30/12/09

COMIDA NADAL 2009










Estas son algunhas fotos da comida de Nadal, que se celebrou o día 26 de Decembro.
Os membros da familia do Peugeot, quedamos a mediodía na Cafetería A Pravia, para comezar un longo día de confraternización, que seguimos co xantar na Cervexería A Taberna.

Máis fotos no foro e no Facebook do equipo.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA VENTORRILLO?

Manu 29%
Marquiños 19%
Checo 16%
Ati 12%
Agus 6%
Iván 6%
Roberto 6%
Pequecho 3%
Alex 0%
Paulo 0%

Votos totais: 31

24/12/09

FELICES FESTAS

Dende o Peugeot Vilalba F.S. desexamos unhas Felices Festas a tod@s, especialmente aos soci@s, seareir@s, patrocinadores, colaboradores, e a tódolos equipos de Fútbol Sala, sobre todo aos que compiten na Autonómica Norte e na Autonómica Xuvenil.

20/12/09

PEUGEOT VILALBA F.S. 3 VENTORRILLO CAIXANOVA 7


Nova derrota do Peugeot Vilalba F.S., que deu demasiadas facilidades a un Ventorrillo, que a este ritmo rematará a Liga como líder destacado.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Alex, Ati, Iván, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Agus, Checo, Manu, Marquiños e Paulo.
A primeira parte foi de claro dominio visitante, que se aproveitou ben dos erros locais, e no minuto catro xa levaba dous goles, e dous tiros que remataron na madeira.
Pequecho poñería o 1 a 2, ao transformar un claro penalti.
Os primeiros vinte minutos remataron co marcador de 1 a 5.
Na segunda metade, os vilalbeses xogarían a un bo nivel e terían ocasións para recortar o marcador.
As ocasións máis claras estiveron nas botas de Checo e Iván, pero sería Manu quen marcaría no minuto 10, nun lanzamento de falta. 2-5
O Ventorrillo marcaría de novo no minuto 15. 2-6
Checo faría a súa estrea como goleador no minuto 18, e segundos máis tarde enviaría un balón ao pau. 3-6
Os visitantes no minuto 19, poñerían o definitivo 3 a 7.
Chega o parón de Nadal, e a competición retomarase o 9 de Xaneiro. O Peugeot Vilalba F.S. xogará como visitante contra o Concello de Arzúa.

CONCELLO DE GUITIRIZ 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 1

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 6 a 1, contra o Concello de Guitiriz.

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/

19/12/09

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA CEDEIRA

Pequecho 34%
Manu 19%
Agus 11%
Ati 11%
Nico 7%
Paulo 7%
Checo 3%
Iván 3%
Jorge 0%
Fiter 0%
Roberto 0%

Votos totais: 26

17/12/09

XORNADA 14

O Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Ventorrillo Caixanova, este sábado día 19 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.

XORNADA 14 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. visitan ao Concello de Guitiriz este sábado as 20:00, no Municipal de Guitiriz.

14/12/09

F.S. CEDEIRA 4 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Derrota do Peugeot Vilalba F.S. diante do F.S. Cedeira por 4 a 3, onde os protagonistas foron os árbitros, que en varias fases do encontro non paraban o tempo, e xa na segunda metade subiron ao marcador 2 minutos, despois das protestas dos vilalbeses.
Alfonso puxo de inicio en pista a: Fiter, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Agus, Checo, Iván, Jorge, Manu e Paulo.
A primeiro metade rematou con 2 a 0 para os locais, con erros dos vilalbeses en ambos goles.
O terceiro gol do Cedeira, foi por outro erro dos xogadores do Peugeot, que mentres protestaban unha falta, os locais máis finos, colleríanos descolocados ao contragolpe.
Ati poñería o 3 a 1, nunha boa xogada no minuto 10 da segunda metade.
O cuarto tanto dos locais viría precedido dunha clara falta a Pequecho, que os árbitros non pitaron.
Nos últimos minutos, Pequecho marcaría dous goles de dobre penalti.
E co 4 a 3 no marcador, os colexiados non pitarían un claro penalti, a favor dos vilalbeses por man dun xogador local.
A última fichaxe do Peugeot, Checo, debutou ao longo do encontro.
Na vindeira xornada o Peugeot recibirá ao actual líder, o Ventorrillo Caixanova que conta todos os seus encontros por vitorias, a parte de ser o equipo máis goleador, e o que menos goles recibe.
O partido disputarase o sábado día 19 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.

PEUGEOT VILALBA F.S. 7 C.P. CASÁS 5

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. rompeu unha racha de catro partidos perdendo, e bateu ao C.P. Casás por 7 a 5, no Pavillón Municipal de Vilalba.

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA MELIDE

Manu 40%
Agus 18%
Marquiños 18%
Ati 9%
Pequecho 9%
Roberto 4%
Alex 0%
Nico 0%
Paulo 0%

Votos totais: 22

10/12/09

XORNADA 13

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao F.S. Cedeira este sábado días 12 as 17:30, no Pavillón Municipal de Cedeira.

XORNADA 13 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. recibe ao C.P. Casás, este sábado día 12 as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba.

PEUGEOT VILALBA F.S. 5 JIM SPORT MELIDE F.S. 8

O Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 5 a 8 contra o Jim Sport Melide F.S., no que quizais foi o peor partido da tempada no xogo dos vilalbeses.
O quinteto de Alfonso estivo formado por: Alex, Ati, Marquiños, Nico e Pequecho. Quedaron no banco: Agus, Manu, Paulo e Roberto.
Os goles dos vilalbeses foron anotados por: Manu e Marquiños en dúas ocasións cada un, e Nico.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 354.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 584.

9/12/09

DESGUACES TITO 9 PEUGEOT VILALBA1

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 9 a 1, na súa visita ao Desguaces Tito.

Máis información na súa web: www.xuvenisvilalbafs.es.tl

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA BURELA?

Manu 55%
Marquiños 25%
Joel 7%
Fiter 3%
Paulo 3%
Roberto 3%
Agus 0%
Jorge 0%
Nico 0%
Pequecho 0%
Rucho 0%

Votos totais: 27

2/12/09

XORNADA 12

O Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Jim Sports Melide F.S., este sábado día 5 as 18:30, no Pavíllón Municipal de Vilalba
Os de Melide veñen de empatar na casa diante do C.P. Casás a cinco goles, e marchan no posto vixésimo segundo, con 10 puntos.
O Peugeot, saíu derrotado por 6 a 3 na súa visita a Burela, e necesita gañar para meterse nos postos da tranquilidade.

XORNADA 12 XUVENIL

O equipo xuvenil visita este sábado día 5 ao C.D. Riazor Desguaces Tito. O partido xogarase as 20:00 no Pavillón Sagrada Familia.

30/11/09

BURELA TURÍSTICA 6 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Nova derrota coma visitante para o Peugeot Vilalba F.S., esta vez diante dun Burela Turística, que demostrou estar máis adaptado á Autonómica.
A primeira metade rematou cos burelaos gañando 2 a 1, pero os vilalbeses amosaban as súas armas, e tiñan claras ocasións que non eran capaces de transformar en gol.
A segunda metade foi máis clara para os palestinos, e froito do dominio, o partido rematou coa vitoria para o Burela Turística por 6 a 3.
O cadro que adestra Alfonso, comezou de inicio con: Fiter, Marquiños, Nico, Pequecho e Roberto.
No banco quedaron: Alex, Jorge, Manu, Paulo, Rucho, e como novidade neste encontro, tamén xogou o xuvenil Joel.
Os goles dos vilalbeses foron anotados por Marquiños, e Manu en dúas ocasións.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA RIBEIRA

Marquiños 27%
Ati 23%
Manu 23%
Pequecho 11%
Jorge 4%
Agus 2%
Fiter 2%
Nico 2%
Roberto 2%
Paulo 0%
Rucho 0%

Votos totais: 43

25/11/09

XORNADA 11

O Peugeot Vilalba F.S. visita a comarca de A Mariña este sábado día 28 as 16:30, para enfrontarse ao Burela Turística, en partido correspondente á xornada 11 da Autonómica Norte. Este novo derbi, terá como escenario o Pavillón dos Institutos ( Monte Castelo ), e enfrontará a dous debutantes na categoría. Os burelaos ocupan a cuarta praza da liga, e veñen de gañar ao C.P. Casás na Casa do Deporte.

23/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. 7 CLUB RIBEIRA F.S. 7



Partido moi intenso o xogado no Pavillón Municipal de Vilalba, entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Club Ribeira F.S., que rematou con empate a sete. Os vilalbeses desperdiciaron unha renda de cinco a dous, diante duns 200 seareiros, que ao remate do encontro aplaudiron o espectáculo dado por ambos equipos.
O equipo adestrado por Alfonso comezou xogando con: Fiter, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. No banco quedaron: Agus, Jorge, Manu, Marquiños, Paulo e Rucho.
Cando aínda estaba a xente tomando asento na grada, Ati cun tiro dende fora da área marcaría o primeiro gol da tarde. 1-0
O Ribeira no minuto sete daríalle a volta ao marcador, o primeiro froito dun saque de banda, e o segundo nunha perda de balón de Manu. 1-2
Pero soamente un minuto máis tarde nun córner, Manu executaría un disparo e Marquiños no rexeite, conseguiría o empate. 2-2
Os locais cargaríanse moi axiña de faltas, froito do cal os visitantes terían dous dobre-penatis. Un no minuto 12 que detén Fiter, e outro no minuto 14, que sairía fora.
No minuto 15 o Peugeot por medio de Pequecho, poñeríase de novo por diante. 3-2
Os vilalbeses estabán xogando realmente ben, e os goles non tardarían en vir. Nunha combinación fermosa entre Ati, Pequecho e Jorge, remataría no gol do de Sarria. 4-2
E noutra boa xogada viría o gol de Ati, nunha combinación entre el e Jorge, este deixoulle o balón a pracer para poñer o quinto dos vilalbeses. 5-2
Antes do descanso o Ribeira marcou de dobre-penalti. 5-3
O Peugeot na segunda parte non se daba metido no encontro, e os de Ribeira aproveitaron para darlle se cabe máis emoción, a un partido que parecía controlado polos locais. E sen presa pero sen pausa, cada cinco minutos irían perforando a portería de Agus.
Os vilalbeses aguantaron ata o minuto cinco os envites dos visitantes, que marcaron a raíz dun saque de banda. 5-4
No minuto dez, cun tiro dende fora empatarían o encontro. 5-5
Cinco máis tarde de novo dende fora, poñeríanse por segunda vez por diante. 5-6
E chegaron os minutos da tolemia. Manu a pase de Marquiños, empataría no dezaseis. 6-6
De novo Manu, nun roubo poñería por diante ao Peugeot, e o Pavillón parecía que se viña a baixo. 7-6
No minuto dezaoito, os de Ribeira poñerían o definitivo empate a sete, logo dun erro de Agus. 7-7 Pero aínda quedaba tempo, e calquera dos dous puido levar o encontro, mais o marcador non sufriría trocos.
No seguinte encontro o Peugeot visitará, a comarca de A Mariña, para enfrontarse ao Burela Turística.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 310.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 464.

O PARRULO FERROL F.S. - PEUGEOT VILALBA F.S.

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. perderon por 5 a 1, na cancha de O Parrulo Ferrol F.S.
Máis información na súa web: www.xuvenisvilalbafs.es.tl

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA O XARÍO

Marquiños 35%
Manu 10%
Pequecho 10%
Rucho 10%
Alex 7%
Ati 7%
Nico 7%
Roberto 7%
Fiter 3%
Paulo 0%

Votos totais: 28

18/11/09

XORNADA 10 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S., visitan o Municipal de A Malata este sábado día 21 as 16:00, para enfrontarse ao O Parrulo Ferrol F.S., que vai na cabeza da Autonómica Xuvenil.

