1/3/09

HOTEL ROMA-PEUGEOT VILALBA F.S.

Partido disputado no Pavillón de Oural entre os equipos do Hotel Roma e do Peugeot Vilalba F.S..O arbitro do encontro foi Fernando Bello.
Alfonso cumpriría o seu segundo partido de sanción, e tería que presenciar dende a grada as evolucións dos seus xogadores.
Sairían de inicio Alex, Ati, Hugo, Nico e Roberto, esperando a súa oportunidade no banco Agus, Edu, Manu, Marquiños e Rucho.
No minuto 11 nun despiste na defensa dos vilalbeses Manuel adiantaría aos locais.
Nico nun tiro de falta na metade da primeira parte tería unha gran ocasión para adiantar ao Peugeot, pero o gol non chegaría ata o minuto 19 nun contragolpe montado por Alex, e culminado por Edu a pase de Manu.
Faltando 3 minutos para o descanso Marquiños tería unha dobre oportunidade nun saque de esquina, pero sería incapaz de poñer por diante ao seu equipo.
A escasos segundos do final da primeira parte Rucho tería unha gran ocasión, na que o balón sairía rozando o pao.
Ao comezo da segunda parte Manuel regatearía a Alex e poñería de novo ao Hotel Roma por diante.
As ocasións dos vilalbeses non tardarían en chegar, pero unhas veces a falta de acerto, outras a mala sorte, e sobre todo un excelente Adrián, farían que o esforzo dos xogadores do Peugeot non se materializara no marcador.
No minuto 12 Raul marcaría o 3-1 para o equipo de Sarria.
Máis ocasións dos visitantes, pero o marcador non se movería, confirmando que o Hotel Roma tenlle collida a medida ao Peugeot.
O Peugeot Vilalba F.S. xogará o vindeiro partido o sábado 7 de Marzo contra o Navia de Suarna no Pavillón Municipal de Vilalba.