27/2/09

GOLEADA DOS XUVENÍS

Partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba entre o Vilalba F.S. e o Outeiro de Rei, cuns 100 seareiros nas gradas.
Comezou adiantándose o equipo de Peón por medido de Juanito, empatando os visitantes ao pouco tempo.
De novo os locais poñeríanse por diante cun gol de Joel.
Antes do descanso marcarían os xogadores do Outeiro para chegar con empate a dous goles.
A segunda parte foi de claro dominio local, marcando Paulo, Joel de novo, e nunha falta á veira da área Vizca marcaría o definitivo 5-2 para os vilalbeses.
Mañá xogarán como visitantes contra Carnicería Ángel en Lugo.

Máis información na páxina web : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

26/2/09

NOTA DA DIRECTIVA

As ceas que se sortean co nº de socio no descanso dos partidos, non se poderán trocar de data, e o agraciado terá que presentar sempre o seu carnet de socio.

ESTE VENRES PARTIDO DO XUVENÍS

Os xuvenís xogarán o partido que tiña aprazado polo tempotal pasado, este venres día 27 as 20:00 contra o Outeiro de Rei F.S., no Pabillón Municipal de Vilalba.

25/2/09

XORNADA 17

O vindeiro sábado 28 de Febreiro as 16:45 o Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Hotel Roma no partido correspondente á xornada 17.
O encontro xogarase no Polideportivo de Oural ( zona escolar de Oural ).
O partido da primeira volta rematara en taboas co resultado de 2-2.
O autobús sairá de diante da Casa de Cultura as 14:45.
Os xuvenís xogarán esta fin de semana como visitantes en Lugo contra Carnicería Angel.

23/2/09

GOLEADORES 21/02/09



CLASIFICACIÓN 21/02/09


RESULTADOS XORNADA 16

Navia de Suarna 3-3 Hotel Roma

Peugeot Vilalba F.S. 5-0 Castroverde F.S.

Disco Rado 2-2 Samos F.S.

Industrial Recense 5-2 Baralla F.S.

Parrillada Porta Santiago 7-3 Cubelas F.S.

Amigos de Rábade 1-5 Autoescuela Norte Burela

Santa Isabel 4-1 Juventudes de Puebla

22/2/09

PEUGEOT VILALBA F.S.-CASTROVERDE F.S


Partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Castroverde F.S., con 100 seareiros nas gradas.
O equipo local dominou de principio a fin o encontro, con algunha ocasión dos visitantes sempre ben respostadas por Fiter e Alex.
O conxunto de Alfonso saíu de inicio con Fiter, Ati, Nico, Fer e Roberto, quedando no banco Alex, Manu, Edu, Hugo e Jose.
O Peugeot colleu a iniciativa no primeiro minuto para non soltala, pero non foi transformada no marcador ata o minuto 17, nun tiro cruzado de Ati dende a dereita.
Catro minutos máis tarde nunha xogada trenzada polo equipo, Hugo enviaría o balón ao fondo da portería dos visitantes.
Faltando 30 segundos Fer mancaríase de novo no xeonllo, confirmando a súa mala sorte esta tempada con este tipo de lesións.
Chegaríamos ao descanso cun curto marcador de 2-0 para os vilalbeses.
Pero esto sería solucionado no primeiro minuto cun tiro de Manu dende fora da área, que batía ao porteiro por alto.
Un minuto máis tarde, nunha falta tirada polo Castroverde , estes protestarían unhas posibles mans de Hugo.
De novo Manu, cando íamos no 13 da segunda parte , executaría con outro tiro por alto un contragolpe do equipo local.
Os visitantes intentaban recortar o marcador, pero Alex desbaratou as súas ocasións.
Faltando dous minutos os xogadores do Peugeot plasmarían a súa superioridade noutro contragolpe, para que Manu fixera o quinto dos locais, e o terceiro da súa conta particular.
Tres puntos moi importantes para a moral do equipo, que a xornada seguinte visitará ao Hotel Roma.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna correspondeu ao nº de socio 27 ( Pablo Leal Ares).

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 801.

18/2/09

REACTIVADO O FORO ANTIGO

Despois dunhas consultas cos técnicos do soporte do foro, conseguimos que o voltaran activar e ademáis conservar tódolos contidos.Desculpade as molestias.
Así que : ¡¡ A SEGUIR FOREANDO!!

17/2/09

XORNADA 16

O Peugeot Vilalba F.S. xogará este sábado día 21 as 17:00 no Pabillón Municipal de Vilalba o partido correspondente á xornada 16, que o enfrontará ao Castroverde F.S.
No partido da primeira volta os vilalbeses gañaran como visitantes por 2-4.

SANCION DE ALFONSO

O adestrador do Peugeot Vilalba F.S. Alfonso, foi sancionado con 2 partidos de suspensión pola Federación de Lugo, a raiz da súa expulsión no partido contra o Baralla nos intres finais do encontro por unhas protestas ao arbitro.

PROBLEMAS NO FORO

Por causas alleas que por agora descoñecemos, o foro foi desactivado.
Estamos intentando arranxar o problema, mentras que non temos solucións creamos outro novo.
Podedes deixar as vosas opinións alí, sobre todo se queredes conservar un, ou outro.
Teredes máis información en breve.

16/2/09

CLASIFICACIÓN 14/02/2009





RESULTADOS XORNADA 15

  • Juventudes de Puebla 3-1 Hotel Roma

  • Castroverde F.S. 4-3 Navia de Suarna

  • Samos F.S. 5-4 Peugeot Vilalba F.S.