XORNADA 10

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 21 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Club Ribeira F.S., en partido correspondente á décima xornada, da Autonómica Norte.
O Ribeira marcha segundo na clasificación cunha soa derrota, colleitada diante do lider O Ventorrillo por 5 a 4. Os vilalbeses tratarán de seguir invictos na casa, onde levan dous partidos gañados e dous empates.

16/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. 1 A. LOBELLE F.S. 7

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. caeron derrotados por 1 a 7, contra o A. Lobelle F.S.
Os vilalbeses gozaron de moitas ocasións, con seis balóns á madeira, pero non foron capaces de atopar o camiño do gol.
O vindeiro sábado día 21 as 16:00, xogaran coma visitantes contra O Parrulo Ferrol F.S.

F.S ALAMEDA XARÍO 1 PEUGEOT VILALBA F.S. 3

Primeira vitoria a domicilio do Peugeot Vilalba F.S. diante do F.S. Alameda Xarío, por 1 a 3, no Pavillón de Miño.
O quinteto inicial estivo formado por: Fiter, Ati, Nico, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco: Alex, Manu, Marquiños, Paulo e Rucho.
O primeiro gol foi en propia meta dun xogador de Miño, o segundo foi obra de Marquiños, e o terceiro anotouno Rucho.
O seguinte partido será contra unha das revelacións da tempada. O Peugeot recibirá ao Club Ribeira F.S., que marcha segundo na clasificación con só unha derrota, o sábado 21 as 18:30 no Pavillón Municipal de Vilalba.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA BOQUEIXÓN

Marquiños 33%
Alex 17%
Ati 17%
Pequecho 10%
Freire 5%
Roberto 5%
Miguel 2%
Paulo 2%
Jorge 0%

Votos totais: 39

10/11/09

XORNADA 9

O Peugeot Vilalba F.S. visita ao F.S. Alameda Xarío, este sábado día 14 as 17:00. O encontro disputarase no Pavillón Municipal de Miño.

XORNADA 9 XUVENIL

O Peugeot Vilalba F.S. recibe ao A. Lobelle F.S. este sábado día 14, as 17:00 no Pavillón Municipal de Vilalba, despois de que na anterior xornada lle tocara descansar.

8/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - BOQUEIXÓN F.S.


Empate que sabe a pouco aos vilalbeses, despois do visto no Municipal de Vilalba por uns douscentos seareiros, onde foi superior a un Boqueixón F.S. que marchaba terceiro na táboa. Os xogadores do Peugeot, fixeron un bo encontro, e só a mala sorte, e a falta de puntería impediulle levar os tres puntos.
O quinteto de Alfonso foi: Alex, Ati, Paulo, Pequecho e Roberto. Quedaron no banco Martín, Jorge, Freire, Marquiños e Miguel.
Na primeira metade o Peugeot foi o claro dominador do encontro, pero o Boqueixón nas dúas únicas ocasións que tivo converteunas en gol. O primeiro chegou no minuto catro, nun saque de banda que rematan ao pau, e no rexeite baterían a Alex. 0- 1
Na seguinte xogada unha convinación entre e Ati e Pequecho, este enviaría o balón ao segundo pau, pero Paulo non foi quen de marcar. O Peugeot roubaría de novo o balón, e o tiro de Pequecho sairía fora por pouco.
E no minuto sete chegaría o excesivo castigo para os vilalbeses nun contragolpe dos visitantes. 0-2
O Peugeot non se veu abaixo e intentaba por tódolos medios facer gol, e Marquiños en dúas ocasións estivo moi preto.
Jorge no minuto 8 executaría un disparo dende a dereita que ía a escuadra, pero o porteiro enviaríao a córner.
Jorge de novo roubaría un balón, e o seu tiro sairía pegado ao pau.
No minuto dez, a Marcos quedaríaselle o pé pegado á pista, cando tiña todo para marcar no segundo pau a pase de Pequecho.
Ati e Pequecho tería tres ocasións pero o porteiro visitantes non estaba pola labor.
Antes do descanso, Paulo executaría un disparo, que remataría no largueiro da portería do Boqueixón.
Na segunda parte o encontro abriuse máis, e as ocasións chegaban en ambas porterías, pero na vilalbesa un omnipresente Alex votaría por terra tódalas ocasións dos visitantes.
Roberto nada máis comezar, dispararía nun saque de banda de Pequecho e detería o porteiro.
As ocasión eran continuas, e Ati, Pequecho, Marquiños e Jorge, non eran capaces de materializalas, e non sería ata o minuto dez cando chegaría o premio para o Peugeot. Ati foi levando o coiro pola banda deixando atrás a dous xogadores, e o seu tiro enviaríao o porteiro a córner. E nese córner, Marquiños cun tiro pegado ao pau poñería ao pavillón en pé, cantando o gol que daba esperanzas de remontada. 1-2
Marquiños de novo poñería o empate cinco minutos máis tarde, a pase de Roberto ao segundo pau. 2-2
Ningún dos dous equipos foi quen de desfacer ese empate, co que remataría o partido. Os vilalbeses seguen invictos na casa, e buscarán os seus primeiros puntos como visitantes, na seguinte xornada contra o F.S. Alameda Xarío.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 270.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 202.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA MERA

Manu 31%
Pequecho 31%
Nico 20%
Marquiños 6%
Alex 3%
Ati 3%
Iván 3%
Jorge 0%
Paulo 0%
Roberto 0%
Rucho 0%

Votos totais: 29

6/11/09

XORNADA 8

O Peugeot Vilalba F.S. recibe na oitava xornada ao Boqueixon, no Pavillón Municipal de Vilalba.O encontro disputarase este sábado día 7 as 18:30.

2/11/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - CIDADE DE OURENSE

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado por 2 a 5 contra o Cidade de Ourense, no Pavillón Municiapal de Vilalba.
Os goles vilalbeses foron obra de Juanito e Ledo.

Máis información en : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

HOTEL TORQUES MERA - PEUGEOT VILALBA F.S.

Xusta vitoria do Mera F.S. diante dun Peugeot Vilalba F.S., que na primeira metade mereceu algo máis que o empate a un gol, pero que na segunda parte foi vítima dos seus propios erros, o que propiciou a segunda derrota consecutiva para os vilalbeses.
O quinteto inicial estivo formado por: Alex, Ati, Iván, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Jorge, Manu, Marquiños, Paulo, Roberto e Rucho.
Comezaría o Mera adiantándose cedo no marcador, o que propiciou que os vilalbeses presionaran arriba durante toda a primeira metade.
O Peugeot tería boas ocasións, para conseguir darlle a volta ao marcador, pero o infortunio privaríalle de que o coiro rematara no fondo das redes locais.E non foi ata o minuto 19 cando nun córner, Nico poñería o empate a uns.
Antes de que rematara a primeira metade, Alex dende a súa área intentaría sorprender ao porteiro rival, pero este recuando enviaría o balón a corner, que non tería consecuencias.
Ao comezo da primeira metade os vilalbeses seguirían xogando ben, e no minuto 3 unha volea de Nico nun córner, daría no pau. Dous minutos máis tarde o Mera collería vantaxe no marcador, nun tiro dende a dereita.
Os vilalbeses cavarían a súa propia tumba con erros que o Mera non desaproveitaría, e aínda que tiveron ocasións para meterse no encontro, unhas remataron nos paus e outra non colleron porta.
Para a xornada seguinte o Peugeot recibe a un Boqueixon que vai terceiro na taboa, o sábado 7 as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba.

1/11/09

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA CASÁS

Manu 52%
Ati 10%
Roberto 10%
Marquiños 6%
Hugo 4%
Paulo 4%
Pequecho 4%
Agus 2%
Alex 2%
Jorge 2%
Rucho 2%

Votos totais: 48

27/10/09

XORNADA 7 XUVENIL

Este sábado día 31 as 19:00, o equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., recibe ao Cidade de Ourense, no Pavillón Municipal de Vilalba. Os vilalbeses buscan a segunda vitoria consecutiva no seu feudo.

XORNADA 7

O Peugeot Vilalba F.S. xoga coma visitante contra o Hotel Torques Mera, este sábado día 31 as 17:00, no Pabillón Municipal de Canide, en partido correspondente á sétima xornada da Autonómica Norte.

25/10/09

C.P. CASÁS - PEUGEOT VILALBA F.S.

O Peugeot Vilalba F.S. non puido conseguir a vitoria contra o C.P. Casás, a pesar de facer un bo encontro, sobre todo en defensa.A pésima arbitraxe tamén tivo moito que ver, no que podían ser os tres primeiros puntos coma visitante, pero unha e outra vez os colexiados prexudicaban aos vilalbeses, parecendo saldar contas pendentes, cunha actitude chulesca, propia dunha parella bailando chotis.
O quinteto de Alfonso foi: Alex, Ati, Hugo, Marquiños e Pequecho. Esperaron a súa oportunidade: Agus, Jorge, Manu, Paulo, Roberto, Rucho e Saúl.
Na primeira parte, o Peugeot foi quen puxo máis empeño en levar o encontro, a pesar de comezar con algún que outro erro, e xa no primeiro minuto Ati executaría un disparo que remataría en córner.
Nun despiste defensivo, Alex empregaríase a fondo para deter un tiro dos lucenses.
No minuto tres, nun saque de banda de Pequecho, Marquiños dispararía, pero o coiro sería detido polo porteiro do Casás.
Dous minutos máis tarde, Ati roubaría un balón, e a xogada remataría en Marcos, que no segundo pau, transformaría no primeiro gol do partido. 0-1
O dúo arbitral cargaría moi axiña aos visitantes con faltas inexistentes, pero non se podía protestar, pois parecía que xa tiñan escrito o guión para favorecer aos locais. Pero a casta do Peugeot non permitía, que a parella de chotis, botara por terra o seu bo facer, e noutra recuperación, esta vez de Manu, que atravesaría a pista coma unha faísca, remataría no gol de Paulo. 0-2
Unha das poucas ocasións dos locais en xogada, remataría no pau, no minuto 12.
Un minuto máis tarde o Casás tería un dobre penalti, que sairía fora.
Os vilalbeses seguían ao seu, e Jorge poñería a proba os reflexos do porteiro lucense, cun tiro dende fora da área, pero este enviaría o balón a córner.
No minuto 17, nunha xogada levada por Manu, recortaría a un defensor, e dende a veira da área marcaría o que sería o terceiro para o Peugeot. 0-3
E faltando un minuto para o descanso, os árbitros pitaron unha falta inexistente, cando un xogador lucense deixouse caer claramente, diante dun Pequecho, que non podía crer a inxustiza que acababan de cometer. Lanzarían o dobre penalti, que Alex rozaría coa punta dos dedos, pero non o suficiente para detelo. 1-3
A segunda metade foi de dominio local, pero transcorrían os minutos e non eran quen de dobregar aos vilalbeses, que con unllas e dentes, defendían o conseguido no primeiro tempo, e creaban perigo ao contragolpe.
Cando os visitantes non podían deter as envestidas dos lucenses, estaba Agus para desbaratalas.
Entre o minuto nove e once, o Peugeot disporía de tres claras ocasións. A primeira nas botas de Jorge, que non soubo definir cando estaba só diante do porteiro. A segunda nunha xogada en estratexia de Pequecho e Roberto. E a máis fermosa do partido, cando Manu sorteou a tódolos rivais, e na saída do porteiro elevou o coiro, que sairía rozando o pau.
O Casás no minuto trece poñería en pista ao porteiro-xogador, que sería a clave para que os lucenses lle deran a volta ao encontro. Os vilalbeses aguantarían dous minutos, pero no minuto quince viría o segundo tanto local, e na seguinte xogada de ataque o empate.3-3
Nunha dubidosa falta, o Casás remontaría, poñendo o definitivo catro a tres.
Manu faltando un minuto tería a derradeira xogada para empatar, pero o coiro remataría en córner.
Bo partido dos vilalbeses, que terán que agardar unha xornada máis para estrearse coma visitantes. Hugo e Pequecho, remataron o encontro mancados, e terán que agardar, para saber si poden estar na viaxe a Mera.

PEUGEOT VILALBA F.S. - LOS TRES CUÑADOS

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S., gañou coma local por catro a un, contra o Pizarras Los Tres Cuñados - O Barco.
Os goles vilalbeses foron obra de: Freire (2), Joel e Juanito.

Máis información en : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

24/10/09

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA MEXILLÓN

Manu 34%
Paulo 18%
Hugo 13%
Marquiños 9%
Ati 6%
Roberto 6%
Fiter 2%
Iván 2%
Nico 2%
Saúl 2%
Agus 0%
Jorge 0%

Votos totais: 43

20/10/09

XORNADA 6 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. recibirá este sábado día 24 as 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Pizarras Los Tres Cuñados - O Barco, en partido correspondente á sexta xornada da Liga Autonómica Xuvenil.

XORNADA 6

O Peugeot Vilalba F.S. xogará coma visitante en Lugo contra o C.P. Casás, este sábado día 24 as 17:00 horas, na Casa do Deporte ( Avda. Duquesa de Lugo). Os vilalbeses viaxan coa intención de acadar a primeira vitoria a domicilio.
O encontro corresponde á xornada 6 da Autonómica Norte.

18/10/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - LOTERÍAS MEXILLÓN DE OURO

Vitoria por 6 a 1 do Peugeot Vilalba Fútbol Sala, diante dun Loterías Mexillón de Ouro, que pese as ausencias, plantoulle cara durante gran parte do encontro,sobre todo na segunda parte.
Como titulares xogaron: Fiter, Ati, Iván, Marquiños e Nico. Desta volta quedaron no banco: Agus, Hugo, Jorge, Manu, Paulo, Roberto e Saúl.
Comezaron os vilalbeses con gañas de agradar aos 200 seareiros, que acudiron ao Pavillón Municipal de Vilalba, e Marquiños tivo unha oportunidade clara que foi desbaratada por porteiro de Rianxo.
No minuto 3 o Peugeot sacaría un córner que remataría Iván de volea, e o rexeite non o puideron aproveitar nin Ati nin Marquiños.
Un erro de Ati propiciaría o gol dos visitantes no minuto 6, e momentaneamente metíalles o medo no corpo aos vilalbeses.0-1
No minuto 8 , nun saque de esquina o Peugeot empataría por medio de Paulo.1-1
O Mexillón non se daría por vencido, e un minuto máis tarde case marcaría, pero Roberto sacaría debaixo dos paus, cando Fiter xa estaba batido.
Na seguinte xogada Paulo de novo aproveitaría un rexeite, nun tiro de Hugo.2-1
Hugo roubaría un balón no minuto 10, que enviaría a Paulo, pero este non foi quen de bater ao porteiro de Rianxo.
Os visitantes terían unha boa ocasión nunha falta, que Hugo sacou cando o coiro ía entrar na porta.
Nunha boa xogada do Peugeot viría o terceiro gol por medio de Roberto, que faría a súa estrea como goleador esta tempada.3-1
As ocasións seguirían chegando, e as máis claras estarían nas botas de Paulo, Manu e Ati. Pero sería Saúl , que debutaba na casa, o que marcaría o cuarto nunha convinación con Ati, cando faltaba un minuto para o remate da primeira metade.4-1
O Mexillón antes de irse aos vestiarios enviaría un balón ao pau.
Despois do descanso, a intensidade do xogo baixou, e quizais os de Rianxo merecían marcar máis dun gol, pero non terían sorte de cara a porta.
Cando transcorría o minuto 6, Nico roubaba un balón que pasaría a Manu, e dende fora batía ao porteiro.5-1
Na seguinte xogada, cos mesmos protagonistas Manu remataría ao pau.
Os visitantes no minuto 12 terían unha oportunidade nun saque de falta, que da no largueiro, e no rexeite o balón daría outra vez na madeira.
Agus enviaría un balón en longo a Paulo, que aguantaría para pasarlla a Roberto, que executaría un disparo que sairía fora por pouco.
O Peugeot tería algunha ocasión ao contragolpe, pero non sería capaz de engrosar o marcador, e os visitantes seguían intentado recortar distancias.
Cando faltaban segundos para rematar o partido, un erro do Mexillón , aproveitaríao Manu para poñer o definitivo 6 a 1.
O máis positivo do encontro foron os tres puntos, e o negativo foi a baixa intensidade que amosaron os vilalbeses nalgunhas fases do xogo, diante dun rival que pese as ausencias deu a cara en todo momento, e quizais non merecía un resultado tan contundente.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 259.

No sorteo patrocinado por Osborne España e Peugeot, saíu agraciado o nº 100.

AZKAR LUGO F.S. - PEUGEOT VILALBA F.S

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado na súa visita ao Azkar Lugo F.S. por 7 a 1.
O gol dos vilalbeses foi obra de Juanito.

Máis información en : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

16/10/09

ENQUISA ELIMINADA

Por un erro na edición da páxina, eliminouse a enquisa desta semana.
No resultado provisional ía gañando Pequecho con 7 votos, seguido de preto por Manu con 6.
Esperemos solucionar o problema para a vindeira semana.

15/10/09

XORNADA 5 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. xoga este sábado día 17 as 16:00 contra o Azkar, no Centro Deportivo Terra.

XORNADA 5

O Peugeot Vilalba F.S. xoga como local este sábado día 17 as 18:30, contra o Loterías Mexillón de Ouro, no Pavillón Municipal de Vilalba.

13/10/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - CIBER VERME

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 1 a 5 contra o Ciber Verme, no Pavillón Municipal de Vilalba.

Máis información en : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

TROULA F.S. - PEUGEOT VILALBA F.S.

O Peugeot Vilalba F.S. saíu derrotado na súa visita ao Troula F.S. por 4 a 2.
Saíron de inicio: Alex, Iván, Marquiños, Nico e Pequecho. No banco quedaron: Agus, Ati, Jorge, Manu, Paulo, Roberto e Saul.
Os vilalbeses comezaron marcando por medio de Manu. Os de betanzos igualarían o partido antes do descanso.
Na segunda metade o Troula remontaría o encontro con tres tantos máis. Pequecho recurtaría distancias cun gol de dobre penalti.
Resultado final 4 a 2 para o Troula F.S.

10/10/09

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA JOGAFÁN

Manu 32%
Pequecho 29%
Marquiños 8%
Fiter 6%
Nico 6%
Rucho 4%
Alex 3%
Ati 3%
Roberto 3%
Hugo 1%
Paulo 1%

Votos totais: 60

9/10/09

PARTIDO APRAZADO

O Concello de Arzúa impúxose por 3 a 2 ao F.S. Alameda Xarío.

7/10/09

XORNADA 4 XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. reciben este sábado día 10 as 17:00, ao Ciber Verme, na cuarta xornada da Autonómica Xuvenil.

XORNADA 4

O Peugeot Vilalba Fútbol Sala xogará coma visitante este sábado día 10 as 17:00, contra o Troula F.S., no partido correspondente á xornada 4ª da Autonómica Norte.

4/10/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - JOGAFÁN ORDES F.S.


Primeira vitoria da tempada do Peugeot Vilalba F.S., que deu unha enorme alegría aos 200 seareiros que acudiron ao Pavillón Municipal de Vilalba, para ver o encontro contra o Jogafán Ordes F.S.
Saíron de inicio: Fiter, Marquiños, Nico, Pequecho e Roberto.No banco quedaron: Alex, Ati, Hugo, Manu, Paulo e Rucho.
Saíu o Jogafán en tromba, e cando só ían 7 segundos, xa tivera dúas ocasións na botas de David, cun tiro no saque de centro, e outra no córner posterior, pero en ambas estivo ben Fiter.
A partir dese momento os homes de Alfonso colleron o mando do encontro, e as ocasións non tardaron en chegar.
No minuto 2 Pequecho, que facía o seu debut na casa, recortaría a un contrario e o seu disparo remataría en córner.
Instantes despois Pequecho de novo, dispararía á portería de Jose, pero sairía fora por pouco.
Marquiños roubaría un balón e cando ía tirar faríanlle falta, que el mesmo executaría ao carón do pau esquerdo.
Cando ían sete minutos de partido, Manu intentaría bater a Jose cun tiro dende lonxe, pero detería ben o porteiro de Ordes.
David tería unha boa ocasión, pero Fiter sacaría unha mellor man.
No minuto 11, chegaría o gol de Peugeot, nunha falta dende a esquerda que toca Pequecho, e Manu enviaría o coiro ao fondo da portería.1-0
Paulo intentaríao, pero o balón remataría nas mans de Jose.
Pequecho nun saque de banda dende a dereita, dispararía, e o balón remataría en saque de esquina.
No dezasete, unha xogada de equipo remataría cun tiro alto de Ati.
Antes do descanso os vilalbeses disporían dunha clara ocasión, pero o disparo de Ati batería no pau.
A segunda parte comezou con dúas ocasións de Hugo, pero non estivo atinado.
Pequecho tiña gañas de marcar o seu primeiro gol, e case o consegue nun contragolpe, pero David estaría ben.
O Jogafán necesitaba marcar, e nunha falta ensaiada, Roberto enviaría córner cando o balón ia a gol.
Instantes despois, Manuel dispararía dende fora da área, e Alex enviaría a saque de esquina.
No minuto dez, virían dúas ocasións para o Peugeot. Unha cun tiro de Manu, e outra nun roubo de balón de Pequecho, pero ambas acabarían nas mans de Jose.
Os vilalbeses cargáronse de faltas moi axiña, e no primeiro dobre penalti, David marcarían para os de Ordes.1-1
No minuto dezasete, Angel enviaría o balón ao largueiro da porta de Alex.
E os dous derradeiros minutos serían de infarto, nos que habería ata tres dobres penaltis.
O primeiro estivo nas botas de Manu, pero o balón non vería porta.
No segundo viría o gol de Pequecho, que executaría á perfección o seu disparo.
O terceiro sería para os de Ordes, pero David enviaría o balón ao pau.
Ledicia para o Peugeot, que necesitaba unha vitoria para coller confianza.

O sorteo dunha cea para dúas persoas patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 43.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 22.

CIDADE DE NARON - PEUGEOT VILALBA F.S. XUVENIL

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. acadaron a primeira victoria da tempada contra o Cidade de Narón, co resultado de 0 a 4.
Os tantos vilalbeses foron marcados por: Vizca, Freire, Joel e Juanito.

Máis información en: www.xuvenisvilalbafs.es.tl

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA OUTEIRO

Agus 33%
Hugo 25%
Fiter 12%
Ati 8%
Paulo 8%
Pequecho 8%
Roberto 4%
Jorge 0%
Marquiños 0%
Nico 0%
Rucho 0%

Votos totais: 24

A espera do fallo do comite técnico regulador das enquisas, Agus sen ir convocado foi o gañador.

1/10/09

VIDEO PARTIDO PEUGEOT VILALBA F.S.- C.F.S. CASTRO





Estes videos están colgados en YouTube por cortesía do Jim Sport Melide F.S.
Podedes atopar máis videos de encontros da Autonómica.

28/9/09

XORNADA 3 XUVENIL

O Peugeot Vilalba F.S. Xuvenil visitará ao Cidade de Narón no Pavillón da Gándara, este sábado día 3 as 16:00.

XORNADA 3

O Peugeot Vilalba F.S. recibirá no Pavillón Municipal de Vilalba ao Jogafán Ordes F.S., o vindeiro sábado día 3 de Outubro as 18:30, no encontro correspondente á xornada 3 da Autonómica Norte de Fútbol Sala.

PEUGEOT VILALBA F.S. XUVENIL - COINASA CAIXANOVA OURENSE F.S.

Os xuvenís do Peugeot Vilalba F.S. empatarón a tres goles contra o Coinasa Caixanova Ourense F.S., no partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba.

S.I. OUTEIRO DE REI - PEUGEOT VILALBA F.S.

O Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 4 a 0, no seu desprazamento á cancha do S.I. Outeiro de Rei.
Os vilalbeses non conseguen collerlle o pulso á nova categoría, e están desperdiciando encontros contra equipos a priori accesibles.
O quinteto titular de Alfonso foi: Fiter, Paulo, Pequecho, Roberto e Rucho. Ao longo do partido tamén participaron: Agus, Ati, Hugo, Jorge, Marquiños e Nico.
No vindeiro partido contra o Jogafán Ordes F.S., o Peugeot intentará inaugurar o seu casilleiro de victorias.

ENQUISA: MELLOR XOGADOR CONTRA CASTRO

Iván 25%
Manu 23%
Agus 10%
Paulo 10%
Alex 7%
Hugo 7%
Nico 7%
Roberto 5%
Jorge 2%

Votos totais: 39

22/9/09

LOTARÍA DE NADAL

O Peugeot Vilalba F.S. pon á venda participacións do nº 62020, para o sorteo da Lotaria de Nadal. Podedes adquirirlas na Cafetería A Pravia, ou solicitarlla aos directivos e xogadores.
MOITA SORTE.

XORNADA 2

O Peugeot Vilalba F.S. xogará como visitante contra o S.I. Outeiro de Rei, este sábado día 26 as 17:00.O partido corresponde á segunda xornada da Liga Autonómica Norte de Fútbol Sala.

XORNADA 2 XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado día 26 de setembro as 17:00, no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Coinasa Caixanova Ourense F.S., no partido correspndente á segunda xornada de liga.

21/9/09

RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS E GOLEADORES

Podedes consultar os resultados, clasificacións, goleadores e o calendario, nas ligazóns que se atopan á dereita da páxina.

S.D.PAZOS DE BORBÉN - PEUGEOT VILALBA F.S XUVENIL

O equipo xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. saiu goleado na súa visita ao S.D. Pazos de Borbén, por 9 a 3.

Máis información na súa web: http://www.xuvenisvilalbafs.es.tl/

19/9/09

PEUGEOT VILALBA F.S. - C.F.S. CASTRO



Xusto empate entre o Peugeot Vilalba Fútbol Sala e o C.F.S. Castro, co marcador final de 3 a 3.Os locais desperdiciaron unha renda de dous goles ao descanso, no que era o seu debut na categoría.Ao Pavillón Municipal de Vilalba acudirón 150 seareiros.
Os colexiados do encontro foron: Diego Franco Veiga e José Abuín Arrujo.
O quinteto inicial de Alfonso foi: Alex, Iván, Manu, Nico e Roberto.Quedaron no banco: Agus, Ati, Hugo, Jorge e Paulo.
A primeira parte foi de dominio local, comezando Nico a probar sorte no minuto dous, cun disparo que rexeitou Álvaro.
Nico de novo executaría un tiro dende fora que remataría en córner.
No minuto sete, Iván remataría dende a esquerda, e un xogador do Castro enviaría a saque de esquina.
No minuto nove chegaría o primeiro gol do Peugeot.Nico recibiría un pase longo de Manu, que pasaría a Paulo para enviar o coiro ao fondo da rede.1-0
Os dous seguintes minutos foron para o Castro. Primeiro Manuel intentaríao cun tiro cruzado, logo unha falta foi desbaratada por Alex, e no seguinte córner S.Paulo, remataría desviado.
No minuto doce, nun contragolpe Jorge pasa o balón a Paulo, e este cruza o balón para facer o segundo gol da tarde.2-0
O Peugeot Vilalba cargouse moi rápido de faltas, e no minuto trece, Walter tería unha falta sen barreira ao borde do área de Alex, pero o coiro batería no pau.
Na seguinte xogada, Manu dispararía ao lateral da rede. E máis tarde Jorge roubaríalle a carteira a Walter, pero non conseguiría bater a Álvaro.
No minuto dezasete, o Castro recortaría distancias, cun golazo pola escuadra, de André.2-1
Na seguinte xogada Iván regatearía a dous xogadores visitantes, e o seu disparo remataría en gol.3-1
Nico tería a derradeira oportunidade da primeira parte, facendo un autopase e tirando a porta, pero Alvaro respostaría ben.
A segunda parte os equipos intercambiarían os papeis, e o dono do partido trocaría para os de Castro.
No minuto tres, Manuel avisaría cun disparo ao pau da porta de Agus.
Iván nun saque de banda de Manu, estaría a piques de dar a estocada, pero o seu tiro sairía por pouco.
Agus no minuto seis, tería que facer unha saída, a unha internada de Mauro.
Manu nun contragolpe só contra o porteiro no minuto oito, recortaríao a pero o disparo sacaríao a defensa na liña de gol.
José intentaría bater a Agus, pero o coiro petaría nun defensa rematando en córner.
Novamente José faríalle un recorte a Paulo, e marcaría de tiro cruzado.3-2
No minuto dez, un omnipresente José, mandaría o balón fora, cando se atopaba só ante Agus.
Iván nun córner tería unha boa oportunidade, pero Alvaro detería o seu disparo.
No minuto trece Agus enviaría en longo para Paulo, este dispararía de primeiras, e Álvaro coa cara enviaría a córner.
Manuel daríalle un bo susto ao Peugeot, pero Agus co pé desbarataría as súas intencións.
E a un minuto para o final, S.Paulo conseguiría o empate para o Castro, facendo inútil a renda que levaban os locais no descanso.3-3
Un punto para cada equipo, que contentaría máis aos visitantes que aos vilalbeses.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 1422.

18/9/09

ELIMINANDO BARREIRAS DE COMUNICACIÓN

A partir de agora, as persoas con dificultades visuais, poderán escoitar as novas que aparecen nesta páxina, premendo no icono que aparece debaixo de cada entrada.
Non é unha voz perfecta, e algunhas palabras soan raras, mais esperemos que serva de axuda.

17/9/09

XORNADA 1 XUVENIL

O Peugeot Vilalba F.S. Xuvenil visitará o vindeiro domingo día 20 as 12:00, ao S.D. Pazos de Borbén, no que será a súa estrea na categoría.

15/9/09

XORNADA 1

Este sábado día 19 de setembro as 18:30, o Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao C.F.S. Castro, no Pavillón Municipal de Vilalba, no que será o primeiro partido de liga da Autonómica Norte.

10/9/09

PARTIDO CONTRA CALOTO LOYO

Este sábado día 12 as 18:30, o Peugeot Vilalba Fútbol Sala enfrontarase ao Caloto Loyo, nun partido amigable, no Pavillón Municipal de Vilalba.

9/9/09

DERROTAS NO TROFEO SAN RAMÓN






O Peugeot Vilaba F.S. caeu derrotado polo Azkar B por 2-7, no trofeo San Ramón de Fútbol Sala.
Os xuvenís empataron a 2 contra o Azkar Xuvenil, e perderon nos penaltis.
As fotografías corresponden á entrega de premios por parte da Comisión de Festas.

5/9/09

TROFEO SAN RAMÓN

Este domingo día 6 disputarase o trofeo San Ramón de Fútbol Sala, no Pabillón Municipal de Vilalba.

Os horarios dos partidos son os seguintes:

PEUGEOT VILALBA F.S.- AZKAR (XUVENÍS) ÁS 18:00

PEUGEOT VILALBA F.S.- AZKAR B (SENIORS) ÁS 20:00

11/8/09

BO PAPEL NO MARATON DE ABADIN

O Peugeot Vilalba F.S. Xuvenil acadou o tercerio posto no maratón de fútbol sala de Abadín.
O segundo posto foi para un equipo formado por varios xogadores do Peugeot Vilalba F.S.
Noraboa.

1/8/09

OS XUVENIS DE MARATÓN

O equipo Xuvenil do Peugeot Vilalba F.S. participará esta fin de semana do maratón de Cospeito, e o que ven no maratón de Abadín.
Moita sorte.

PARTIDOS CONTRA O AZKAR

O 6 de Setembro o Peugeot Vilalba F.S. enfrontarase ao Azkar B que milita na Liga Nacional A, nun partido amigable no Pabillón Municipal de Vilalba. O equipo xuvenil tamén xogará ese mesmo día contra o Azkar Xuvenil de Nacional, no mesmo pabillón.
Os horarios dos partidos son os seguintes:

PEUGEOT VILALBA - AZKAR (XUVENÍS) DOMINGO 6 DE SETEMBRO ÁS 18:00

PEUGEOT VILALBA - AZKAR B (SENIORS) DOMINGO 6 DE SETEMBRO ÁS 20:00

COMEZA A PRETEMPORADA

Este xoves día 6 comeza a pretemporada para o Peugeot Vilalba F.S.
O equipo de Alfonso comezará os adestramentos coa nova do troco de categoría.

NA AUTONÓMICA 09/10

O Peugeot Vilalba Fútbol Sala inscribiuse na Liga Autonómica Norte de Fútbol Sala, trala renuncia do equipo de Fonsagrada Congelados Egea.
O equipo xuvenil tamén participará na Liga Autonómica Xuvenil.
A medida que se produzan novas iremos informando.

1/7/09

MARATON DE CASTRO

Esta fin de semana celébrase o maratón de fútbol sala de Castro, ao que acudirán algúns membros do equipo, xunto con outros xogadores de Vilalba.
Moita sorte.

16/6/09

ENQUISA FINAL DE TEMPADA

Como calificarías a tempada do Peugeot Vilalba F.S.?

Boa 45%
Regular 36%
Mala 12%
Moi Boa 6%

Votos totais: 33

1/6/09

ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA CUBELAS?

Cal foi o mellor xogador contra o Cubelas F.S.?

Hugo 27%
Nico 22%
Agus 13%
Edu 11%
Paulo 11%
Roberto 8%
Alex 3%

Votos totais: 36

DERROTA DOS XUVENIS NA FINAL DA COPA

O Vilalba F.S. Xuvenil caeu derrotado na final da Copa contra o EDD Láncara por 3 a 2.
Os vilalbeses remontaron o 1-0, condous goles de Juanito, pero os xogadores de Láncara impuxeronse por 3-2.
Fin de tempada para os xuvenis que remataron cun meritorio 3º posto na Liga, e co subcampionato da Copa.

27/5/09

ESTE XOVES FINAL DA COPA XUVENIL

Este xoves o Vilalba F.S. Xuvenil, disputará a final da Copa contra o EDD Láncara, no Pavillón de Frigsa en Lugo, as 20:00 horas.

CLASIFICACION 23/05/09

*Equipos que teñen menos puntos por non presentarse aos partidos.

RESULTADOS PARTIDOS APRAZADOS

Industrial Recense 1-1 Peugeot Vilalba F.S.

Disco Rado 7-5 Amigos de Rábade

Samos 0-0 Santa Isabel

Navia de Suarna 0-0 Disco Rado

Juventudes de Puebla 0-0 Parrillada Porta Santiago

RESULTADOS XORNADA 26

Amigos de Rábade 2-5 Parrillada Porta Santiago

Santa Isabel 3-0 Industrial Recense

Autoescuela Norte Burela 11-1 Disco Rado

Cubelas F.S. 4-1 Peugeot Vilalba F.S.

Baralla F.S. 4-5 Navia de Suarna

Samos F.S. 2-4 Hotel Roma

Juventudes de Puebla 3-2 Castroverde F.S.

