27/10/09

XORNADA 7 XUVENIL

Este sábado día 31 as 19:00, o equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., recibe ao Cidade de Ourense, no Pavillón Municipal de Vilalba. Os vilalbeses buscan a segunda vitoria consecutiva no seu feudo.

XORNADA 7

O Peugeot Vilalba F.S. xoga coma visitante contra o Hotel Torques Mera, este sábado día 31 as 17:00, no Pabillón Municipal de Canide, en partido correspondente á sétima xornada da Autonómica Norte.

25/10/09

C.P. CASÁS - PEUGEOT VILALBA F.S.

O Peugeot Vilalba F.S. non puido conseguir a vitoria contra o C.P. Casás, a pesar de facer un bo encontro, sobre todo en defensa.A pésima arbitraxe tamén tivo moito que ver, no que podían ser os tres primeiros puntos coma visitante, pero unha e outra vez os colexiados prexudicaban aos vilalbeses, parecendo saldar contas pendentes, cunha actitude chulesca, propia dunha parella bailando chotis.
O quinteto de Alfonso foi: Alex, Ati, Hugo, Marquiños e Pequecho. Esperaron a súa oportunidade: Agus, Jorge, Manu, Paulo, Roberto, Rucho e Saúl.
Na primeira parte, o Peugeot foi quen puxo máis empeño en levar o encontro, a pesar de comezar con algún que outro erro, e xa no primeiro minuto Ati executaría un disparo que remataría en córner.
Nun despiste defensivo, Alex empregaríase a fondo para deter un tiro dos lucenses.
No minuto tres, nun saque de banda de Pequecho, Marquiños dispararía, pero o coiro sería detido polo porteiro do Casás.
Dous minutos máis tarde, Ati roubaría un balón, e a xogada remataría en Marcos, que no segundo pau, transformaría no primeiro gol do partido. 0-1
O dúo arbitral cargaría moi axiña aos visitantes con faltas inexistentes, pero non se podía protestar, pois parecía que xa tiñan escrito o guión para favorecer aos locais. Pero a casta do Peugeot non permitía, que a parella de chotis, botara por terra o seu bo facer, e noutra recuperación, esta vez de Manu, que atravesaría a pista coma unha faísca, remataría no gol de Paulo. 0-2
Unha das poucas ocasións dos locais en xogada, remataría no pau, no minuto 12.
Un minuto máis tarde o Casás tería un dobre penalti, que sairía fora.
Os vilalbeses seguían ao seu, e Jorge poñería a proba os reflexos do porteiro lucense, cun tiro dende fora da área, pero este enviaría o balón a córner.
No minuto 17, nunha xogada levada por Manu, recortaría a un defensor, e dende a veira da área marcaría o que sería o terceiro para o Peugeot. 0-3
E faltando un minuto para o descanso, os árbitros pitaron unha falta inexistente, cando un xogador lucense deixouse caer claramente, diante dun Pequecho, que non podía crer a inxustiza que acababan de cometer. Lanzarían o dobre penalti, que Alex rozaría coa punta dos dedos, pero non o suficiente para detelo. 1-3
A segunda metade foi de dominio local, pero transcorrían os minutos e non eran quen de dobregar aos vilalbeses, que con unllas e dentes, defendían o conseguido no primeiro tempo, e creaban perigo ao contragolpe.
Cando os visitantes non podían deter as envestidas dos lucenses, estaba Agus para desbaratalas.
Entre o minuto nove e once, o Peugeot disporía de tres claras ocasións. A primeira nas botas de Jorge, que non soubo definir cando estaba só diante do porteiro. A segunda nunha xogada en estratexia de Pequecho e Roberto. E a máis fermosa do partido, cando Manu sorteou a tódolos rivais, e na saída do porteiro elevou o coiro, que sairía rozando o pau.
O Casás no minuto trece poñería en pista ao porteiro-xogador, que sería a clave para que os lucenses lle deran a volta ao encontro. Os vilalbeses aguantarían dous minutos, pero no minuto quince viría o segundo tanto local, e na seguinte xogada de ataque o empate.3-3
Nunha dubidosa falta, o Casás remontaría, poñendo o definitivo catro a tres.
Manu faltando un minuto tería a derradeira xogada para empatar, pero o coiro remataría en córner.
Bo partido dos vilalbeses, que terán que agardar unha xornada máis para estrearse coma visitantes. Hugo e Pequecho, remataron o encontro mancados, e terán que agardar, para saber si poden estar na viaxe a Mera.

PEUGEOT VILALBA F.S. - LOS TRES CUÑADOS

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., gañou coma local por catro a un, contra o Pizarras Los Tres Cuñados - O Barco.
Os goles vilalbeses foron obra de: Freire (2), Joel e Juanito.

Máis información en : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

24/10/09

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA MEXILLÓN

Manu 34%
Paulo 18%
Hugo 13%
Marquiños 9%
Ati 6%
Roberto 6%
Fiter 2%
Iván 2%
Nico 2%
Saúl 2%
Agus 0%
Jorge 0%

Votos totais: 43

20/10/09

XORNADA 6 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. recibirá este sábado día 24 as 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Pizarras Los Tres Cuñados - O Barco, en partido correspondente á sexta xornada da Liga Autonómica Xuvenil.

XORNADA 6

O Peugeot Vilalba F.S. xogará coma visitante en Lugo contra o C.P. Casás, este sábado día 24 as 17:00 horas, na Casa do Deporte ( Avda. Duquesa de Lugo). Os vilalbeses viaxan coa intención de acadar a primeira vitoria a domicilio.
O encontro corresponde á xornada 6 da Autonómica Norte.

18/10/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - LOTERÍAS MEXILLÓN DE OURO

Vitoria por 6 a 1 do Peugeot Vilalba Fútbol Sala, diante dun Loterías Mexillón de Ouro, que pese as ausencias, plantoulle cara durante gran parte do encontro,sobre todo na segunda parte.
Como titulares xogaron: Fiter, Ati, Iván, Marquiños e Nico. Desta volta quedaron no banco: Agus, Hugo, Jorge, Manu, Paulo, Roberto e Saúl.
Comezaron os vilalbeses con gañas de agradar aos 200 seareiros, que acudiron ao Pavillón Municipal de Vilalba, e Marquiños tivo unha oportunidade clara que foi desbaratada por porteiro de Rianxo.
No minuto 3 o Peugeot sacaría un córner que remataría Iván de volea, e o rexeite non o puideron aproveitar nin Ati nin Marquiños.
Un erro de Ati propiciaría o gol dos visitantes no minuto 6, e momentaneamente metíalles o medo no corpo aos vilalbeses.0-1
No minuto 8 , nun saque de esquina o Peugeot empataría por medio de Paulo.1-1
O Mexillón non se daría por vencido, e un minuto máis tarde case marcaría, pero Roberto sacaría debaixo dos paus, cando Fiter xa estaba batido.
Na seguinte xogada Paulo de novo aproveitaría un rexeite, nun tiro de Hugo.2-1
Hugo roubaría un balón no minuto 10, que enviaría a Paulo, pero este non foi quen de bater ao porteiro de Rianxo.
Os visitantes terían unha boa ocasión nunha falta, que Hugo sacou cando o coiro ía entrar na porta.
Nunha boa xogada do Peugeot viría o terceiro gol por medio de Roberto, que faría a súa estrea como goleador esta tempada.3-1
As ocasións seguirían chegando, e as máis claras estarían nas botas de Paulo, Manu e Ati. Pero sería Saúl , que debutaba na casa, o que marcaría o cuarto nunha convinación con Ati, cando faltaba un minuto para o remate da primeira metade.4-1
O Mexillón antes de irse aos vestiarios enviaría un balón ao pau.
Despois do descanso, a intensidade do xogo baixou, e quizais os de Rianxo merecían marcar máis dun gol, pero non terían sorte de cara a porta.
Cando transcorría o minuto 6, Nico roubaba un balón que pasaría a Manu, e dende fora batía ao porteiro.5-1
Na seguinte xogada, cos mesmos protagonistas Manu remataría ao pau.
Os visitantes no minuto 12 terían unha oportunidade nun saque de falta, que da no largueiro, e no rexeite o balón daría outra vez na madeira.
Agus enviaría un balón en longo a Paulo, que aguantaría para pasarlla a Roberto, que executaría un disparo que sairía fora por pouco.
O Peugeot tería algunha ocasión ao contragolpe, pero non sería capaz de engrosar o marcador, e os visitantes seguían intentado recortar distancias.
Cando faltaban segundos para rematar o partido, un erro do Mexillón , aproveitaríao Manu para poñer o definitivo 6 a 1.
O máis positivo do encontro foron os tres puntos, e o negativo foi a baixa intensidade que amosaron os vilalbeses nalgunhas fases do xogo, diante dun rival que pese as ausencias deu a cara en todo momento, e quizais non merecía un resultado tan contundente.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 259.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 100.