  • Baralla F.S. 5-3 Disco Rado

  • Cubelas F.S. 4-3 Industrial Recense

  • Autoescuela Norte Burela 11-0 Parrillada Porta Santiago

  • Santa Isabel 5-1 Amigos de Rábade

SAMOS F.S. - PEUGEOT VILALBA F.S.

Partido do Peugeot Vilalba F.S. como visitante contra o Samos F.S..A arbitraxe correu a cargo de Miguel Franco Vázquez.
Foron convocados por Alfonso: Alex, Edu, Jose, Nico, Ati, Roberto, Fer, Fiter, e os xuvenís Miguel, Paulo e Alejandro.
Adiantaríanse os chairegos por parte de Ati, e nunha xogada de infortunio de Fiter empatarían os locais.
Nun rebote Roberto adiantaría aos de Vilalba e logo nun dobre penalti marcaría de novo, para poñer no marcador o 1-3.
Recurtaría o Samos dende o dobre penalti, e Nico para os vilalbeses antes do descanso anotaría o 2-4.
Na segunda parte os xogadores de Vilalba parecía que seguían nos vestiarios porque o xogo que despregaron foi nulo.
Nun córner e dúas contras o locais levaron o triunfo que lles permitía fuxir do derradeiro posto da clasificación.
Salientar o debut dos xuvenís Miguel e Paulo.

11/2/09

REDIRECCIÓN DA PÁXINA

Dende Texas o noso compañeiro e xogador Marquiños fíxonos unha redirección da páxina, para que fora máis sinxela de lembrar.
A redirección é http://vilalbafs.tk/ , e decir, que soamente hai que poñer na barra de navegación vilalbafs.tk
De todos xeitos a antiga dirección segue operativa.

XORNADA 15

O Peougeot Vilalba F.S. xoga este vindeiro sábado día 14 de Febreiro as 18:00 como visitante contra o Samos F.S.
No partido da primeira volta o marcador decantouse por un contundente 10-2 para os vilalbeses.
O autobús sairá as 16:00 de diante da Casa de Cultura.

9/2/09

O PEUGEOT NAS ONDAS

• Tódolos xoves as 15:00 no programa de información deportiva, Ser Deportivos de Radio Principal Vilalba Cadena Ser, no 87.7 da FM, teredes a información semanal do Peugeot Vilalba F.S.

CLASIFICACIÓN 07/02/2009







RESULTADOS XORNADA 14

  • Hotel Roma 3-3 Castroverde F.S.
  • Navia de Suarna 4-3 Samos F.S.
  • Peugeot Vilalba F.S. 4-3 Baralla F.S.
  • Disco Rado 4-10 Cubelas F.S.
  • Industrial Recense 2-6 Autoescuela Norte Burela
  • Amigos de Rábade 6-5 Juventudes de Puebla
  • Parrillada Porta de Santiago 2-6 Santa Isabel

8/2/09

PEUGEOT VILALBA F.S.-BARALLA F.S.


Partido correspondente á xornada 14 da Liga Provincial Senior de Fútbol Sala, entre os equipos do Peugeot Vilalba F.S. e o Baralla F.S., disputado no Pabillón Municipal de Vilalba, coa presenza na grada de 250 siareiros.O árbitro do partido foi Iban Vázquez e o anotador da mesa Joaquín Vieito.
O quinteto do Peugeot estivo formado por Alex, Jose, Nico, Roberto e Ati, quedando no banco Fiter, Edu e Fer.
Adiantouse o equipo vilalbés por medio de Ati en xogada persoal.Logo empataría o Baralla F.S. nun lanzamento de falta de Angel.
Ati voltaría poñer por diante aos locais cun tiro que entrou chorando na porta visitante.
Chegaríase ao descanso co resultado de 2-1 a prol dos chairegos.
No comenzo da segunda parte o Peogeot veuse a baixo, momento que aproveitou o Baralla para marcar nun contragolpe levado por Angel.2-2
Noutra falta Angel poñería por diante os visitantes.2-3
Tempo morto pedido por Alfonso para dar ordes aos xogadores, e pouco despois Edu cun lanzamento dende fora da área empataba o partido.
Faltando catro minutos nunha falta ensaiada Fer marcaba o gol da remontada.
A poucos segundos do remate,o Baralla dispón dunha falta á veira da área de Fiter.Ati ve o segundo cartón amarelo por desprazar o balón.
Nun desatino entre o árbitro e o "mesa" co tempo restante, créase a polémica que remata co adestardor local expulsado.
O Baralla tira a falta e falla.Fin do Partido.
Victoria de Peugeot Vilalba F.S. por 4-3.


O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna correspondeu ao nº de socio 314 ( Carlos Alvarez Paredes).
E o sorteo patrocinado por Osborne, Peugeot Vilalba e polo equipo correspondeu á papeleta co nº 384.

EMPATE DOS XUVENÍS

Os xuvenís remataron o seu partido contra o Rábade F.S. con empate a catro.
Os goles dos vilalbeses foron obra de Juanito, Miguel, Paulo e Freire.

4/2/09

BUFANDAS Á VENDA




Xa están a vosa disposición as bufandas do equipo coa lenda " SIAREIROS VILALBESES UNIDOS POR UNHA SOA RAZON ".
Pódense adquirir ao prezo de 10 euros nos partidos ou na Cafetería A Pravia.
Máis información no correo: vilalbafs@gmail.com

XORNADA 14

O sábado día 7 de Febreiro as 19:00 disputarase o partido correspondente a xornada 14 entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Baralla F.S. no Pabillón Municipal de Vilalba
No partido da primeira volta o equipo vilalbes impúxose por un resultado de 2-5.
As 17:30 no mesmo pabillón os xuvenís enfróntaranse ao Rábade F.S.