26/5/09

OS XUVENIS NA FINAL DA COPA

O Vilalba F.S. Xuvenil, acedeu á final da copa, depois de derrotar na tanda de penaltis, ao Baralla F.S.
A final xogaráse este sábado día 30 de Maio, ainda que o lugar e hora están sin concretar.

Máis información na súa páxina: www.xuvenisvilalbafs.es.tl

CUBELAS F.S.-PEUGEOT VILALBA F.S.

Derradeira xornada da Liga Provincial de Fútbol Sala, na que o Peugeot Vilalba F.S. foi derrotado como visitante polo Cubelas F.S.
O árbitro do encontro foi Pablo Fernández, que tivo unha pésima actuación, para ambos equipos, e cunha prepotencia indigna, do que se supón que é o xuíz dun partido.
Os vilalbeses que viaxaban con moitas baixas, ían coa intención de gañar para rematar a liga na terceira posición.
O quinteto do Peugeot estivo formado por: Alex, Edu, Hugo, Nico e Roberto.No banco quedaron Agus, Fiter e Paulo.
A primeira parte foi de claro dominio local, que sen facer un xogo moi vistoso, rematou aos visitantes, que lles deron máis facilidades das previstas.
No primeiro minuto avisaría Marcos cun disparo ao lateral da rede de Alex.
Hugo intentouno pero Jose detería o seu disparo sen dificultade.
Cando ían cinco minutos Marcos cun tiro da esquerda batería a Alex.1-0
Nos seguintes minutos os vilalbeses intentarían o empate, cunha falta botada por Hugo que remataría en córner, e cun recorte de Nico que tiraría, para que Jose detivera o coiro.
Nun despiste do Peugeot, Javier dende a dereita poñería o 2 a 0 no marcador.
No minuto 13, nunha xogada do Cubelas F.S., Andrés totalmente só enviaría o balón ao fondo das redes.3-0
A partir do terceiro gol dos locais, o Peugeot tivo dúas ocasións que a penas terían perigo, nas botas de Nico e Hugo.
Sería de novo Marcos o pesadelo de Alex.No minuto 23, queda só diante do porteiro do Peugeot F.S., que aguanta ben e detén o seu disparo.Un minuto máis tarde enviaría o balón ao pao da portería de Alex.
Faltando 10 segundos para o remate dos primeiros 25 minutos, un xogador do Cubelas coa portería baleira, non foi capaz de marcar, gracias a unha estirada de Alex.
No comezo da segunda parte o Peugeot Vilalba Fútbol Sala, saíu a polo partido, e nada máis sacar de centro, nunha xogada de equipo, Hugo puido marcar o primeiro pero Jose enviaría a córner.
O Cubelas defendía no seu campo, e intentaba saír ao contragolpe.Un deles desbaratouno Agus, pero no segundo chegou a sentencia para os visitantes.Andrés marcaría o 4 a 0.
No minuto 7, Hugo nun disparo axustado ao pao marcaría o gol da esperanza para o Peugeot.
Pouco despois só existiu un protagonista na cancha, e ese foi o colexiado Pablo Fernández.
Expulsaría ao adestrador visitante Alfonso, por unhas protestas, ao non parar o tempo cando non había balón para xogar( levaban os xogadores un minuto sen balón), amosaría un cartón amarelo a Agus nas mesmas protestas. Pero o Cubelas tamén tería unha expulsión inexplicable, cando lle ensinou o segundo cartón a Marcos, supostamente por simular unha caída.
Pero o colmo dos colmos, foi cando lle dixo a Alfonso e a Marcos que debían abandonar o pavillón, e non podían estar nas gradas.
O mesmo fixo cos seareiros vilalbeses que intentou expulsar do pavillón, e a ameaza a unha rapariga de Cubelas, por uns comentarios normais, que os seus oídos quixeron falsear.
A parte do circo do arbitro, o Peugeot puido maquillar o resultado, cun tiro desviado de Nico no minuto 14, e un disparo ao lateral da rede de Roberto un minuto máis tarde.
Nico no 18, enviaría o balón ao pao nun contragolpe.
Javier enviaría alto o balón no minuto 20.
No minuto 23, unha boa xogada do Peugeot remataría cun disparo de Roberto, que de novo detería Jose.
Final da Liga Provincial de Fútbol Sala para o Peugeot Vilalba F.S., esperando á decisión da Federación, sobre a disputa da segunda metade pendente contra o Industrial Recense.

20/5/09

SEMIFINAIS DA COPA XUVENIL

O Vilalba F.S. Xuvenil disputa este sábado as 19:00, no Pavillón Municipal de Baralla, o partido de volta das semifinais da Copa contra o Baralla F.S.

No partido de ida o resultado foi de 1 a 0, para os vilalbeses.

XORNADA 26

Este sábado día 23 dispútase a derradeira xornada da Liga Provincial de Fútbol Sala. O Peugeot Vilalba F.S. xoga como visitante contra o Cubelas F.S., as 19:00. O bús sairá as 17:00 de diante da Casa de Cultura.

19/5/09

GOLEADORES 16/05/09


CLASIFICACION 16/05/09


RESULTADOS XORNADA 25

Parrillada Porta Santiago 3-2 Juventudes de Puebla

Industrial Recense 1-3 Amigos de Rabade

Disco Rado 2-5 Santa Isabel

Peugeot Vilalba F.S. 3-0 Autoescuela Norte Burela

Navia de Suarna 1-1 Cubelas F.S.

Hotel Roma 5-2 Baralla F.S.

Castroverde F.S. 3-0 Samos F.S.

O Peugeot Vilalba F.S. gañou 3-0 ao non presentarse o Autoescuela Norte Burela
O Castroverde F.S. gañou 3-0 ao non presentarse o Samos F.S.

17/5/09

VICTORIA DOS XUVENIS NA COPA

O Vilalba F.S. Xuvenil gañou por 1 a 0 contra o Baralla F.S., no partido de ída das semifinais da copa.
O encontro de volta será o día 23 en Baralla.

PEUGEOT VILALBA F.S.-AUTOESCUELA NORTE BURELA

O Peugeot Vilalba F.S. gañou os tres puntos, ao non asistir ao encontro os xogadores do Autoescuela Norte Burela.
Na que ía a ser a mellor entrada da tempada no Pavillón Municipal de Vilalba, os seareiros vilalbeses tiveron que marchar sen poder ver, o que sería o derradeiro partido coma local do Peugeot Vilalba F.S.
O vinderio partido xogarase na cancha do Cubelas F.S. o sábado día 23 de Maio.

ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA SANTA ISABEL

Cal foi o mellor xogador contra o Santa Isabel?

Agus 23%
Manu 23%
Hugo 17%
Edu 7%
Jose 7%
Marquiños 7%
Rucho 7%
Nico 1%
Roberto 1%

14/5/09

COPA XUVENIL

Os xuvenis xogan este sabado contra o Baralla F.S. o partido de ida das semifinais da copa, as 17:00 no Pavillón Municipal de Vilalba.

12/5/09

XORNADA 25

O Peugeot Vilalba F.S. recibe este sábado ao Autoescuela Norte Burela, no Pavillón Municipal de Vilalba as 18:30, no encontro correspondente á xornada 25.
No partido da primeira volta o Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 4-0. Os burelaos xa son matemáticamente campións da Liga Provincial.

GOLEADORES 09/05/09


CLASIFICACION 09/05/09


RESULTADOS XORNADA 24

Parrillada Porta Santiago 2-4 Industrial Recense

Amigos de Rabade 9-0 Disco Rado

Santa Isabel 3-0 Peugeot Vilalba F.S.

Autoescuela Norte Burela 5-1 Navia de Suarna

Cubelas F.S. 2-2 Hotel Roma

Baralla F.S. 3-1 Castroverde F.S.

Samos 7-9 Juventudes de Puebla

11/5/09

SANTA ISABEL-PEUGEOT VILALBA F.S.

Derrota sufrida polo Peugeot Vilalba F.S. na cancha do Santa Isabel por 3 a 0, que pon moi complicado o subcampionato para os vilalbeses. Ata Outeiro de Rei desprazouse un grupo considerado de seareiros vilalbeses para animar ao equipo.
O quinteto inicial de Alfonso estivo formado por: Agus, Hugo, Manu, Nico e Roberto.Quedaron no banco Isma, Edu, Jose, Marquiños, Paulo e Rucho.
A primeira oportunidade correu a cargo de Manu, pero o seu tiro parouno o porteiro local sen dificultades.
No minuto 8 Manu intentouno de novo, pero o balón saíu demasiado escorado.
A partir do minuto 10 o dominio correspondeu ao Santa Isabel, que tivo boas ocasións para adiantarse, pero a defensa visitante facía un bo traballo e un inspiradísimo Agus, desbarataban as intencións dos locais.
A ocasión máis clara para o Peugeot, estivo nas botas de Marquiños nun contragolpe no minuto 21, que apurou demasiado o seu tiro e o porteiro parou sen moita complicación.
Un minuto máis tarde, os locais inaugurarían o marcador nun contragolpe.1-0
Marquiños, volvería probar sorte nun pase de Rucho, pero non sería o día dos vilalbeses.
Na segunda parte o Peugeot, intentaría o empate.Primeiro nun contragolpe de Marcos que remataría en corner.Máis tarde Jose tería dúas oportunidades, a primeira, nun tiro dende fora da área, e outra nun contragolpe, pero ambos intentos fracasarían.
No minuto 6, despois dun rexeites, o Santa Isabel marcaría o segundo, confirmando que tiñan a sorte de cara.2-0
Uns instantes despois, Marcos daría un pase a Roberto, e este de volea puido recortar, pero o porteiro local faría unha boa parada.
O Peugeot a partir do minuto 10, collería as rendas do partido, pero quizais era demasiado tarde, e o Santa Isabel dedicaríase a manter a vantaxe defendendo, pero saíndo á contra con perigo.
No minuto 11 os locais nun contragolpe puideron sentenciar, pero Agus salvou ao equipo.
Un minuto máis tarde Hugo dispara dende fora, pero os locais envían o balón a corner.
No minuto 15 Manu dende a dereita intentaríao de novo, pero o porteiro do Santa Isabel detería o disparo.
No 17, os visitantes terían outra oportunidade nas botas de Rucho.
Manu nun saque de corner no minuto 20, executaría un disparo que sae fora por pouco.
E a fortuna local, veríase consolidada un minuto máis tarde, nun pase longo, que toca un xogador sen querer, e entra polo medio das pernas de Agus.3-0
O derradeiro cartucho estivo de novo nas botas de Manu, pero remataría en corner.
Salientar a convocatoria do porteiro xuvenil Isma.
Derrota para os vilalbeses, que reciben a vindeira xornada, as 18:30 no Pavillón Municipal de Vilalba, ao Autoescuela Norte Burela.

10/5/09

ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA INDUSTRIAL RECENSE

Cal foi o mellor xogador contra Industrial Recense?

Ati 35%
Manu 35%
Marquiños 11%
Edu 4%
Jose 4%
Agus 2%
Roberto 2%
Rucho 2%
Alex 0%
Nico 0%
Paulo 0%

6/5/09

XORNADA 24

Este sábado día 9 de Maio, o Peugeot Vilalba F.S. visita ao Santa Isabel, no partido correspondente á xornada 24. A hora de inicio do encontro está prevista para as 20:00.No partido de ida os vilalbeses gañaron por 1 a 0.

4/5/09

GOLEADORES 01/05/09




CLASIFICACION 01/05/09


RESULTADOS PARTIDOS APRAZADOS

Peugeot Vilalba F.S. 5-2 Industrial Recense

Autoescuela Norte Burela 6-3 Samos F.S.

Juventudes de Puebla 6-3 Cubelas F.S.

ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA AMIGOS DE RABADE

Cal foi o mellor xogador contra o Amigos de Rábade?

