18/10/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - LOTERÍAS MEXILLÓN DE OURO

Vitoria por 6 a 1 do Peugeot Vilalba Fútbol Sala, diante dun Loterías Mexillón de Ouro, que pese as ausencias, plantoulle cara durante gran parte do encontro,sobre todo na segunda parte.
Como titulares xogaron: Fiter, Ati, Iván, Marquiños e Nico. Desta volta quedaron no banco: Agus, Hugo, Jorge, Manu, Paulo, Roberto e Saúl.
Comezaron os vilalbeses con gañas de agradar aos 200 seareiros, que acudiron ao Pavillón Municipal de Vilalba, e Marquiños tivo unha oportunidade clara que foi desbaratada por porteiro de Rianxo.
No minuto 3 o Peugeot sacaría un córner que remataría Iván de volea, e o rexeite non o puideron aproveitar nin Ati nin Marquiños.
Un erro de Ati propiciaría o gol dos visitantes no minuto 6, e momentaneamente metíalles o medo no corpo aos vilalbeses.0-1
No minuto 8 , nun saque de esquina o Peugeot empataría por medio de Paulo.1-1
O Mexillón non se daría por vencido, e un minuto máis tarde case marcaría, pero Roberto sacaría debaixo dos paus, cando Fiter xa estaba batido.
Na seguinte xogada Paulo de novo aproveitaría un rexeite, nun tiro de Hugo.2-1
Hugo roubaría un balón no minuto 10, que enviaría a Paulo, pero este non foi quen de bater ao porteiro de Rianxo.
Os visitantes terían unha boa ocasión nunha falta, que Hugo sacou cando o coiro ía entrar na porta.
Nunha boa xogada do Peugeot viría o terceiro gol por medio de Roberto, que faría a súa estrea como goleador esta tempada.3-1
As ocasións seguirían chegando, e as máis claras estarían nas botas de Paulo, Manu e Ati. Pero sería Saúl , que debutaba na casa, o que marcaría o cuarto nunha convinación con Ati, cando faltaba un minuto para o remate da primeira metade.4-1
O Mexillón antes de irse aos vestiarios enviaría un balón ao pau.
Despois do descanso, a intensidade do xogo baixou, e quizais os de Rianxo merecían marcar máis dun gol, pero non terían sorte de cara a porta.
Cando transcorría o minuto 6, Nico roubaba un balón que pasaría a Manu, e dende fora batía ao porteiro.5-1
Na seguinte xogada, cos mesmos protagonistas Manu remataría ao pau.
Os visitantes no minuto 12 terían unha oportunidade nun saque de falta, que da no largueiro, e no rexeite o balón daría outra vez na madeira.
Agus enviaría un balón en longo a Paulo, que aguantaría para pasarlla a Roberto, que executaría un disparo que sairía fora por pouco.
O Peugeot tería algunha ocasión ao contragolpe, pero non sería capaz de engrosar o marcador, e os visitantes seguían intentado recortar distancias.
Cando faltaban segundos para rematar o partido, un erro do Mexillón , aproveitaríao Manu para poñer o definitivo 6 a 1.
O máis positivo do encontro foron os tres puntos, e o negativo foi a baixa intensidade que amosaron os vilalbeses nalgunhas fases do xogo, diante dun rival que pese as ausencias deu a cara en todo momento, e quizais non merecía un resultado tan contundente.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 259.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 100.

No hay comentarios: