19/4/09

PEUGEOT VILALBA F.S.-PARRILLADA PORTA SANTIAGO

Outra nova victoria para o Peugeot Vilalba F.S., que fixo un partido serio, diante do Parrillada Porta Santiago.O encontro disputouse no Pavillón Municipal de Vilalba con 150 seareiros nas gradas.
O árbitro foi Ismael Gómez Vila, que tivo unha actuación desafortunada, cargando de faltas inexistentes aos locais.
Alfonso puxo en pista a : Agus, Ati, Manu, Nico e Roberto.Quedaron no banco : Alex, Edu, Jose, Marquiños e Paulo.
Comezaría marcando o Porta Santiago nunha xogada persoal de Antonio cando só ía disputado un minuto.0-1
No minuto 5 Manu rouba un balón, pásallo a Roberto, este devólvella, e Manu empataría para os vilalbeses.
Manu tería outra boa ocasión catro minutos máis tarde, pero o coiro sairía desviado da porta de Iago.
As dúas seguintes ocasións serían para Roberto, unha nun saque de banda de Manu, enviando o balón ao pao.E outra nun tiro, que Iago enviaría córner.
Agús detería un disparo de Antonio, no minuto 11.
Nos últimos 5 minutos os locais encarrilarían o encontro.
Marquiños no minuto 20, nunha combinación perfecta con Nico poñería por diante ao Peugeot.2-1
Dous minutos máis tarde, Paulo estrearíase como goleador, cun cano fermoso, e un tiro colocado que daría no pao, para rematar non fondo da portería dos visitantes.3-1
Agus saca en longo a Edu, que aguanta e pasa na liña de gol, para que Marquiños marcara o cuarto dos locais, cando faltaban 30 segundos para o remate da primeira parte.4-1
No segundo tempo o Peugeot Vilalba, baixaría o ritmo de xogo, e os visitantes terían algunha ocasión máis.
Paulo quería aumentar a súa conta goleadora, pero unha vez Iago e outra o pao impediríano.
Agus faría unha boa parada a Gustavo no minuto 5, e no 7 Fernando enviaría o balón ao pao da portería local.
Roberto confirmaría o seu gafe en Vilalba, pois no que levamos de liga non foi capaz de marcar na casa.Sería nun saque de banda de Manu, que Roberto empalma e Iago fai unha boa parada.
Antonio volvería tirar ao pao da portería de Agus.
Cando corría o minuto 15, Andre executa un tiro que Agus detén, envía o balón a Roberto que pasa a Manu, e o disparo deste acabaría no pao.
Roberto tería outra ocasión a pase de Nico que Iago desviaría a córner.
Nico no 22, enviaría outro balón ao pao.
Uns segundos máis tarde Manu marcaría un golazo, nun disparo dende fora da área pola escuadra.
Faltando un minuto Antonio poñería a proba a Agus, pero este respondería cunha nova parada.
Marcador final de 5 a 1 para o Peugeot Vilalba F.S.
O vindeiro partido, será o sábado 25 as 18:30, contra o Amigos de Rábade, no Pavillón Municipal de Vilalba.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 320 ( Tomás Leal Seoane).

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 1104.