Manu 51%
Hugo 12%
Agus 7%
Marquiños 7%
Edu 5%
Roberto 5%
Rucho 5%
Jose 2%
Nico 2%
Alex 0%

PEUGEOT VILALBA F.S.-INDUSTRIAL RECENSE

Victoria do Peugeot Vilalba F.S. diante do Industrial Recense, por 5 a 2, no Pavillón Municipal de Vilalba.O partido correspondía á xornada 21, que no seu día fora aprazada, por que o equipo de A Pontenova non dispoñía de xente para afrontar o encontro.
Os vilalbeses comezaron de inicio con: Agus, Manu, Nico, Roberto e Rucho.Alfonso deixou no banco a: Alex, Ati, Edu, Jose, Marcos e Paulo.
O marcador no descanso foi de empate a dous.Remontando os vilalbeses por dúas veces.
O marcador final foi de 5 a 2 para os locais.
Por parte do Peugeot Vilalba F.S. marcaron Ati e Manu, cada un por partida dobre, e outro Marquiños.
Polo bando do Industrial Recense os goleadores foron Christian e Pablo.
A nota negativa do encontro, foi a lesión no nocello de Ati, que perderá o que resta de liga

27/4/09

ESTE VENRES HAI PARTIDO

Este venres día 1 de Maio as 18:30, o Peugeot Vilalba F.S., enfrontarase contra o Industrial Recense, no Pavillón Municipal de Vilalba.O encontro corresponde á xornada 21, que no seu día non se puido disputar, por que o equipo de A Pontenova non tiña suficientes xogadores.

26/4/09

RESULTADOS XORNADA 23

Juventudes de Puebla 5-1 Industrial Recense

Disco Rado 1-8 Parrillada Porta Santiago

Peugeot Vilalba F.S. 4-4 Amigos de Rábade

Navia de Suarna 0-2 Santa Isabel

Hotel Roma 2-7 Autoescuela Norte Burela

Castroverde F.S. 5-2 Cubelas F.S.

Samos F.S. 5-4 Baralla F.S.

PEUGEOT VILALBA F.S. - AMIGOS DE RÁBADE


Empate entre o Peugeot Vilalba F.S e o Amigos de Rábade, que serve de pouco para ambos equipos.O encontro disputouse no Pavillón Municipal de Vilalba, diante duns 120 seareiros.
Por parte dos vilalbeses xogaron como titulares: Alex, Hugo, Nico, Manu e Roberto.Quedaron no banco: Agus, Ati, Edu, Jose, Marquiños e Rucho.
Os locais desperdiciaron un marcador de 4 a 1, para rematar o encontro con empate a catro.
Comezou ben o encontro para o Peugeot, que no minuto 5 adiantaríase no marcador.Sería nun córner sacado por Manu, que Hugo remata ao largueiro, e o rexeite aproveitaríao Roberto para marcar.Rompería o seu gafe de cara á porta como local, pois aínda non fora capaz de anotar na casa.1-0
Ivan enviaría pouco despois o balón ao pao da portería de Alex.
No seguinte ataque, Manu probaría sorte dende fora, pero o seu disparo sería detido por Marcos.
Ivan de novo intentaría o empate, pero o seu tiro pararíao Alex, que iniciaría un contragolpe que Manu desaproveitaría.
No minuto 11, os de Rábade empatarían por medio de Alberto, cun disparo dende fora da área.1-1
No minuto 13, Hugo sube o balón, pásallo a Manu, este devólvella, e poñía por diante aos locais.2-1
Manu tería unha boa ocasión a pase de Rucho, pero o seu tiro sairía fora por pouco.
No minuto 19 os vilalbeses terían dúas ocasións.Unha sería para Edu, cun disparo dende lonxe, e outra nunha xogada individual de Marquiños, pero ámbalas dúas serían desbaratadas por Marcos.
Rucho cunha volea nun saque de banda de Manu, puido incrementar o marcador, pero Marcos enviaría o balón a córner.
Alberto poñería en apuros aos locais en dous intentos de empatar o encontro, pero Alex estivo ben nas dúas ocasións.
Faltando un minuto para o descanso, Manu marcaría o 3 a 1 nun lanzamento de falta.
Na segunda parte os locais viñéronse a baixo, e non souberon aproveitar a súa renda, que sería incrementada por Manu no minuto 4 cun bo tiro dende fora.4-1
Pouco despois Ivan, nun parede con Alberto marcaría o 4 a 2.
Os visitantes viríanse arriba, e Agus tería que esforzarse en dous disparos de Ivan e Alberto.
No minuto 13 Jose no podería marcar nunha falta de estratexia.
Tres minutos máis tarde Alberto executaría un tiro, que detería Agus.
Nun intento de despexar o balón por parte dos locais, Angel estivo a punto de marcar.
No minuto 22, o Peugeot puido sentenciar o partido con dúas ocasións claras.
Unha que desaproveitou Jose, a pase de Manu. E outra de Manu cun recorte na veira da área, pero o seu tiro sería salvado por David.
Chegarían os minutos da desilusión, cun claro protagonista.Sería Oscar, o que no 23 marcara, para poñer o 4 a 3.E xa, co tempo cumprido executaría un dobre penalti, que Agus non detén por pouco.4-4
Unha autentica decepción para os seareiros, que vían o encontro case gañado cun 4 a 1, e abandonaron o pavillón coa cabeza gacha co 4 a 4.
O seguinte partido será tamén en Vilalba, contra o Industrial Recense, o vindeiro día 1 as 18:30.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 303.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 1138.


ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA O PORTA SANTIAGO

Cal foi o mellor xogador contra o Parrillada Porta Santiago?

Manu 44%
Marquiños 18%
Agus 8%
Jose 8%
Ati 6%
Paulo 6%
Edu 4%
Roberto 4%
Nico 2%

21/4/09

APOIA AO PEUGEOT VILALBA F.S.

Nesta importantísima recta final, necesitamos máis que nunca o voso apoio.Sabemos que non nos ides fallar.
Os partidos que restan son vitais para o equipo, así que facemos un chamamento para que acudedes a animar ao voso equipo.

MELLOR, TODOS XUNTOS!!! FORZA PEUGEOT!!!

Seguen estando á venda as bufandas para animar ao teu equipo.Podédelas adquirir por 10 euros nos partidos,ou na Cafertería A Pravia.

HORARIO DOS PARTIDOS

Os partidos que lle restan de liga ao Peugeot Vilalba F.S. como locais, xogaranse todos as 18:30 no Pavillón Municipal de Vilalba.
Si hai algún troco, intentaremos avisar con antelación.

XORNADA 23

Este sábado o Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Amigos de Rábade, as 18:30 no Pavillón Municipal de Vilalba.É sin dúbida o partido máis interesante da xornada 23.

GOLEADORES 18/04/09


CLASIFICACIÓN 18/04/09


19/4/09

RESULTADOS XORNADA 22

Peugeot Vilalba F.S. 5-1 Parrillada Porta Santiago

Amigos de Rábade 3-2 Navia de Suarna

Autoescuela Norte Burela 8-0 Castroverde F.S.

Juventudes de Puebla 1-0 Baralla F.S.

Industrial Recense 3-0 Disco Rado *

Santa Isabel 2-0 Hotel Roma

Cubelas F.S. 3-0 Samos F.S.


*O Industrial Recense gañou 3-0 ao non presentarse 0 Disco Rad0.

PEUGEOT VILALBA F.S.-PARRILLADA PORTA SANTIAGO

Outra nova victoria para o Peugeot Vilalba F.S., que fixo un partido serio, diante do Parrillada Porta Santiago.O encontro disputouse no Pavillón Municipal de Vilalba con 150 seareiros nas gradas.
O árbitro foi Ismael Gómez Vila, que tivo unha actuación desafortunada, cargando de faltas inexistentes aos locais.
Alfonso puxo en pista a : Agus, Ati, Manu, Nico e Roberto.Quedaron no banco : Alex, Edu, Jose, Marquiños e Paulo.
Comezaría marcando o Porta Santiago nunha xogada persoal de Antonio cando só ía disputado un minuto.0-1
No minuto 5 Manu rouba un balón, pásallo a Roberto, este devólvella, e Manu empataría para os vilalbeses.
Manu tería outra boa ocasión catro minutos máis tarde, pero o coiro sairía desviado da porta de Iago.
As dúas seguintes ocasións serían para Roberto, unha nun saque de banda de Manu, enviando o balón ao pao.E outra nun tiro, que Iago enviaría córner.
Agús detería un disparo de Antonio, no minuto 11.
Nos últimos 5 minutos os locais encarrilarían o encontro.
Marquiños no minuto 20, nunha combinación perfecta con Nico poñería por diante ao Peugeot.2-1
Dous minutos máis tarde, Paulo estrearíase como goleador, cun cano fermoso, e un tiro colocado que daría no pao, para rematar non fondo da portería dos visitantes.3-1
Agus saca en longo a Edu, que aguanta e pasa na liña de gol, para que Marquiños marcara o cuarto dos locais, cando faltaban 30 segundos para o remate da primeira parte.4-1
No segundo tempo o Peugeot Vilalba, baixaría o ritmo de xogo, e os visitantes terían algunha ocasión máis.
Paulo quería aumentar a súa conta goleadora, pero unha vez Iago e outra o pao impediríano.
Agus faría unha boa parada a Gustavo no minuto 5, e no 7 Fernando enviaría o balón ao pao da portería local.
Roberto confirmaría o seu gafe en Vilalba, pois no que levamos de liga non foi capaz de marcar na casa.Sería nun saque de banda de Manu, que Roberto empalma e Iago fai unha boa parada.
Antonio volvería tirar ao pao da portería de Agus.
Cando corría o minuto 15, Andre executa un tiro que Agus detén, envía o balón a Roberto que pasa a Manu, e o disparo deste acabaría no pao.
Roberto tería outra ocasión a pase de Nico que Iago desviaría a córner.
Nico no 22, enviaría outro balón ao pao.
Uns segundos máis tarde Manu marcaría un golazo, nun disparo dende fora da área pola escuadra.
Faltando un minuto Antonio poñería a proba a Agus, pero este respondería cunha nova parada.
Marcador final de 5 a 1 para o Peugeot Vilalba F.S.
O vindeiro partido, será o sábado 25 as 18:30, contra o Amigos de Rábade, no Pavillón Municipal de Vilalba.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna, correspondeu ao nº de socio 320 ( Tomás Leal Seoane).

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 1104.



17/4/09

XORNADA 22

O Peugeot Vilalba F.S. xogará este sábado as 16:00 contra o Parrillada Porta Santiago, o partido correspondente á xornada 22.O encontro sogaráse no Pavillón Municipal de Vilalba.

12/4/09

ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA O CUBELAS

Cal foi o mellor xogador contra o Cubelas F.S.?

Ati 35%
Hugo 19%
Agus 16%
Manu 6%
Nico 6%
Roberto 6%
Jose 3%
Paulo 3%
Rucho 3%
Edu 0%

Votos totais: 31

OS XUVENÍS SUBCAMPIÓNS EN OUROL

Os xuvenís rematarón como subcampións, o Maratón Semana Santa de Futbol Sala sub 16 de Ourol.
Noraboa, e a seguir intentando outros retos.

7/4/09

GOLEADORES 04/04/07


CLASIFICACION 04/04/09











RESULTADOS XORNADA 13

Parrillada Porta Santiago 2-6 Amigos de Rabade

Disco Rado 1-8 Autoescuela Norte Burela

Peugeot Vilalba F.S. 2-0 Cubelas F.S.

Navia de Suarna 3-4 Baralla F.S.

Castroverde F.S. 5-5 Juventudes de Puebla

Industrial Recense 0-0 Santa Isabel

Hotel Roma 5-3 Samos F.S.

PEUGEOT VILALBA F.S.-CUBELAS F.S.


