7/3/09

PEUGEOT VILALBA F.S.-NAVIA DE SUARNA


Partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Navia de Suarna., con 200 seareiros nas gradas.
Alfonso volvería ao banco despois de cumprir a súa sanción.
O conxunto vilalbés saíu de inicio con Alex, Ati, Nico, Hugo e Roberto, quedando no banco Agus, Paulo, Edu, Fer, Rucho e Marquiños.
Os vilalbeses despois da derrota na xornada pasada querían sacala espiña e comezaron tomando o control do partido pero sen fortuna de cara a gol.
Ati tivo dúas ocasións claras pero non foi capaz de mandalo coiro ao fondo das redes.
O Peugeot seguía dominando pero ata o minuto 20 non se adiantaría.Nun saque de banda sacado por Roberto, Edu colleríalle as costas ao seu defensor e marcaría o primeiro da tarde.
Ao comezo da segunda parte Marquiños tivo dúas ocasións moi claras, unha no primeiro minuto, que saíu por pouco; e dous minutos máis tarde nun saque de esquina, tampouco tivo sorte e non puido bater ao porteiro do Navia.
No minuto nove Rucho realizaría un disparo dende a dereita e ao rexeite no chega Roberto por pouco.
A partir do minuto dez o partido collería un ritmo máis pausado, e o Navia intentaría empatar o partido, tendo un par de ocasións claras entre elas un disparo ao pao da portería de Alex.
Faltando 10 segundos os locais levarían unha contra perfecta e Marquiños subiría o definitivo 2-0 ao marcador.
Ao final do partido desencadearíase unha tángana entre xogadores de ambos equipos, e cando o presidente do Peugeot foi a mediar, sufriría unha agresión dos xogadores visitantes.Este feito desencadearía unha pequena invasión dos seareiros.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna correspondeu ao nº de socio 243 ( Javier Barrera Vázquez ).

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 856.