AZKAR LUGO F.S. - PEUGEOT VILALBA F.S

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado na súa visita ao Azkar Lugo F.S. por 7 a 1.
O gol dos vilalbeses foi obra de Juanito.

Máis información en : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

16/10/09

ENQUISA ELIMINADA

Por un erro na edición da páxina, eliminouse a enquisa desta semana.
No resultado provisional ía gañando Pequecho con 7 votos, seguido de preto por Manu con 6.
Esperemos solucionar o problema para a vindeira semana.

15/10/09

XORNADA 5 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. xoga este sábado día 17 as 16:00 contra o Azkar, no Centro Deportivo Terra.

XORNADA 5

O Peugeot Vilalba F.S. xoga como local este sábado día 17 as 18:30, contra o Loterías Mexillón de Ouro, no Pavillón Municipal de Vilalba.

13/10/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - CIBER VERME

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 1 a 5 contra o Ciber Verme, no Pavillón Municipal de Vilalba.

Máis información en : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

TROULA F.S. - PEUGEOT VILALBA F.S.

O Peugeot Vilalba F.S. saíu derrotado na súa visita ao Troula F.S. por 4 a 2.
Saíron de inicio: Alex, Iván, Marquiños, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Agus, Ati, Jorge, Manu, Paulo, Roberto e Saul.
Os vilalbeses comezaron marcando por medio de Manu. Os de betanzos igualarían o partido antes do descanso.
Na segunda metade o Troula remontaría o encontro con tres tantos máis. Pequecho recurtaría distancias cun gol de dobre penalti.
Resultado final 4 a 2 para o Troula F.S.

10/10/09

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA JOGAFÁN

Manu 32%
Pequecho 29%
Marquiños 8%
Fiter 6%
Nico 6%
Rucho 4%
Alex 3%
Ati 3%
Roberto 3%
Hugo 1%
Paulo 1%

Votos totais: 60

9/10/09

PARTIDO APRAZADO

O Concello de Arzúa impúxose por 3 a 2 ao F.S. Alameda Xarío.

7/10/09

XORNADA 4 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. reciben este sábado día 10 as 17:00, ao Ciber Verme, na cuarta xornada da Autonómica Xuvenil.

XORNADA 4

O Peugeot Vilalba Fútbol Sala xogará coma visitante este sábado día 10 as 17:00, contra o Troula F.S., no partido correspondente á xornada 4ª da Autonómica Norte.

4/10/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - JOGAFÁN ORDES F.S.