O Peugeot Vilalba F.S. conseguiu unha nova victoria, esta vez ante o Cubelas F.S., para seguir loitando polos postos de privilexio.O encontro disputouse no Pavillón Municipal de Vilalba diante duns 120 seareiros.
O árbitro do partido foi Antonio Nieto Vecado.
O quinteto inicial dos vilalbeses estivo formado por: Agus, Hugo, Nico, Roberto e Rucho.Alfonso deixou no banco a Fiter, Ati, Edu, Jose, Manu e Paulo.
O Peugeot tiña claro que si comezaba marcando, o encontro poñeríase de cara, e por eso dende o primeiro minuto saíu en tromba atacando unha e outra vez.
Nico con dúas ocasións nos minuto 1 e 3 puido inaugurar o marcador, pero Pablo enviou ámbalas dúas a córner.
Dous minutos máis tarde Hugo a pase de Roberto enviaría o coiro ao pao.
Na metade dos primeiros 25 minutos, Hugo executa unha falta e Pablo de novo salva aos visitantes.
De seguido sería Manu o que podería marcar, noutras dúas ocasións.Unha nun saque de banda de Ati que cabecearía ao travesaño, e outra nun zapatazo no que aparecería outra vez Pablo.
Chegaría por fin o gol no saque dunha falta, que Ati aproveitaría para poñer por diante aos vilalbeses.
Cando transcorría o minuto 20, Manu pasa a Edu, e este vendo que entraba Jose no segundo pao intenta darlle o pase, pero o porteiro do Cubelas impediría que recibise o balón.
Jose tería outra oportunidade dende fora da área, que Pablo enviaba de novo a córner.
Sería Ati outra vez o que marcara, collendo o balón, e a reviravolta executando un bo tiro que Pablo non puido facer nada.Final da primeira parte.
No segundo tempo o Cubelas tería máis oportunidades para inaugurar o seu marcador, pero Agus coas súa paradas, non ía deixar que iso sucedera.
Manu tivo unha boa ocasión pola dereita pero o seu disparo sairía polo lateral da porta.
Nos minutos 7 e 8, os visitantes terían dúas oportunidades.Unha nun disparo dende lonxe, e outra nunha falta, as dúas rematarían do mesmo xeito, Agus impedindo que o coiro entrara na portería.
A ocasión máis clara do partido estivo nas botas de Paulo, que tería un man a man co porteiro, o seu tiro sería desviado a córner.
Roberto e Paulo terían cada un a súa ocasión, pero non terían a fortuna de marcar.
No minuto 23 Hugo coa súa perna mala fallaría un gol que xa se cantaba nas bancadas.
Nos dous últimos minutos, os visitantes terían dúas boas ocasións con Javier como protagonista, pero o papel principal era para Agus, que gracias as súas paradas deixaba a porta a cero.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna correspondeu ao nº de socio 198.

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 1016.

1/4/09

ENQUISA: EN QUE POSTO PENSAS QUE REMATARA A LIGA O EQUIPO?

En que postos pensas que rematará a liga o equipo?

1º : 5 %
2º : 40 %
3º : 37 %
Máis abaixo : 19 %

Votos totais: 106

XORNADA 13 APRAZADA POLO TEMPORAL

O Peugeot Vilalba F.S. xoga este sabado contra o Cubelas F.S. o partido suspendido polo temporal.
O encontro sera as 17:00 no Pavillon Municipal de Vilalba.

CLASIFICACION 28/03/09


RESULTADOS XORNADA 21

Juventudes de Puebla 8-4 Disco Rado
Navia de Suarna 3-2 Porta de Santiago
Hotel Roma 3-2 Amigos de Rabade
Castroverde F.S. 5-1 Santa Isabel
Samos F.S. 1-11 Autoescuela Norte Burela
Baralla F.S. 3-1 Cubelas F.S.

O partido Peugeot Vilalba F.S.- Industrial Recense foi aprazado

31/3/09

ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA DISCO RADO

Cal foi o mellor xogador contra o Disco Rado?

Nico 30%
Hugo 15%
Manu 15%
Rucho 15%
Alex 10%
Paulo 10%
Roberto 5%

Votos totais: 40

27/3/09

SUSPENDIDO O PARTIDO CONTRA O RECENSE

O partido do sábado contra o Industrial Recense foi suspendido, porque o equipo da Pontenova non tiña plantilla suficiente para afrontar o encontro.

25/3/09

GOLEADORES 21/03/09


XORNADA 21

O Peugeot Vilalba F.S. xogará contra o Industrial Recense este sábado as 18:30, no Pavillón Municipal de Vilalba, o partido correspondente á xornada 21.

CLASIFICACIÓN 21/03/09


RESULTADOS XORNADA 20

Disco Rado 3-10 Peugeot Vilalba F.S.

Industrial Recense 6-2 Navia de Suarna

Parrillada Porta Santiago 3-5 Hotel Roma

Amigos de Rábade 6-1 Castroverde F.S.

Santa Isabel 6-1 Samos F.S.

Autoescuela Norte Burela 5-1 Baralla F.S.

Cubelas F.S. 3-2 Juventudes de Puebla

Partido aprazado xornada 12:

Baralla F.S. 7-6 Hotel Roma

22/3/09

ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA JUVENTUDES DE PUEBLA

Cal foi o mellor xogador contra o Juventudes de Puebla?

Nico 39%
Hugo 18%
Rucho 12%
Alex 9%
Paulo 9%
Roberto 9%
Ati 1%

Total de votos: 33

DISCO RADO-PEUGEOT VILALBA F.S.

Partido disputado no Pavillón de Taboada, entre os equipos do Disco Rado e Peugeot Vilalba F.S.
O quinteto vilalbés estaría formado por Alex, Hugo, Roberto, Nico e Rucho.No banco quedarían Agus, Paulo e Manu.
O Peugeot sería o dominador de principio a fin, e no minuto 3, Roberto probaría ao porteiro local Marcos, cun tiro dende fora da área.
Nico faría o mesmo un minuto máis tarde, pero o seu tiro non atoparía porta.
Os visitantes seguían decididos a estrear o seu marcador, e Rucho deixaría un balón a Nico, para que cun disparo cruzado, batera ao porteiro do Disco Rado.0-1 no minuto 5.
Como un ciclón pasaban os de Alfonso, e Hugo co porteiro xa batido, non acertou coa portería.Pero Roberto nunha contra marcaría o 0-2, a pase de Nico.
Seguían as ocasións dos vilalbeses, e no minuto 13 Roberto, nun saque de esquina de Hugo faría o 0-3.
Un minuto despois, o arbitro anularía un gol a Hugo, ao non conceder a lei da vantaxe.
No minuto 15 Alex respondería ben nun córner dos locais.
O 0-4 chegaría nunha das xogadas máis fermosas do primeiro tempo, nunha combinación de todo o equipo, que Rucho finalizaría para dar tranquilidade aos vilalbeses.
Nos dous últimos minutos antes de chegar ao descanso, chegarían dous novos goles, un para cada equipo. Manu aproveitaría un fallo de Marcos, e Rubén marcaría o 1-5 dende fora da área, sen que Alex puidera facer nada.
Na segunda parte do encontro máis do mesmo, o Peugeot saía en tromba para intentar ampliar a súa vantaxe.
Cando ían transcorridos 4 minutos, Hugo marcaría o 1-6 a pase de Paulo.
Os seareiros de Vilalba aínda estaban celebrando o gol, cando Manu rouba un balón, e despois de dous tiros, entra na porta, cando Hugo aproveita o rexeite.
O Peugeot non baixaba a súa intensidade, e seguía encima do seu rival. Hugo noutra nunha recuperación, foi xeneroso con Manu para que este marcara o segundo da súa conta, e seguir como pichichi do equipo.1-8
Alex, no minuto 11, salvaría de novo un tiro dos locais.
As ocasións dos vilalbeses seguían chegando, pero sería o equipo de Taboada, o que marcaría, cun disparo de Marcos.
Faltando cinco para o final, Nico nunha contra, picaría o balón na saída do porteiro.
Nun despiste visitante, Rubén anotaría o terceiro para o seu equipo, pero na seguinte xogada, Rucho aguantou ben o balón ante a saída de Marcos, e deu un pase atrás para que Nico puxera o 3-10 final.
Antes da pitada final, Alex detería un penalti, rematando un boa actuación.
Tres puntos importantes para a moral do equipo, que na seguinte xornada xogará como local ante o Industrial Recense.

18/3/09

GOLEADORES 14/03/09


XORNADA 20

O Peugeot Vilalba F.S. visitará Taboada este sábado 21 de Marzo, para disputar o partido contra o Disco Rado, correspondente á xornada 20.Dito encontro xogarase as 18:00.

17/3/09

CLASIFICACIÓN 14/03/09




RESULTADOS XORNADA 19

Juventude de Puebla 5-2 Peugeot Vilalba F.S.
Navia de Suarna X-X Disco Rado
Hotel Roma 3-5 Indutrial Recense
Castroverde F.S. 3-2 Parrillada Porta Santiago
Samos 1-2 Amigos de Rábade
Baralla F.S. 2-4 Santa Isabel
Cubelas F.S 2-6 Autoescuela Norte Burela

15/3/09

ENQUISA MELLOR XOGADOR CONTRA NAVIA

Cal foi o mellor xogador contra o Navia de Suarna?

Marquiños 32%
Hugo 22%
Alex 16%
Ati 9%
Roberto 7%
Edu 5%
Nico 3%
Rucho 1%

Total de votos: 53

DERROTA DOS XUVENÍS

O Vilalba F.S. Xuvenil, caeu derrotado por 4-0 contra o Muebles La Fábrica, no Palomar.

Toda a información na súa páxina web.

JUVENTUDES DE PUEBLA-PEUGEOT VILALBA F.S.

Partido disputado entre os equipos de Juventudes de Puebla e o Peugeot Vilalba F.S., no Pavillón de Pobra de San Xiao, correspondente á xornada 19.O árbitro do encontro foi José Abuin Arrojo.
No minuto catro, Hugo tivo unha ocasión clara que cruzou en demasía.
Un minuto máis tarde Alex sacou unha oportunidade dos locais.
Ati nun recorte na área, puido poñer por diante os visitantes, pero Pablo sacou unha excelente man.
No minuto 7 David poñería por diante os de Pobra.
A partir deste gol pouco que salientar, e co marcador de 1-0 chegaríamos ao descanso.
Cando ían dez minutos da segunda parte, Nico empataría o encontro para os vilalbeses, cun pase de Rucho.
En dous minutos os locais marcarían dous goles, por medio de Dani e Jose.
No minuto 15 Paulo daría un pase, para que Nico marcara o 3-2.
O Peugeot tomaría o control do partido pero o empate non chegaría, e en dúas contras o Juventudes marcaría outro dous goles nos minutos 23 e 24, para rematar o partido co marcador de 5-2.
Un resultado demasiadado abultado para o xogo dos vilalbeses.

13/3/09

PARTIDO DOS XUVENÍS

Os xuvenís enfróntase este sábado as 18:00 ao Muebles La Fábrica, no polideportivo do Palomar en Lugo.

XORNADA 19

O Peugeot Vilalba F.S. xogará este sábado día 14 de Marzo as 19:00 como visitante contra o Juventudes de Puebla, o partido correspondente á xornada 19.
No partido da primeira volta os vilalbeses perderan por 1-5.
O bús sairá as 17:15 de diante da Casa da Cultura.

10/3/09

CLASIFICACIÓN 07/03/09


RESULTADOS XORNADA 18

PEUGEOT VILALBA F.S. 2-0 NAVIA DE SUARNA

DISCO RADO 3-6 HOTEL ROMA

INDUSTRIAL RECENSE 5-1 CASTROVERDE F.S.

