4/10/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - JOGAFÁN ORDES F.S.


Primeira vitoria da tempada do Peugeot Vilalba F.S., que deu unha enorme alegría aos 200 seareiros que acudiron ao Pavillón Municipal de Vilalba, para ver o encontro contra o Jogafán Ordes F.S.
Saíron de inicio: Fiter, Marquiños, Nico, Pequecho e Roberto.No banco quedaron: Alex, Ati, Hugo, Manu, Paulo e Rucho.
Saíu o Jogafán en tromba, e cando só ían 7 segundos, xa tivera dúas ocasións na botas de David, cun tiro no saque de centro, e outra no córner posterior, pero en ambas estivo ben Fiter.
A partir dese momento os homes de Alfonso colleron o mando do encontro, e as ocasións non tardaron en chegar.
No minuto 2 Pequecho, que facía o seu debut na casa, recortaría a un contrario e o seu disparo remataría en córner.
Instantes despois Pequecho de novo, dispararía á portería de Jose, pero sairía fora por pouco.
Marquiños roubaría un balón e cando ía tirar faríanlle falta, que el mesmo executaría ao carón do pau esquerdo.
Cando ían sete minutos de partido, Manu intentaría bater a Jose cun tiro dende lonxe, pero detería ben o porteiro de Ordes.
David tería unha boa ocasión, pero Fiter sacaría unha mellor man.
No minuto 11, chegaría o gol de Peugeot, nunha falta dende a esquerda que toca Pequecho, e Manu enviaría o coiro ao fondo da portería.1-0
Paulo intentaríao, pero o balón remataría nas mans de Jose.
Pequecho nun saque de banda dende a dereita, dispararía, e o balón remataría en saque de esquina.
No dezasete, unha xogada de equipo remataría cun tiro alto de Ati.
Antes do descanso os vilalbeses disporían dunha clara ocasión, pero o disparo de Ati batería no pau.
A segunda parte comezou con dúas ocasións de Hugo, pero non estivo atinado.
Pequecho tiña gañas de marcar o seu primeiro gol, e case o consegue nun contragolpe, pero David estaría ben.
O Jogafán necesitaba marcar, e nunha falta ensaiada, Roberto enviaría córner cando o balón ia a gol.
Instantes despois, Manuel dispararía dende fora da área, e Alex enviaría a saque de esquina.
No minuto dez, virían dúas ocasións para o Peugeot. Unha cun tiro de Manu, e outra nun roubo de balón de Pequecho, pero ambas acabarían nas mans de Jose.
Os vilalbeses cargáronse de faltas moi axiña, e no primeiro dobre penalti, David marcarían para os de Ordes.1-1
No minuto dezasete, Angel enviaría o balón ao largueiro da porta de Alex.
E os dous derradeiros minutos serían de infarto, nos que habería ata tres dobres penaltis.
O primeiro estivo nas botas de Manu, pero o balón non vería porta.
No segundo viría o gol de Pequecho, que executaría á perfección o seu disparo.
O terceiro sería para os de Ordes, pero David enviaría o balón ao pau.
Ledicia para o Peugeot, que necesitaba unha vitoria para coller confianza.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 43.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 22.