Primeira vitoria da tempada do Peugeot Vilalba F.S., que deu unha enorme alegría aos 200 seareiros que acudiron ao Pavillón Municipal de Vilalba, para ver o encontro contra o Jogafán Ordes F.S.
Saíron de inicio: Fiter, Marquiños, Nico, Pequecho e Roberto.No banco quedaron: Alex, Ati, Hugo, Manu, Paulo e Rucho.
Saíu o Jogafán en tromba, e cando só ían 7 segundos, xa tivera dúas ocasións na botas de David, cun tiro no saque de centro, e outra no córner posterior, pero en ambas estivo ben Fiter.
A partir dese momento os homes de Alfonso colleron o mando do encontro, e as ocasións non tardaron en chegar.
No minuto 2 Pequecho, que facía o seu debut na casa, recortaría a un contrario e o seu disparo remataría en córner.
Instantes despois Pequecho de novo, dispararía á portería de Jose, pero sairía fora por pouco.
Marquiños roubaría un balón e cando ía tirar faríanlle falta, que el mesmo executaría ao carón do pau esquerdo.
Cando ían sete minutos de partido, Manu intentaría bater a Jose cun tiro dende lonxe, pero detería ben o porteiro de Ordes.
David tería unha boa ocasión, pero Fiter sacaría unha mellor man.
No minuto 11, chegaría o gol de Peugeot, nunha falta dende a esquerda que toca Pequecho, e Manu enviaría o coiro ao fondo da portería.1-0
Paulo intentaríao, pero o balón remataría nas mans de Jose.
Pequecho nun saque de banda dende a dereita, dispararía, e o balón remataría en saque de esquina.
No dezasete, unha xogada de equipo remataría cun tiro alto de Ati.
Antes do descanso os vilalbeses disporían dunha clara ocasión, pero o disparo de Ati batería no pau.
A segunda parte comezou con dúas ocasións de Hugo, pero non estivo atinado.
Pequecho tiña gañas de marcar o seu primeiro gol, e case o consegue nun contragolpe, pero David estaría ben.
O Jogafán necesitaba marcar, e nunha falta ensaiada, Roberto enviaría córner cando o balón ia a gol.
Instantes despois, Manuel dispararía dende fora da área, e Alex enviaría a saque de esquina.
No minuto dez, virían dúas ocasións para o Peugeot. Unha cun tiro de Manu, e outra nun roubo de balón de Pequecho, pero ambas acabarían nas mans de Jose.
Os vilalbeses cargáronse de faltas moi axiña, e no primeiro dobre penalti, David marcarían para os de Ordes.1-1
No minuto dezasete, Angel enviaría o balón ao largueiro da porta de Alex.
E os dous derradeiros minutos serían de infarto, nos que habería ata tres dobres penaltis.
O primeiro estivo nas botas de Manu, pero o balón non vería porta.
No segundo viría o gol de Pequecho, que executaría á perfección o seu disparo.
O terceiro sería para os de Ordes, pero David enviaría o balón ao pau.
Ledicia para o Peugeot, que necesitaba unha vitoria para coller confianza.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 43.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 22.

CIDADE DE NARON - PEUGEOT VILALBA F.S. XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. acadaron a primeira victoria da tempada contra o Cidade de Narón, co resultado de 0 a 4.
Os tantos vilalbeses foron marcados por: Vizca, Freire, Joel e Juanito.

Máis información en: www.xuvenisvilalbafs.es.tl

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA OUTEIRO

Agus 33%
Hugo 25%
Fiter 12%
Ati 8%
Paulo 8%
Pequecho 8%
Roberto 4%
Jorge 0%
Marquiños 0%
Nico 0%
Rucho 0%

Votos totais: 24

A espera do fallo do comite técnico regulador das enquisas, Agus sen ir convocado foi o gañador.

1/10/09

VIDEO PARTIDO PEUGEOT VILALBA F.S.- C.F.S. CASTRO





Estes videos están colgados en YouTube por cortesía do Jim Sport Melide F.S.
Podedes atopar máis videos de encontros da Autonómica.