PARRILLADA PORTA SANTIAGO 2-2 SAMOS

AMIGOS DE RABADE 6-2 BARALLA F.S.

SANTA ISABEL 2-1 CUBELAS F.S.

AUTOESCUELA NORTE BURELA 3-1 JUVENTUDES DE PUEBLA

7/3/09

PEUGEOT VILALBA F.S.-NAVIA DE SUARNA


Partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Navia de Suarna., con 200 seareiros nas gradas.
Alfonso volvería ao banco despois de cumprir a súa sanción.
O conxunto vilalbés saíu de inicio con Alex, Ati, Nico, Hugo e Roberto, quedando no banco Agus, Paulo, Edu, Fer, Rucho e Marquiños.
Os vilalbeses despois da derrota na xornada pasada querían sacala espiña e comezaron tomando o control do partido pero sen fortuna de cara a gol.
Ati tivo dúas ocasións claras pero non foi capaz de mandalo coiro ao fondo das redes.
O Peugeot seguía dominando pero ata o minuto 20 non se adiantaría.Nun saque de banda sacado por Roberto, Edu colleríalle as costas ao seu defensor e marcaría o primeiro da tarde.
Ao comezo da segunda parte Marquiños tivo dúas ocasións moi claras, unha no primeiro minuto, que saíu por pouco; e dous minutos máis tarde nun saque de esquina, tampouco tivo sorte e non puido bater ao porteiro do Navia.
No minuto nove Rucho realizaría un disparo dende a dereita e ao rexeite no chega Roberto por pouco.
A partir do minuto dez o partido collería un ritmo máis pausado, e o Navia intentaría empatar o partido, tendo un par de ocasións claras entre elas un disparo ao pao da portería de Alex.
Faltando 10 segundos os locais levarían unha contra perfecta e Marquiños subiría o definitivo 2-0 ao marcador.
Ao final do partido desencadearíase unha tángana entre xogadores de ambos equipos, e cando o presidente do Peugeot foi a mediar, sufriría unha agresión dos xogadores visitantes.Este feito desencadearía unha pequena invasión dos seareiros.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna correspondeu ao nº de socio 243 ( Javier Barrera Vázquez ).

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 856.

EMPATE DOS XUVENÍS CO LIDER

Partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba entre o Vilalba F.S. e o Láncara F.S., cuns 80 seareiros nas gradas.
O equipo visitante contaba os seus partidos por victorias, e soamente a mala sorte, privou aos vilalbeses de derrotalos.
O control do partido foi claramente para o Láncara pero os locais defendían ben, e saían mellor á contra.
Adiantáronse os visitantes pero o equipo de Peón, daríalle a volta ao marcador con goles de Alejandro, e Joel.
Empataría de novo o Láncara, pero Joel volvería poñer aos seus por diante.
Os líderes non se renderían e lograrían a igualada.
Juanito faltando poucos segundos estivo a piques de dala victoria para o Vilalba F.S.

Máis información na súa páxina web.

5/3/09

VILALBA F.S. XUVENIL-LANCARA F.S.

Este venres as 19:30 no Pavillón Municipal de Vilalba, os xuvenís enfrontaranse contra o Láncara F.S. actual lider da liga.

Máis información na súa paxina web.

3/3/09

CALENDARIO

Ao fondo da páxina podedes consultar o calendario do equipo, onde aparecen os partidos que restan para rematar a liga.

XORNADA 18

O Peugeot Vilalba F.S. xogará este sábado día 7 de Marzo as 17:00 no Pavillón Municipal de Vilalba, o partido correspondente á xornada 18, contra o Navia de Suarna.
No partido da primeira volta o Peugeot gañou o partido por 4-0.

GOLEADORES 28/02/09


CLASIFICACIÓN 28/02/09


2/3/09

RESULTADOS XORNADA 17

Juventudes de Puebla 4-3 Navia de Suarna

Hotel Roma 3-1 Peugeot Vilalba F.S.

Castroverde F.S. 6-1 Disco Rado

Samos F.S. 2-6 Industrial Recense

Baralla F.S. 3-5 Parrillada Porta Santiago

Cubelas F.S. 1-1 Amigos de Rábade

Autoescuela Norte Burela 1-2 Santa Isabel

1/3/09

VICTORIA DOS XUVENÍS

Os Vilalba F.S. Xuvenil rematou un gran fin de semana cunha nova goledada, esta vez diante do Carnicería Angel no Polideportivo do Palomar en Lugo.
Os goles dos vilalbeses foron obra de Vizca, Ledo e Joel por partida dobre.

Máis información na súa páxina web.

HOTEL ROMA-PEUGEOT VILALBA F.S.

Partido disputado no Pavillón de Oural entre os equipos do Hotel Roma e do Peugeot Vilalba F.S..O arbitro do encontro foi Fernando Bello.
Alfonso cumpriría o seu segundo partido de sanción, e tería que presenciar dende a grada as evolucións dos seus xogadores.
Sairían de inicio Alex, Ati, Hugo, Nico e Roberto, esperando a súa oportunidade no banco Agus, Edu, Manu, Marquiños e Rucho.
No minuto 11 nun despiste na defensa dos vilalbeses Manuel adiantaría aos locais.
Nico nun tiro de falta na metade da primeira parte tería unha gran ocasión para adiantar ao Peugeot, pero o gol non chegaría ata o minuto 19 nun contragolpe montado por Alex, e culminado por Edu a pase de Manu.
Faltando 3 minutos para o descanso Marquiños tería unha dobre oportunidade nun saque de esquina, pero sería incapaz de poñer por diante ao seu equipo.
A escasos segundos do final da primeira parte Rucho tería unha gran ocasión, na que o balón sairía rozando o pao.
Ao comezo da segunda parte Manuel regatearía a Alex e poñería de novo ao Hotel Roma por diante.
As ocasións dos vilalbeses non tardarían en chegar, pero unhas veces a falta de acerto, outras a mala sorte, e sobre todo un excelente Adrián, farían que o esforzo dos xogadores do Peugeot non se materializara no marcador.
No minuto 12 Raul marcaría o 3-1 para o equipo de Sarria.
Máis ocasións dos visitantes, pero o marcador non se movería, confirmando que o Hotel Roma tenlle collida a medida ao Peugeot.
O Peugeot Vilalba F.S. xogará o vindeiro partido o sábado 7 de Marzo contra o Navia de Suarna no Pavillón Municipal de Vilalba.

27/2/09

GOLEADA DOS XUVENÍS

Partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba entre o Vilalba F.S. e o Outeiro de Rei, cuns 100 seareiros nas gradas.
Comezou adiantándose o equipo de Peón por medido de Juanito, empatando os visitantes ao pouco tempo.
De novo os locais poñeríanse por diante cun gol de Joel.
Antes do descanso marcarían os xogadores do Outeiro para chegar con empate a dous goles.
A segunda parte foi de claro dominio local, marcando Paulo, Joel de novo, e nunha falta á veira da área Vizca marcaría o definitivo 5-2 para os vilalbeses.
Mañá xogarán como visitantes contra Carnicería Ángel en Lugo.

Máis información na páxina web : www.xuvenisvilalbafs.es.tl

26/2/09

NOTA DA DIRECTIVA

As ceas que se sortean co nº de socio no descanso dos partidos, non se poderán trocar de data, e o agraciado terá que presentar sempre o seu carnet de socio.

ESTE VENRES PARTIDO DO XUVENÍS

Os xuvenís xogarán o partido que tiña aprazado polo tempotal pasado, este venres día 27 as 20:00 contra o Outeiro de Rei F.S., no Pabillón Municipal de Vilalba.

25/2/09

XORNADA 17

O vindeiro sábado 28 de Febreiro as 16:45 o Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Hotel Roma no partido correspondente á xornada 17.
O encontro xogarase no Polideportivo de Oural ( zona escolar de Oural ).
O partido da primeira volta rematara en taboas co resultado de 2-2.
O autobús sairá de diante da Casa de Cultura as 14:45.
Os xuvenís xogarán esta fin de semana como visitantes en Lugo contra Carnicería Angel.

23/2/09

GOLEADORES 21/02/09



CLASIFICACIÓN 21/02/09


RESULTADOS XORNADA 16

Navia de Suarna 3-3 Hotel Roma

Peugeot Vilalba F.S. 5-0 Castroverde F.S.

Disco Rado 2-2 Samos F.S.

Industrial Recense 5-2 Baralla F.S.

Parrillada Porta Santiago 7-3 Cubelas F.S.

Amigos de Rábade 1-5 Autoescuela Norte Burela

Santa Isabel 4-1 Juventudes de Puebla

22/2/09

PEUGEOT VILALBA F.S.-CASTROVERDE F.S


Partido disputado no Pavillón Municipal de Vilalba entre o Peugeot Vilalba F.S. e o Castroverde F.S., con 100 seareiros nas gradas.
O equipo local dominou de principio a fin o encontro, con algunha ocasión dos visitantes sempre ben respostadas por Fiter e Alex.
O conxunto de Alfonso saíu de inicio con Fiter, Ati, Nico, Fer e Roberto, quedando no banco Alex, Manu, Edu, Hugo e Jose.
O Peugeot colleu a iniciativa no primeiro minuto para non soltala, pero non foi transformada no marcador ata o minuto 17, nun tiro cruzado de Ati dende a dereita.
Catro minutos máis tarde nunha xogada trenzada polo equipo, Hugo enviaría o balón ao fondo da portería dos visitantes.
Faltando 30 segundos Fer mancaríase de novo no xeonllo, confirmando a súa mala sorte esta tempada con este tipo de lesións.
Chegaríamos ao descanso cun curto marcador de 2-0 para os vilalbeses.
Pero esto sería solucionado no primeiro minuto cun tiro de Manu dende fora da área, que batía ao porteiro por alto.
Un minuto máis tarde, nunha falta tirada polo Castroverde , estes protestarían unhas posibles mans de Hugo.
De novo Manu, cando íamos no 13 da segunda parte , executaría con outro tiro por alto un contragolpe do equipo local.
Os visitantes intentaban recortar o marcador, pero Alex desbaratou as súas ocasións.
Faltando dous minutos os xogadores do Peugeot plasmarían a súa superioridade noutro contragolpe, para que Manu fixera o quinto dos locais, e o terceiro da súa conta particular.
Tres puntos moi importantes para a moral do equipo, que a xornada seguinte visitará ao Hotel Roma.

O sorteo dunha cea para dúas persoa patrocinada pola Cervexería A Taberna correspondeu ao nº de socio 27 ( Pablo Leal Ares).

No sorteo patrocinado por Osborne e Peugeot, saíu agraciado o nº 801.

18/2/09

REACTIVADO O FORO ANTIGO

Despois dunhas consultas cos técnicos do soporte do foro, conseguimos que o voltaran activar e ademáis conservar tódolos contidos.Desculpade as molestias.
Así que : ¡¡ A SEGUIR FOREANDO!!

17/2/09

XORNADA 16

O Peugeot Vilalba F.S. xogará este sábado día 21 as 17:00 no Pabillón Municipal de Vilalba o partido correspondente á xornada 16, que o enfrontará ao Castroverde F.S.
No partido da primeira volta os vilalbeses gañaran como visitantes por 2-4.

SANCION DE ALFONSO

O adestrador do Peugeot Vilalba F.S. Alfonso, foi sancionado con 2 partidos de suspensión pola Federación de Lugo, a raiz da súa expulsión no partido contra o Baralla nos intres finais do encontro por unhas protestas ao arbitro.

PROBLEMAS NO FORO

Por causas alleas que por agora descoñecemos, o foro foi desactivado.
Estamos intentando arranxar o problema, mentras que non temos solucións creamos outro novo.
Podedes deixar as vosas opinións alí, sobre todo se queredes conservar un, ou outro.
Teredes máis información en breve.