. Primeiro Iván e despois Paulo, non foron capaces de materializar as súas ocasións.
No minuto nove, un córner sacado por Iván, enviouno o porteiro para dentro, e o gol subiría ao marcador. 1-2
Nas saídas ao contragolpe, os vilalbeses puideron ampliar a súa vantaxe, pero o marcador non se movería.
Faltando un minuto, Walter dispuxo dun dobre penalti, pero Alex moi seguro no encontro, detivo o coiro.
Vitoria moi importante, para a moral do equipo, que recibe a outro rival directo na vindeira xornada, ao S.I. Outeiro de Rei.

PEUGEOT VILALBA F.S. 5 S.D. PAZOS DE BORBÉN 7

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S., perderon por 5 a 7 contra a S.D. Pazos de Borbén, no Pavillón Municipal de Vilalba.

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/

21/1/10

XORNADA 16

O Peugeot Vilalba F.S. xoga este sábado día 23, as 19:30, contra o C.F.S. Castro, no Pavillón Municipal de Cospeito.

XORNADA 16 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., recibe este sábado día 23, as 17:00, ao S.D. Pazos de Borbén, no Pavillón Municipal de Vilalba

18/1/10

CONCELLO DE ARZUA - PEUGEOT VILALBA F.S.

O encontro correspondente á xornada 15, entre o Concello de Arzua e o Peugeot Vilalba F.S., non se puido disputar, ao non comparecer os colexiados.

16/1/10

XORNADA 15

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao Concello de Arzua, este sábado día 16 as 18:00. O encontro disputarase no Municipal de O Viso.

9/1/10

O PARTIDO DOS XUVENIS APRAZADO

O encontro da xornada 15, que se ía a disputar este sábado, entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Carballiño F.S., foi aprazado por mor das inclemencias meteorolóxicas.

7/1/10

PARTIDO APRAZADO

Este mércores disputouse o encontro que no seu día fora aprazado, entre o Ribeira F.S. e o Burela Turística. O resultado final foi de 11 a 3, para o equipo de Ribeira.

XORNADA 15 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., recibe este sábado día 9 as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Carballiño F.S.