22/2/09

PEUGEOT VILALBA F.S.-CASTROVERDE F.S


Partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Castroverde F.S., con 100 seareiros nas gradas.
O equipo local dominou de principio a fin o encontro, con algunha ocasión dos visitantes sempre ben respostadas por Fiter e Alex.
O conxunto de Alfonso saíu de inicio con Fiter, Ati, Nico, Fer e Roberto, quedando no banco Alex, Manu, Edu, Hugo e Jose.
O Peugeot colleu a iniciativa no primeiro minuto para non soltala, pero non foi transformada no marcador ata o minuto 17, nun tiro cruzado de Ati dende a dereita.
Catro minutos máis tarde nunha xogada trenzada polo equipo, Hugo enviaría o balón ao fondo da portería dos visitantes.
Faltando 30 segundos Fer mancaríase de novo no xeonllo, confirmando a súa mala sorte esta tempada con este tipo de lesións.
Chegaríamos ao descanso cun curto marcador de 2-0 para os vilalbeses.
Pero esto sería solucionado no primeiro minuto cun tiro de Manu dende fora da área, que batía ao porteiro por alto.
Un minuto máis tarde, nunha falta tirada polo Castroverde , estes protestarían unhas posibles mans de Hugo.
De novo Manu, cando íamos no 13 da segunda parte , executaría con outro tiro por alto un contragolpe do equipo local.
Os visitantes intentaban recortar o marcador, pero Alex desbaratou as súas ocasións.
Faltando dous minutos os xogadores do Peugeot plasmarían a súa superioridade noutro contragolpe, para que Manu fixera o quinto dos locais, e o terceiro da súa conta particular.
Tres puntos moi importantes para a moral do equipo, que a xornada seguinte visitará ao Hotel Roma.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna correspondeu ao nº de socio 27 ( Pablo Leal Ares).

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 801.